Arquivo: Maio, 2008
María Gallina?
Manu Chao
Unha reportaxe de Bocixa sobre a actuación en Monforte
Chikilicuatre do carallo
Debate popular sobre Chikilicuatre
Aquí non pasa nada
Ou como dicía Siniestro Total, “la sociedad es la culpable” (sociedad no hay más que una, y a ti te encontré en la calle)
República Saharaui 2016
A conta de Pekín 2008, Manu Chao (entre outros) pide que os xogos olímpicos de 2016 se celebren no territorio da República Saharahui. Aquí o texto.
A culpa é dos Bolechas
“No, Los Bolechas no los tenemos. Tenemos Pocoyó, que también se vende mucho”, dixéronme o outro día nunha librería coruñesa. O que pasa é que o meu neno, ó contrario do vendedor-de-segundo-qué-libros, sabe que unha cousa non quita a outra. Aínda gustándolle Pocoyó, é fan redondo d´Os Bolechas. Tamén o era unha compañeira de gardería, ata que a nai, particularmente contrariada porque, segundo lle dixeron, toda a vida escolar da nena sería exclusivamente en galego, decidiu que daquela, fóra Os Bolechas da casa.
Bartleby o xornalista (discurso)
Non sei se os avogados, os meteorólogos ou os mecánicos de chapa e pintura debaten moito sobre a súa profesión, a de cada un deles. Non sei se vostedes o fan, se dediquen ó que se dediquen. Nós, os xornalistas, si. Non digo falar do traballo. Digo falar da profesión, de cómo é e de como non debería ser. Iso por unha parte é boa cousa, porque se entende que nos preocupa, e por outra bastante mala, porque non hai cousa peor que pensar que os teus intereses concretos son xerais. Ben, si hai algo peor: que o periodista sexa noticia. Que o periodista teña protagonismo mediático é case como se a un policía o trincan coas mans na masa, ou un financeiro se arruína. Vaia co profesional. Cóntolles todo isto porque hoxe teño que facer un discurso. Un discurso de xornalista para xornalistas.
Mitos fundacionais
A viga no ollo dos que denuncian pallas nos dos demais.
As tribulacións do galego en Galicia
Parece mentira que as cousas da língua susciten un chisco máis de interese que as da carne/o mundo/o demo
Reflexións profesionais
(by appointment Pawley, onde hai máis))
Os idos de maio
3.000 na Coruña. 5.000 en Vigo. 9.000 en Madrid. As cifras de manifestantes no 1º de Maio, segundo as respectivas policías locais. Normalmente, os periodistas e tamén a xente (ignoro a quen corresponde o papel de ovo e a quen o de galiña) utilizamos a asistencia ás manis como un barómetro da conciencia obreira ou do grao de reivindicación social. De ser así, mal imos, sobre todo porque hai razóns bastantes para que houbera máis xente que sitio nas rúas.



