si home si

"El gallego no es ni un idioma, fue un invento de Pepe Domingo Castaño" (Intereconomía)

Al-Padron

8 comentarios

Morro, sinceridade, manga normativa ben ancha?

Escrito por sihomesi

19 de Xuño, 2008 ás 12:10 a.m.

Gardado en Kinopravda

8 Comentarios to 'Al-Padron'

RSS dos comentarios

  1. !! Supoño que a escusa é que a variedade xenética dos pementos procede dos de Padrón, pero non me parece ben que o producto se venda dese xeito porque por moita semente de Padrón que leven pra Marrocos, non pode ser o mesmo que uns pementos de Padrón (ou Herbón), polo clima, os coidados, o solo..
    Saúdos!

    anonimo

    19 Xuñ 08 at 1:19 a.m.

  2. Houbo un (sempre) interesante debate sobre o tema hai uns días en Chuza.

    mourullo

    19 Xuñ 08 at 3:14 p.m.

  3. …No que se evidencia unha vez máis, o moito que Ministerio de Agricultura (non se especifica cal en concreto) vela pola agricultura de Galicia.

    sihomesi

    19 Xuñ 08 at 4:45 p.m.

  4. Eu sentín que o nome de “Pimientos de Padrón” o rexistrara un empresario de Murcia, que comezou a producilos alí e agora en Marrocos. Non sei se é ou non lenda urbana. Creo que se os de Padrón non poden recuperar a exclusiva do nome, deberían rexistrar e lanzar como producto de calidade o nome de pementos de Herbón, antes de que nos cheguen de China

    Ramón

    19 Xuñ 08 at 9:18 p.m.

  5. Míralle o lado positivo, meu !!!
    Alomenos indican que veñen do pais do perixel. :D

    Ferrolán

    20 Xuñ 08 at 12:28 p.m.

  6. A cousa é a seguinte:
    1.- O etiquetado da tal bolsa é perfectamente legal e mesmo correcto. Pemento “Padrón” e orixe “Marruecos”.
    2.- A denominación “Padrón” correspóndese cuha variedade rexistrada de pemento, igual que unha mazá “Golden” ou unha pataca “Kennebeck”. Esta variedade cultívase en todo Estado, en Marrocos e mesmo noutros continentes.
    3.- A variedade foi inscrita no rexistro oficial de variedades comerciais do Ministerio de Agricultura alá polos anos 80, e no rexistro figura como “anónimo” a persoa ou entidade que o inscribíu.
    4.- No seu momento podía haber sido denegado o nome comercial, a solicitude por exemplo da xunta, pero seica non houbo reflexos.
    5.- A Denominación de orixe “Pemento de Herbón” está a piques de saír ao mercado, pero está restrinxida á produción da parroquia de Herbón e área limítrofe.
    6.- Desgraciadamente nestes tempos enténdese moito máis das uĺtimas tendencias estéticas de New York que do que comemos e como o comemos. Ata resulta que o progreso do país ven dado porque nos dediquemos ao deseño textil ou a arquitectura. E, lembren: “sine agricultura nihil”…..
    Mais nada.

    PS. O problema non é esa bolsa, senón outras omitas que na parte de diante teñen un mapa e o nome ben grande de Galicia, e pola parte posterior, en letra minúscula, orixe maroc. O dito: vixíen as súas costas.

    eSedidió

    21 Xuñ 08 at 10:22 a.m.

  7. Unha última, despois de ler o chuzado: é ben máis probable que nos atopemos pementos de padrón etiquetados fraudulentamente en pequenos establecementoos e/ou en cadeas de supermercados xenuinamente galegas que nos casos de Eroski-Vegalsa, Mercadona ou Carrefour. Falo por experiencia. Os operadores/envasadores galegos son os únicos que poñen o nome de Galicia máis grande por dianre eo nome “maroc” (para despistar) en letra lexible só con microscopio por detrás. E así nos vai: a culpa non é do Ministerio, nin de murcianos listos: éche de nos mesmos….

    eSedidió

    21 Xuñ 08 at 10:32 a.m.

  8. untalmarra

    24 Xuñ 08 at 2:56 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site