Arquivo: Febreiro, 2008
A debate pronto
Ánimo!… que son 15 días
Ánimo!
Desde o meu punto de vista, persoal e profesional, había tempo que a campaña de imaxe do PSOE non era tan boa. Habería que remontarse a aqueles debuxos dunha sociedade amable e idílica, presididos polo retrato ídem de Felipe González, que axudaron ós socialistas a obter a maioría absoluta en 1982, para poder comparala. Tanto daquela como agora, a campaña irradia optimismo. Desde os lemas -“Motivos para crer”, “Vota con todas as túas forzas”- ata a imaxe de Zapatero como non-candidato, con fotos máis de reportaxe que de estudio, o que se vende é ilusión. O que non se menciona é a prosaica realidade de que agora, en 2008, esa opción política é a que está no goberno. Incluso, polo menos no comezo, as referencias á xestión política son ó que fixeron mal os anteriores.
Os 15 minutos que conmoveron ó Mundo
Un amigo que veu de Madrid contábame que a xente nos bares miraba para as teles e comentaban que a onde vamos a parar “si hasta los gallegos se ponen así”. E sen necesidade de ter amigos viaxados, as cartas ó director están cheas de sintaxe alarmada. Unha, dunha señora desas que reforza o nome cos títulos académicos, escribía horrorizada desde fóra preguntándose que pasaba coa xuventude da súa querida Galicia. Polo de María San Gil. Ese cuarto de hora de tensión e berros que están a conmover ó mundo.
O que (me) faltaba
Chalé non é
(islakokotero atopouno por aí… )
Hipotecas marianas
Guía de promesas electorais
Demasiadas agresións
Así, a vulto, eu conto polo menos tres agresións:
- Á obxectividade (ou cando menos á apariencia de).
- Á sintaxe (os axentes aparecen por todos os lados, para ó cabo non saber se quen cae é dos axentes ou dos jóvenes)
- Á semántica (o axente/joven pataleado debeu selo polo público, que non apreciou o seu estilo artístico de caer ó chan)



