Xan 21 2008

Fatalismo a bordo

Categoría: Si home sisihomesi @ 11:31 am

A miña experiencia mariña redúcese a unha travesía Inglaterra-Holanda, e volta (esta realmente atroz), e unha serie de viaxes curtas sen perder a costa de vista, normalmente por motivos profesionais e boa parte delas relacionadas con traxedias, catástrofes ou demostracións informativas sen compromiso. Dentro do capítulo de curiosidades, unha volta no Azor (sen Franco, claro, nin tampouco con Felipe González) e outra nun remolcador con Abel Caballero ó mando. Fose en zodiac ou en goleta, debinme marear na metade delas. Así que non teño moitos coñecementos para opinar nese debate sobre a traxedia do Cordero, a enésima. Sobre se deberían ter saído, ou que pasou. Pero no que si teño experiencia é nalgunhas cousas sobre o mar que pasan en terra. En cartos, mentiras e cintas de vídeo.

Continuar lendo “Fatalismo a bordo”