Dec 20 2007

Rajoy e amigos

Categoria: El Paíssihomesi @ 10:18 am

A miña aportación quincenal en hispano. Tag: “yo quiero teneeer un millón de amiiiigos y asíiiii más fuerte poder cantaaaaar”

4 comentarios a “Rajoy e amigos”

  1. alvarez dixo:

    sobre o idioma nas aulas, repítese a dia de hoxe o mesmo que fai anos(ou moito peor) que aconteceume a min e agora os meus fillos.
    A min nunca nengun profesor pegoume ou denigroume por falar mal o castelan (eu nin sabia que existia o galego ate os trece anos, inorantiño de min). Utilizaba palabras galegas sen eu sabelo e os insultos viñan dos meus compañeiros, lembrome ainda,por exemplo por decir “enton”.
    E trinta anos despois o meu fillo de 12 aniños que as veces ¡milagre! fálame no noso idioma dime que non se pode falar en galego no colexio porque os compañeiros mófanse sen piedade dos que osan decir algo no noso idioma. A miña filla xa nin se lle ocurre falalo nin de casualidade.
    Desgraciadamente os tempos non dan chegado e a este paso, nin os nosos netos…..

  2. susolista dixo:

    Por sorte, na Costa da Morte, ainda se fala o galego, espero que por séculos.

  3. Carqueixa dixo:

    O pasado martes acudín como testemuña a un xuizo. Cando ía para alí dicíame: ao chegar e unha vez me fagan as preguntas, contesto todo en galego. Xa saben, a xustiza faise toda en castelán e se contestas en galego mírante coma un bicho raro.
    Cando chegou a miña quenda, a verdade, púidome o “medo escénico”, a grandeza da sala, a solemnidade do acto, e “cagheime”, non me atrevín a falar en galego. Mais, nunca chove que non escampe, queren ver que o derradeiro avogado que me interrogou fíxoo en galego, e entón si, contesteille en galego, sentinme cunha fartura moi fonda e dinme conta dos prexuizos que non din superado.Agora só agardo a ver pola rúa ao avogado que me interrogou e darlle as gracias.

  4. muiño dixo:

    Que gran humorista iste raxoi, perdón rajoi o rajoicito jejejeje

Deixa un comentario