Sargadelos
O meu punto de vista (ou por que eu non teño o banner)
"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)
O meu punto de vista (ou por que eu non teño o banner)
RSS dos comentarios
The Journalist template by Lucian E. Marin — Built for WordPress
Eu tampouco sei que ten a razón nos preitos empresariais do grupo, nen moito menos á que lle van dar a razón os tribunais, que non sempre ven sendo o mesmo. O que si que sei, en carne propia, é da capacidade de algúns ex-amigos de transmutárense en tiburóns en canto cheiran a pasta fresca no seo dunha empresa. Por esa razón, e porque o Grupo Sargadelos nunca foi concibido como unha fábrica de parafusos, seguirei amosando a miña solidariedade co vello D. Isaac sempre e onde poda, non volverei a comprar peza algunha desa marca, procurarei que os meus achegados fagan o mesmo e non lle tirarei os alfileres ao boneco de vudú da sra. YC que teño enriba da miña tele.
PS. Eu tampouco teño o banner dichoso na páxina da miña empresa, maiormente porque non o dou posto.
eSedidió
31 Xan 08 at 5:36 p.m.
Xa fai moitos anos lein unhas declaracións do vello que co tempo formaron parte do meu, digamos, «pensamento»: Viña a decir que canda noviño era dun grupo esquerdista e que miraba o seu pai cos seus amigos (a xeneración de ouro desta nación: Castelao, Casas,…) e pensaba que eran unha panda de burgueses dereitosos acomodados que non facian nada para liberar Galicia. Cando nos meses seguientes campeou o sangue e a misería na nosa terra, decatouse de os enemigos sabian realmente quenes eran os verdadeiramente peligrosos e desgraciadamente viu como se cebaron neles sen piedade.
O que nunca din entendido nel é que un home con esa claridade intelectual apoiase reiteradamente e ate a sua última eleción o actual embaixador no Vaticano.
De todolos xeitos o que levantamos os humanos a nivel individual (e iste home xuntou demasiado tempo o seu nome a sua empresa), por moi bo e grande que sexa, son castelos de area que mais tarde ou mais cedo desfanse.
alvarez
31 Xan 08 at 7:08 p.m.
A un o destripan por afrancesado e a outro o xubilan por galeguista. Siousí? Era un inglés quen dixo eso de que nesta terra lévase moito o «to be», pero máis na súa acepción de «estar»?
xaquin
1 Feb 08 at 12:38 a.m.
Chegar ós 90 anos e que che sigan chamando patrón é unha cousa que seica ten sempre moitos apetecedores.Que llo digan a D.Manuel,que se non é polo Prestige,tería demostrado que Galicia,non como os USA,é un país para vellos.
Aínda por riba os galegos non damos superado o individualismo,non somos quen de artellar accións colectivas e así non hai xeito de montar empresas.
Para ir dereitiño ó conto,podería alguén contarme en que mudou a ideoloxía ou a xestión de Sargadelos?.Como eu non estou no mexunxe cultural do país, só vin que abriron unha tenda na Coruña e que os cacharros siguen sendo bonitos.E que colleron a YC como relacións públicas da tenda.Se Porcelanosa ten á Preysler…Home,a min(e seguro que tamén a eSedidió),se me deran a escollere,escollería a Carla Bruni.Mágoa que estea xa ó servizo da République e que ,case seguro,non teña moito trato coa cultura galega.(Aínda que a min tanto me ten,Carla)
¿Non sería mellor aplicar unha moratoria ó boicot do compañeiro eSedidió e ver como vai indo Sargadelos?Polo de agora eu seguirei mercando Sargadelos e non Lladró,máis que nada porque é máis bonito.Claro que si Carla Bruni sacara artesanía propia,aí xa non respondo…..
Alfonso Pardo
2 Feb 08 at 3:40 p.m.
Pois a min paréceme que estamos antes figuras nídiamente galegas, con comportamentos tan tradicionalmente galegos, dos que nos levaron históricamente á ruina. Trátase do Petrucio e dos herdeiros. O Petrucio, ao chegar a idade de xubilarse, vai enlíando aos herdeiros: unha vez parece que serás ti o da millora, outra que será outro e así ata que o enlía todo, cabreados a todos e a herdanza remata mal en calqueira man. Nestes lances, o Petrucio vai perdendo creto diante da parroquia, pero él xa está vello para ver outra cousa. E os herdeiros, se sempre foron subalternos, faltos de miras e formación que estea á altura do proxecto de aquel, actuarán como tales. Asi pasou no campo galego durante séculos. Non digo que o caso de Díaz Pardo e a nomenklatura (non coñezo a ningún) que o está a apartar sexa unha fotocopia do que acabo de contar, pero a min seméllaseme muito. Saber testar ben e en tempo, non parece cousa doada. Exemplos, non faltan.
David Vázquez
4 Feb 08 at 7:23 p.m.
Home…a cousa non funciona moi ben que digamos…¿Cantos empregados se estan prexuvilando? Andres Varela entre eles…Os resultados economicos son de perdas….cerranse tendas….e os fichaxes de deseñadores presentados a bombo e platillo, son de cachondeo, e nada ou moi pouco teñen que ver co produción…no referente a «Poetisa» non era aquela que abrazaba a Diaz Pardo en Santiago cando empezou esto? craro que chaqueteiros-as nesta terra temolos a esgallo.
Anton Pinto
9 Feb 08 at 1:03 p.m.
É difícil estar más de acordo con vostede do que estou.
Leco
17 Feb 08 at 12:15 a.m.
Agradécese, porque as veces nin eu estou demasiado de acordo conmigo.
sihomesi
17 Feb 08 at 1:45 a.m.
A min paréceme que Díaz Pardo está a montar un barullo que non ten moito que ver coa realidade. Supoño que para defender o seu, i está no seu dereito, pero eu tampouco vexo por ningures aos asasinos, criminais e feroces capitalistas dos que fala en todos os Medios. Mais ben, semella que, nos derradeiros anos, adicouse máis as súas cousas que a xestionar a empresa, e vai ser que os seus socios, que levan toda a vida traballando con el, se cadra dixéronlle que habería que ir cavilando un pouquiño máis no século XXI e un chisco menos na memoria histórica, que está moi ben, pero non dará de comer. ¿Non?
Ruxerruxe
21 Feb 08 at 1:29 p.m.