si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Manu Chao

15 comentarios

Unha reportaxe de Bocixa sobre a actuación en Monforte


Escrito por sihomesi

24 de Maio, 2008 ás 4:23 p.m.

Gardado en Non sei eu...,Xeral

Tags: , ,

15 Comentarios to 'Manu Chao'

RSS dos comentarios

  1. Non sei se é por si mesmo ou pola tropa que pasa o día cos panexíricos, pero coidao que me cai mal este home, e vostede veña a facer de colaborasionista… agora só lle falta poñerse de parte dos cociñeiros – gurús de diseño e perdemos as amistades….

    eSedidió

    25 Mai 08 at 8:46 a.m.

  2. Os amigos son os amigos, caray, aínda que sexan famosos (mire EL PAIS o luns 26). Pero día en que me escoite/lea falando ben de Ferrado Adriá ou John Gallináceo, vólvame a cara que o terei merecido

    sihomesi

    25 Mai 08 at 12:13 p.m.

  3. A miña santa comentou cando viu a reportaxe ¡ A ese home vai a darlle algo ! . Envidia cochina, meu. Vostede anímese a voltar os escenarios e logo, xa sabe, contrólese a tensión. A nación gañou un bo periodista pero perdeu un mellor cantante, e, no meu modesto entender, debe ser mais gratificante a vida de músico……

    alvarez

    25 Mai 08 at 3:48 p.m.

  4. Dígalle á súa santa que non haxa medo, que é todo sobreactuación e posta en escena. Agradezo a maiores a preocupación, pero teño a tensión baixa.

    sihomesi

    25 Mai 08 at 7:00 p.m.

  5. Agora que xa falou sHs e o Presidium todo,o que eu diga non ten importancia ningunha,pero a min pareceme un parisino ben salado o Manu Chao este.Magoa non ter ido pola terra de sHs…
    E vaia paradoxo ver Belgrado ,a vella capital iugoslava,a capital dos non alineados,a capital da autoxestion,querendo recuperar o internacionalismo(desta xeira non proletario)co festival de Eurovision,hoxe en dia gran mostra kitsch e icona gay.Se o vello mariscal levantara a cabeza…(Tito,non Pardo de Cela)

    Alfonso Pardo

    25 Mai 08 at 10:22 p.m.

  6. Tu quoque, Pardus?

    eSedidió

    25 Mai 08 at 10:49 p.m.

  7. Así, entre nós, e polo cacho que vin de Eurofrikisión… Non parecían todos un pouco límites? Ata o Chiki parecía avergoñado (con razón, por outro lado)

    sihomesi

    25 Mai 08 at 11:59 p.m.

  8. eSedidió, eu fun o venres ao concerto de Manu Chao na Coruña (como pode testemuñar o dono desta leira) e saín ben satisfeito das tres horas dando botes. Eso sí, é unha que mágoa non houbera a participación estelar que si gozaron en Monforte :D

    E o sábado, así entre nós, pódolles contar que votei vía SMS por Ucraína.

    mourullo

    26 Mai 08 at 3:43 p.m.

  9. Meu benquerido eSedidio,hai que deixarse de contos e disfrutar coa troula,moverse un cacho ainda que sen esquecerse dos principios,que diria Rajoy.
    …E confeso que tamen votei,case sen folgos,por Ucraina.A min a liberal non me gana nin Esperanza Aguirre.Viva a Europa toda!

    Alfonso Pardo

    26 Mai 08 at 5:00 p.m.

  10. Francamente: téñenme vostedes horrorizado. Eu preferiría mil veces dar botes durante tres horas polo procedemento de meter os dedos nun enchufe a aturar ao rei do rasca – rasca, coñecido pola súas habilidades en facer cincocentas cancións con só tres notas mentres pon cara de progre…..
    En canto ás televotacións, deberíanlles confiscar os móbiles, que xa dicía a miña aboa que o teléfono era un invento do demo…..

    eSedidió

    26 Mai 08 at 7:20 p.m.

  11. Andivo contando o señor Pereiro nos minutos finais desta hora radiofónica que Radio Océano tivo unha oferta para ir a Eurovisión, o ano que ao final foi Cadillac

    mourullo

    27 Mai 08 at 11:52 p.m.

  12. En efecto, por raro que pareza, foi cando RTVE asumiu que había que poñerse modernos e poprock, e nós eramos o grupo da discográfica nacente de R3. Ofrecéramo Victorino del Pozo e, completamente abraiado dixen que moitas gracias pero que non nos viamos no asunto… Uns estreitos é o que eramos

    sHs

    28 Mai 08 at 12:01 a.m.

  13. sHs, despois desta revelación terei que reconsiderar a oferta de emparentar con votede. Mais ainda teño que decidir se para ben ou para mal :lol:

    ghanito

    28 Mai 08 at 12:18 p.m.

  14. Perdonen pola expresión pero «MANDA CARALLO NA HABANA». Do que se entera un con isto da internete. Ousexase, vostede eurovisero e que con istes pelos…..

    alvarez

    29 Mai 08 at 1:16 p.m.

  15. Nada,nada,déixense de repugnantadas ou repugnanterías!O vindeiro festival todos a Moscú, e alí debería cantar o noso trobador,Edilberto Alonso,cunha versión rap de Galicia será nación.

    Alfonso Pardo

    29 Mai 08 at 4:39 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site