si home si

"El gallego no es ni un idioma, fue un invento de Pepe Domingo Castaño" (Intereconomía)

Arquivo: Marzo, 2008

Falar claro (outra de xitanos)

4 comentarios

Falar é o mellor para resolver as crises. Mesmo en mundos paralelos como o matrimonial se sabe que hai crise precisamente cando a parte feminina teima no clásico “Manolo, tenemos que hablar”. Pois igual no resto do universo humano, como acabamos de ver nunha chea de asuntos que eran problemáticos por non falar claro, e que deixaron de selo en canto se falou.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

31 de Marzo, 2008 ás 10:53 a.m.

Política ou cemento?

8 comentarios

O sermón quincenal en castelán

Escrito por sihomesi

27 de Marzo, 2008 ás 3:56 p.m.

Gardado en El País

Tags:

Aquí non

10 comentarios

Hai problemas que se sabe como naceron, por culpa de quen, que os alimentou e os fixo medrar de pequenos a enormes. Tamén a quen lle corresponde afrontalos, e mesmo en que acabarán. Incluso os problemas novos que producirán. Todo, menos como resolvelos. Un deses problemas é o realoxo de chabolistas. Os do Vao en Pontevedra e os de Penamoa na Coruña, de momento. E digo de momento porque xa está establecido o modelo a seguir (nunca peor dito o de modelo) e é ben fácil armar calquera cousa seguindo o modelo (de aí o triunfo de Ikea, se me permiten o chiste nun tema serio).

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

25 de Marzo, 2008 ás 6:32 p.m.

Gardado en Si home si

John Balan

sen comentarios


Outro que se foi.

Escrito por sihomesi

24 de Marzo, 2008 ás 4:22 p.m.

Gardado en El País

Tags:

Agustín

16 comentarios

Soubeno o venres pola noite por un sms que deu chegado aproveitando unha fenda na nula cobertura que eu tiña. Ó chegar a casa o sábado pola noite, tiña un email dos seus fillos contando que Tincho (Tintxu nos emails), Agustín Díaz, morrera o venres de mañá.

Eu coñecino nun comedor universitario de Madrid, un día que estaba xantando con Manuel Rivas, que quedara con el alí. Rivas e Agustín coincidiran naquela redacción de El Ideal Gallego na que estaban tamén Luis Pita e Xosé Antonio Gaciño. Despois souben que fora concelleiro de Unidade Galega en Compostela, e inspector de educación (e profesor de galego, con David de Prado, da miña mai e doutras mestras en Monforte). Máis tarde coincidín con el en TVE.

Diría que era un xornalista ilustrado, se non fose que o que parece que se quere dicir é que era un xornalista máis lido ca media. Era as dúas cousas. Era un xornalista, un profesional rigoroso. Tan rigoroso que, antes de Google, xa tiña os backgrounds que precisaba. Por esa razón non era ben visto nas roldas de prensa políticas, porque a el non lle podían vender mercancías avariadas ou novidades de segunda mao. E era un home ilustrado, políglota e coñecedor de máis mundos que os que ves. E sabía combinar o escepticismo irónico e a mala uva co compromiso coas ideas. Non era un santo, se alguén pensa que vou por aí, pero era mellor ca maioría, se se me permite que poña cualificacións.

Xubilouse hai uns meses acolléndose a ese ERE co que TVE regala ó mundo parte dos seus profesionais. Pero seguía sendo o meirande fornecedor coñecido de curiosidades vía internet. Catro dos emails anteriores ó dos seus fillos eran del. Tiven esa sensación estraña de recibir unha mensaxe de alguén que non está vivo, da que tanto partido sacan os columnistas sociolóxicos para exaltar as innovadoras características da sociedade actual, como se non pasara o mesmo unha chea de veces coas cartas nos tempos da emigración ultramariña. Os catro mandáraos a véspera de morrer pola tarde, o último ás 20,12. Este: unviajeaningunaparte.pps

Escrito por sihomesi

22 de Marzo, 2008 ás 10:22 p.m.

Gardado en Non sei eu...

AELG

11 comentarios

Escrito por sihomesi

17 de Marzo, 2008 ás 1:55 p.m.

Gardado en Non sei eu...

Non damos feito

4 comentarios

Non hai moito tempo un suceso de certa entidade duraba como referencia ben anos. E no tempo dos nosos avós un acontecemento entraba nas conversas dunha xeración enteira. Agora, en apenas nunha semana (esta), tivemos unhas eleccións disque decisivas, ou máis ben dúas se contamos as de Eurovisión, e sufrimos outro deses temporais do século. Un abarrote de decisións, sensacións e informacións que colapsarían o sistema nervioso dun ser humano de antes.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

15 de Marzo, 2008 ás 11:51 a.m.

Rajoy y Nosotros

9 comentarios

Si, xa sei que non son horas, e menos despois dos impresionantes niveis de análise que hai, pero esta é a miña opinión publicada.

(Por certo, aquí unha posible ‘explicación‘ deses curiosos resultados do senado)

Escrito por sihomesi

13 de Marzo, 2008 ás 10:09 a.m.

Gardado en El País

Tags:

Boas noites e boa sorte, Victoria. Decídete

5 comentarios

Nestes momentos de tregua electoral, un clásico do columnismo é manifestar unha certa displicencia. Quitado eses colegas aínda máis clásicos que fan loas e ditirambos ó bonito que é a democracia e ó voto como instrumento da vontade popular, o que se leva é expresar un moderado desgusto porque o proceso electoral se desenvolveu con máis espectáculo formal que fondo ideolóxico, ou un entusiasmo descrido polo mesmo, porque dunha vez se produciu unha campaña tensa e animada, á americana. A min defraudoume polas razóns opostas. Foi a campaña coa mellor publicidade e a menos dinámica das que recordo, a pesar de que tiña todo a favor para ser un auténtico espectáculo.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

8 de Marzo, 2008 ás 5:50 p.m.

Gardado en Si home si

Debate ou Tomate

3 comentarios

Eu teño unha amiga con grande sona de excelente cociñeira. Non o facía mal, pero o seu secreto era a lentitude: nunca daba de xantar ata ben pasadas as catro da tarde, e con fame non hai pan duro. Cos debates electorais pasa un pouco o mesmo. Había tanta ansia que xuntaron montes e moreas de xente. O de Zapatero e Rajoy devolveulle a TVE, sen ser a única cadea que o retransmitía, audiencias de cando non había outra. O de Touriño, Quintana e Feijoo na TVG tivo máis espectadores ca o fútbol. Para que logo digan que a política non interesa. Claro que os resultados foron outra cousa.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

3 de Marzo, 2008 ás 2:03 p.m.

Gardado en Si home si

Switch to our mobile site