Dec 23 2007
A lotería, esa chantaxe
Se os galegos temos que estar orgullosos de andar mal situados nunha clasificación, é na de gastadores na lotería. A lotería é un sistema que ten o Estado de sacar cartos polas boas, a maiores dos que saca polas malas, coa escusa de que a xente ten moito vicio e mellor que o exploten eles que os particulares, que así os beneficios van a parar a boas obras (anque lentas, no caso de Galicia).

