Xuñ 05 2008
Día do Orgullo Pailán
A columna de EL PAIS, que non deixa de ser unha ranciada disimulada baixo o título Vergüenzas sin fronteras
Xuñ 05 2008
A columna de EL PAIS, que non deixa de ser unha ranciada disimulada baixo o título Vergüenzas sin fronteras
o 6 de Xuño, 2008 ás 10:16 pm
Moi boa a alusión ós freedom fighters. Unha mestura dos Centauros do deserto e Steven Seagal en versión Galicia Bilánguida ou Galicia Cunnilinguis, ou como se diga.
o 7 de Xuño, 2008 ás 1:32 pm
As imaxes máis propias dun desastre humanitario no terceiro mundo tamén na Coruña.
o 8 de Xuño, 2008 ás 9:23 pm
Si home si, a puñeteira globalización. Pero aquí -Paola Obelleiro en concreto- destaca periodisticamente o feito. Eu recordo outros repartos (leite…) sen pena nin gloria.
o 18 de Xuño, 2008 ás 9:16 pm
O bó que teñen os FF e que alomenos loitan pola súa liberdade. Non coma outros, que din que só loitan pola miña. Sen consultarme.
o 18 de Xuño, 2008 ás 11:59 pm
Quitado os -numerosos casos- en que os FF son profesores -e polo tanto funcionarios ou traballadores suxeitos a unhas normativas que gustan ou non- non se me ocurra ninguén que non teña libertade pra falar en castelán neste país. Ata hai algúns deputados que o falan no Parlamento galego. E imaxino que, sendo ferrolán, deritos como o descanso semanal ou a xornada de oito horas agradeceráas ainda que llas conquistarán outros pola súa conta.
o 20 de Xuño, 2008 ás 12:49 pm
Quitando os outros casos nos que os FF non son mestres, o que lles faculta para poder falar o que lles pete sin máis cortapisas que as propiamente intelectuais, algún dos loitadores libertarios (ou liberticidas, que xa non se sabe) que levan as costas a grande tarea de defender “a lingoa” pensan que temos que ser libres como sexa, aìnda que esteamos escravizados.
Ou iso semella cando un vé as fotos que saíron fai uns días na prensa, amosando o coche dun cidadán que ademais de selo, é tamén integrante de un deses grupiños FF.
E non dubide tamén, admirado Pereiro, que pola miña banda honra e gloria para os que loitaron contra o opresor, antes e agora; non podería ser de outra forma vendo da terra do tipógrafo mais combativo.
Nembargantes, ahi que estar moi alerta para que non pase nesta verde granxa nosa o que pasou anteriormente na orwelliana. Non sexa que os que dirixen “a rebelión” rematen por dirixirnos a nos, algo que mataría a nosa liberdade a falar e pensar como nos pete.
Rematando, non acabo de entender moi ben (síntoo, son home e non poido facer dúas cousas ao mesmo tempo; e agora estou respirando e escribindo á vez nun esforzo sobrehumán) eso de que por estar “a favor de”, teñas que estar automáticamente “en contra de”. Eu estou a favor da empanada de xoubas, pero non por elo desprezo a de bacallau con pasas (nin moito menos). E él xa sabe que non lle quitarei o saúdo, pero si o panadeiro da esquina non deixa de “encalomarme” a empanada bakala… terei que cambiar de panadeiro. E o que ten a liberdade… do consumidor.
o 21 de Xuño, 2008 ás 10:21 pm
Perda coidado, sr. Ferrolán: o risco de que eses descerebrados que lle racharon co coche ó bilingüe nos cheguen a gobernar ou sequera a influir políticamente é directamente proporcional á posibilidade de que Botín doe a totalidade do seu patrimonio para loitar contra a pobreza no mundo e se nos meta a franciscano, ou que a General Motors modifique os seus estatutos para loitar decididamente contra o cambio climático.