Abr 22 2008

Onde titularon digo…

Categoria: Matrix Presssihomesi @ 5:18 pm

O mais ou menos hábil - pero moi publicitado- interrogatorio de Esperanza Aguirre en 59 segundos acadou case 3 millóns de espectadores. Un fito histórico ou un non é para tanto, segundo as versións do mesmo medio:

esta foi a primeira:

e esta -moi pouco tempo, pero unha reflexión moi intensa- despois, a segunda:

Para que logo digan que o xornalismo non se adapta ós tempos.

(fornecido polo bot mourullo)

2 comentarios a “Onde titularon digo…”

  1. mourullo dixo:

    Fistro histórico.

  2. Avaristo Coné dixo:

    Unha tal María, ademáis de felicitalo a vostede nun post anterior por non sei que cargo que vostede acadou -parabéns que comparto por aquilo da solidariedade e de apuntarme á festa-, rexeitaba uns meus argumentos sobre o xornalismo dicindo que “pois non sei eu para quen será o negocio, porque eu non vexo un peso”.

    Supoño que María comezará a entender agora onde anda o negocio no que ela traballa, a quen ten que louvar para seguir cobrando a fin de mes, e a quen ten que criticar. Digo que supoño, porque do contrario xa a vexo procurando outro traballo. Se ten dúbidas que llo pregunten a Isabel Quintairós, que lle poderá explicar cómo debe redactar as cousas en certas cadeas, e como non se debe comportar nin no seu propio e sacrosanto dormitorio (sacrosanto únicamente no senso relixiosos, nunca no senso do dereito civil).

    Vostede coloca neste post un exemplo precioso: alguén que quería facer méritos louvando á Lideresa… e fóiselle a man.

    Non vos preocupedes por el, que por trabucarse nesa dirección non vai ser despedido. Pero ai! Como tivese sido en sentido contrario…!

    Seica andades amolados os xornalistas pola baixa credibilidade da vosa profesión -unha das máis desacreditadas, segundo as enquisas-…
    E porqué será?

    Saúdos cordiais.

Deixa un comentario