Etiquetas
O meu punto de vista (ou por que eu non teño o banner)
31 Xoves Xan 2008
Publicado en El País
27 Domingo Xan 2008
Publicado en Si home si
Andan as xentes estremecidas e desnortadas, atordadas nas esquinas como sen saber cara onde coller. Tremen os corpos dos medoñentos e ata os destemidos renxen os dentes co esforzo de aparentar tranquilidade. Nin os analistas máis agudos saben que pode pasar mañá, e mesmo recoñecen que non o saben, e os expertos confesan que todo o que digan é tan de fiar como se tirasen os dados. Todo porque baixa a Bolsa, hai que ver.
25 Venres Xan 2008
Publicado en Matrix Press
Dunha forma un tanto sorprendente, ou non moi habitual nestes asuntos, os medios de comunicación deron á detención de dous presuntos colaboradores do Grapo un tratamento polo menos desapaixoado, recollendo as opinións de todos as que a deron.
21 Luns Xan 2008
Publicado en Si home si
A miña experiencia mariña redúcese a unha travesía Inglaterra-Holanda, e volta (esta realmente atroz), e unha serie de viaxes curtas sen perder a costa de vista, normalmente por motivos profesionais e boa parte delas relacionadas con traxedias, catástrofes ou demostracións informativas sen compromiso. Dentro do capítulo de curiosidades, unha volta no Azor (sen Franco, claro, nin tampouco con Felipe González) e outra nun remolcador con Abel Caballero ó mando. Fose en zodiac ou en goleta, debinme marear na metade delas. Así que non teño moitos coñecementos para opinar nese debate sobre a traxedia do Cordero, a enésima. Sobre se deberían ter saído, ou que pasou. Pero no que si teño experiencia é nalgunhas cousas sobre o mar que pasan en terra. En cartos, mentiras e cintas de vídeo.
20 Domingo Xan 2008
Publicado en Kinopravda
17 Xoves Xan 2008
Publicado en El País
13 Domingo Xan 2008
Publicado en Si home si
O mesmo que lle pasa á enerxía, que segundo o primeiro principio da termodinámica nin se crea nin se destrúe, senón que se transforma, posiblemente ós tópicos lles pase algo parecido. Que haxa unha porcentaxe fixa de topicismo, e o que pasa é que vai pasando duns a outros. Por exemplo, estase transvasando da xente que vive no campo ós que gobernan os medios de comunicación.
12 Sábado Xan 2008
Publicado en Xeral
A maiores de ter como promotores institucións tan desinteresadas como a SGAE e o COE, o cimo da coherencia da letra do himno español é que o autor sexa un parado manchego e estudiante de criminoloxía.
08 Martes Xan 2008
Publicado en Non sei eu..., Xeral
Googleando sobre tradicións, invencións e reciclaxes do Nadal para preparar o post anterior, atopei nunha unidade didáctica da Consellería de Educación un texto estreitamente relacionado co asunto, pero que achegaba opinión, máis que información. O estilo soábame, pero non debei ser meu, porque non o dei atopado no buscador deste blog. Finalmente, atopeino nos arquivos do meu ordenador. Era a columna navideña de hai cinco anos (daquela non tiña blog nin farrapos de gaita). Dous motivos para a reflexión:
05 Sábado Xan 2008
Publicado en Si home si
Cando á xente se lle meta na cabeza ser tradicional, non hai que os mova da burra, como evidencian estas tradicionais festas de Nadal que a estas horas están dando as boqueadas. Se unhas tradicións van a menos, érguense outras en menos tempo que unha urbanización en primeira liña de praia. E tanto ten a certeza ou non da súa orixe.