si home si

"O ceo gústame polo clima, o inferno pola compañía" (Mark Twain)

Arquivo: Abril, 2008

O Portiño (Guinea Ecuatorial)

4 comentarios

(Ou como descubrín que o Concello de Malabo tamén é Excelentísimo)

Escrito por sihomesi

30 de Abril, 2008 ás 5:19 p.m.

Gardado en Kinopravda

Tensión Política Non Resolta

3 comentarios

O segundo recurso máis vello para crear tensión dramática, despois do de ela e el quérense e as familias non os deixan, é o que en inglés se chama UST (Unsolved Sexual Tension) e os guionistas de aquí TSNR (Tensión Sexual Non Resolta), ou sexa os que non se dan decidido, ou mellor, fan de todo menos decidirse. Exemplos hai a moreas, desde a parella de Experiente X á actual Bones, pero o mellor expoñente desa UST foi unha serie de mediados dos anos 80, Moonlighting, que en España se chamou Luz de Luna, porque o castelán (ese idioma perseguido e expulsado da sociedade, que só atopa refuxio na práctica totalidade dos periódicos, as cadeas de radio e as canles de televisión) non ten unha palabra como ‘luar’ (aínda que, de todas formas, ‘moonlighting’ o que significa é ter un emprego ás agachadas). Como recordarán os que tiveron a sorte/os anos de vela, estaba protagonizada por un Bruce Willis tan novo que aínda tiña pelo e por unha Cybill Shepherd aínda de moi bo ver, que non se daban tregua nin nos descansos da publicidade. Exactamente o mesmo que Mariano Rajoy e Esperanza Aguirre.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

28 de Abril, 2008 ás 10:33 a.m.

Gardado en Si home si

Que verde era mi hábitat

3 comentarios

Un intento desesperado de ser proclamado columnista do mes pola FEGAMP

Escrito por sihomesi

24 de Abril, 2008 ás 9:51 a.m.

Gardado en El País

Tags:

Onde titularon digo…

2 comentarios

O mais ou menos hábil - pero moi publicitado- interrogatorio de Esperanza Aguirre en 59 segundos acadou case 3 millóns de espectadores. Un fito histórico ou un non é para tanto, segundo as versións do mesmo medio:

esta foi a primeira:

e esta -moi pouco tempo, pero unha reflexión moi intensa- despois, a segunda:

Para que logo digan que o xornalismo non se adapta ós tempos.

(fornecido polo bot mourullo)

Escrito por sihomesi

22 de Abril, 2008 ás 5:18 p.m.

Gardado en Matrix Press

Normas por un siascaso

9 comentarios

No concello no que agora resido acaban de prohibir o que poderiamos chamar autovenda de coches. Eses carteis que poñen “Se vende”, ou “Me venden” na variante vehiculocéntrica (e algo cursi). Estou afeito a ser sorprendido positivamente polas iniciativas municipais, pero esta descolocoume. “É para evitar dar imaxe de que hai crise económica na túa zona”, comentoume un dos taxistas que me traen e me levan, un conveciño que traballa, xunto co taxi, unha certa liña irónica sobre as características das nosas respectivas parroquias. Piqueime, claro. A cousa non podía quedar aí.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

19 de Abril, 2008 ás 7:54 p.m.

Gardado en Si home si

Isabel Quintairos

8 comentarios

No tremebundo caso de Isabel Quintairos e a COPE, ou viceversa, EL PAIS non puido ter a versión da empresa. Un programa bastante terrorífico de Tele5, si: “Incluso te diría que vosotros, Tele5, estáis más inclinados que nosotros”.

Escrito por sihomesi

17 de Abril, 2008 ás 10:23 p.m.

Gardado en Matrix Press

O interesantes que son as desgrazas

12 comentarios

Como os acontecementos, por decisivos que sexan, veñen e van a unha velocidade que non dá nin tempo a apartarse e moito menos a entendelos, non sei si se acordan do das vacas tolas. Aquela crise da que estes días se volve falar, a conto das primeiras mortes humanas que orixinou. Entón sorprendérame un chisco que, descontado o natural rebumbio político, a atención mediática se centrara nas vacas e nos gandeiros, é dicir, nas consecuencias, e non tanto nas causas. Non sei de que me sorprendía, a verdade. Vai para cen anos ata un poeta, Paul Valery, dicía que “a política foi en principio a arte de impedir que a xente se metera no que lle importaba, e logo engadíuselle a arte de comprometer á xente a decidir sobre o que non entende”. Agora consiste en botarlle a culpa do que pasa, ou polo menos a responsabilidade, ós cidadáns. Coa nosa axuda inestimable. A dos periodistas.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

14 de Abril, 2008 ás 9:06 p.m.

Gardado en Matrix Press, Si home si

A xustiza e as vacas

20 comentarios

A miña contribución quincenal a que o castelán non se perda en Galicia vai de que en que maos estamos, en varios aspectos. (Agardo comentarios relatando experiencias persoais)

Escrito por sihomesi

10 de Abril, 2008 ás 10:22 a.m.

Gardado en El País

Tags:

Damas en apuros

4 comentarios

Veño de recibir con poucos días de diferenza un par de misivas remitidas por señoras, e máis concretamente señoritas, na terminoloxía arcaica, contando dous dramas (cada unha o seu, non dous cada unha). As dúas descoñecidas e as dúas de fóra. Ou iso supoño. E cóntollelo aquí para compartir a emoción que sentín ó recibilas, nestes tempos en que as únicas cartas que chegan ás caixas de correos son referencias a cartos que nunca vas ter na man anda que sexan teus, que hai que pagar ou que xa pagaches a xente que non coñeces de nada, amparados nun membrete.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

7 de Abril, 2008 ás 6:12 p.m.

O apaixonante mundo das roldas de prensa

2 comentarios

14112007001.jpg

Escrito por sihomesi

2 de Abril, 2008 ás 11:51 a.m.

Gardado en Kinopravda, Matrix Press

Switch to our mobile site