si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

A xustiza e as vacas

20 comentarios

A miña contribución quincenal a que o castelán non se perda en Galicia vai de que en que maos estamos, en varios aspectos. (Agardo comentarios relatando experiencias persoais)

Escrito por sihomesi

10 de Abril, 2008 ás 10:22 a.m.

Gardado en El País

Tags:

20 Comentarios to 'A xustiza e as vacas'

RSS dos comentarios

  1. O carallo é que o de facer de xurado non é voluntario, senón unha obriga. E dicir, se non se dispón dunha incompatibilidade manifesta, a quen resulte elixido, non lle queda outra que formar parte do mesmo. Outra posibilidade e a de aparecer ante o tribunal mostrando signos manifestos de incapacidade psicolóxica para poder entender o que se xulga, e ser así rexeitado por algunha das partes actuantes, o que resulta perfectamente factible, pois só hai que facerse o parvo.
    Tamén en relación á xustiza, quisera dicir que sendo a falta de medios e de coordinación a causa fundamental do seu mal funcionamento, non se entende que tanto a min como a 600 compañeiros coa oposición aprobada, nos teñan pendentes de tomar posesión dende hai meses, tras un proceso selectivo que comezou hai máis de dous anos e nembargantes estean a chamar a xente directamente das listas do paro (coas que non teño nada en contra) para cubrir postos vacantes e excedencias de toda índole.
    Un saudo.

    Pacodecambre

    10 Abr 08 at 12:00 p.m.

  2. En relación ó risco de que se perda o castelán no ámbito da xustiza e da administración en xeral, dicir que si eres abogado galego falante, á hora de defender unha demanda contra a Xunta, tendo en fronte ó abogado da mesma, poida que che perxudique falar na tua propia lingua, porque nin o xuíz, nin o letrado da Xunta falan a mesma, e quero pensar que entendela a entenden porque senón, non sei si fixen ben en argumentar as miñas alegacións na lingua que falo na miña casa. Cooficialidade si, pero baixo a túa responsabilidade.
    Tamén comentar que o outro día estiven na Consellería de Medio Ambiente nos novos ministerios, e alí non había ninguén que falara unha verba en galego, a pesares de dirixirme ós funcionarios que alí traballaban (?) en todo momento na nosa lingua.
    Dende logo haiche un risco de carallo de que o castelán se perda nos organismos oficiais.
    Unha aperta.

    Pacodecambre

    10 Abr 08 at 12:27 p.m.

  3. Está vostede bravo, Sr. Pereiro, meténdose con un dos cinco poderes do estado (porque ademáis dos tres constitucionais hai que incluir á igrexa e a esa entidade chamada antiguamente «capital»). En calquera caso:
    1º O do tribunal popular sería como si un ciruxano collese a unha ducia de paisanos ó azar, lles explicase como vai o choio, e os puxese a facer un transplante de corazón (ademáis á primeira) mentres él mira dende unha butaca.
    2º As anécdotas son o que son, pero o venres pasado, a capacidade que tivo unha funcionaria, dunha administración radicada en Pontevedra, para ler a miña expresión facial e avisar discretamente a un compañeiro seu a tempo, foi o único que salvou a este de se ver no apuro de explicar qué facía ordenando recortes de revistas (crucigramas incluídos, oiga) en horas de atención ó público mentres eu agardaba cos meus papeliños na man.
    3º Moi acertadas as referencias ás novas tecnoloxías. Hai un mes recibín unha carta da Universidade avisando de que me ían anular a matrícula no plazo de uns días… ¡porque faltaba unha fotocopia do meu DNI! De todos xeitos, algo se move, porque aceptaron que llo enviase escaneado por e-mail.
    4º As togas habería que prohibilas (e os birretes tamén). Suponse que están ahí para infundir respeto, pero acaban sendo distintivos de entidades ancoradas cuias formas tempos da Restauración e cuia eficiencia sigue ancorada nos tempos de Lázaro de Tormes. Personalmente, eu vin (e vivin) un maior grado de esixencia profesional a personas que cobraban pouco máis que o salario mínimo por embalar mobiliario Made in China, da que demostran a menudo administracións das que depende a vida das persoas, e aínda por enriba hai que demostrarlles respecto.
    (Arrea, había tempo que non escribía un comentario tan longo, e aínda por riba para darlle a razón.)

    F. Míguez

    10 Abr 08 at 5:08 p.m.

  4. Algo se liou ahí :S
    «entidades ancoradas cuias formas tempos da Restauración» significa «entidades cuias formas están ancoradas en tempos da Restauración»

    Que desastre.

    F. Míguez

    10 Abr 08 at 5:12 p.m.

  5. Se vostede dedica o seu tempo a recomendarlle á administración de Xustiza trebellos diabólicos como o Outlook ou calquera outro dese avatar do diaño chamado Gates, non me estraña nada que o meu correo recoñeza os seus como spam….

    esedidió

    10 Abr 08 at 5:41 p.m.

  6. Tanto o do Outlook como o de que o novo programa informático da administración de xustiza non inclúe a conexión das bases de datos son suxerencias recollidas no ámbito xudicial…

    sihomesi

    10 Abr 08 at 5:52 p.m.

  7. Non creo que engadirlle á xustiza a opinión das xentes vulgares poida empeorala, porque dificilmente pode alguén imaxinar algo que vaia tan mal.
    Hai que esixir un aggiornamento da xustiza: seguen ancorados no franquismo. Son, probablemente, a derradeira institución franquista deste país.
    O único que se pode facer é construír unha nova xustiza, de abaixo cara a arriba, prescindindo da que xa temos, por podre, insolidaria, soberbia e inxusta.

    Avaristo Coné

    10 Abr 08 at 6:59 p.m.

  8. Voulles contar unha experiencia persoal. Eu co cambio de goberno de Fraga, tiven un carguiño na Xunta no que só aguantei cinco meses e fuxin de inmediato. Pois ben, onde eu estaba había 23 funcionarios, incluídos os altos cargos (coma min, ou carguiños); de todos, galego falantes había 4, eu incluído. A miña secretaria malia escribir correctamente o galego, non daba unha palabra en galego nin en soños. Unha cousa que a min me chamou a atención foi que os outros tres funcionarios galego falantes cambiaban ao castelán cando os outros funcionarios lle falaban, e volvían a cambiar para falar conmigo en galego.
    Neste mes tiven que pór unha denuncia penal; fíxeno en galego. Cando me chamaron ao Xulgado faleilles en galego, queren saber que nin me contestaron para nada en galego, nin nada escribiron en galego, aínda que recoñezo que o trato foi exquisito.

    Carqueixa

    10 Abr 08 at 11:56 p.m.

  9. Sr. Carqueixa: ler a súa experiencia traeme un arrecendo surrealista. O arrecendo desta nosa terra e desta nosa xente.
    Saúdos.

    Avaristo Coné

    11 Abr 08 at 4:35 p.m.

  10. Noraboa SEÑOR PRESIDENTE!!!!.

    alvarez

    12 Abr 08 at 6:29 p.m.

  11. Decano, en todo caso, si se refire a isto. Moi agradecido.

    sihomesi

    12 Abr 08 at 10:37 p.m.

  12. A miña experiencia é ben sinxela: Vivo en Galicia e o 99% das peroas coas que teño relación cotiá, sexa polos motivos que sexa, son nacidas en Galicia e viven en Galicia e, agás unha ducia, o resto falan en castelán. Máis sinxelo aínda: Non fai falla ir ao xulgado ou á calqueira outra oficina da Administración para comprobar que o castelán está en «perigo de extinción». Unha aperta.

    Félix

    13 Abr 08 at 8:42 p.m.

  13. outro off-topic, parabéns, ou sorte? quen llo ía dicir ao Johnny Rotring… :D

    opaco

    13 Abr 08 at 10:06 p.m.

  14. Félix: Hai cousas (o «perigo de extinción» do castelán, por exemplo) que soamente se explican porque a ideoloxía desculpa todo, ou porque hai mundos paralelos que, como tais, non se tocan nunca.
    Opaco: máis ben, non atoparon outro pinzo… (e Rotring era daquela director dunha emisora)

    sihomesi

    13 Abr 08 at 10:16 p.m.

  15. Boas
    mi experiencia e ben sinxela,sou portuguesa e estou casada co unho galeguiño,dede hai unhos 12 anos.Sempre falei e aprendi o castellano,pero últimamente deuse-me por aprender o galego.
    Tens que perdoar mis faltas,pero estou na fase de aprendisaxe…
    E unha lengua moi bonita e me gustaría que non se perdera.

    Bicos

    ana

    14 Abr 08 at 6:27 p.m.

  16. Dende a autoridade que me proporciona ter sido durante oito longos anos membro da xunta de goberno do meu colexio profesional, e durante seis longuísmos meses decano accidental, teño que manifestarlle coa maior das firmezas que definitivamente vostede toleou. Unha mágoa para o noso porvir literario. Outros 50 anos sen Nobel…..

    esedidió

    14 Abr 08 at 10:35 p.m.

  17. A ver, home de eSedidió, onde metín o zoco desta vez…

    sihomesi

    15 Abr 08 at 12:14 a.m.

  18. Presentarse a Decano parécelle pouca tolemia?

    eSedidió

    16 Abr 08 at 4:30 p.m.

  19. Benquerido eSedidio,faga o favor e non se me pona derrotista.O decanato non vai ser mais que un chanzo nunha andaina que leva ao Nobel e a conquista do mundo en xeral……

    Alfonso Pardo

    16 Abr 08 at 6:39 p.m.

  20. Ah, pensei que metera a pata en algo das vacas. No do decanato estou de acordo.

    sihomesi

    16 Abr 08 at 6:59 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site