si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Galicia vs. Galiza

13 comentarios

Escribín o que escribín, pero eu estou coa liña correcta (na páxina 4)

Escrito por sihomesi

26 de Xuño, 2008 ás 1:59 p.m.

Gardado en El País

Tags:

13 Comentarios to 'Galicia vs. Galiza'

RSS dos comentarios

  1. Pois vale que Irlanda ten dous nomes, en irlandés e en inglés, e os dous son oficiais. Xa que pon vostede o exemplo, valería para Galicia/za que se mantiveran para os topónimos os galegos é os casteláns? Qué lle parecería? É o que fan os irlandeses. Dublín, en irlandés Baile Átha Cliath, Orense, en galego Ourense, etc…

    Lopo

    26 Xuñ 08 at 3:00 p.m.

  2. Ten razón, o exemplo está mal posto. Pero como dí Ferrín no seu artigo, Galicia e tan galego como Galiza, non é un castelanismo, é o único empregado popularmente, e a única denominación oficial. Que o nacionalismo maioritariamente use Galiza é deixar en maos dos rivais a principal imaxe de marca propia.

    sihomesi

    26 Xuñ 08 at 6:25 p.m.

  3. Que conste o meu aplauso ante o seu artigo. Engado ao seu último comentario: Se eu fora un estratega do PP ou do PSOE tamén mandaría dizer de cando en vez «Galiza» para quitarlle unha arma simbólica ao BNG. Por certo, tíñalle eu moita simpatía por aquel «Proxecto Galiza» que saíra hai cinco ou seis anos.

    bouzafria

    26 Xuñ 08 at 7:44 p.m.

  4. E por qué non unha solución á galega? O noso país poderiase chamar Galizia, satisfacendo tanto aos primeiros – que poderían seguir coa mesma pronuncia -, como aos segundos – que manteñen o Z na escrita.
    Tamén é certo que tamén incomodaría os dous bandos, pero éche o que ten ser árbitro – conciliador, tipo Raúl de Loza: ninguén está de acordo contigo.

    bouzafria

    26 Xuñ 08 at 11:49 p.m.

  5. Pequeno problema: Galizia é a denominación en euskera do país. Era o que nos faltaba para rematar de desatar as iras da peña.
    Eu veño en propor Jalisia, que iso si que está perto da realidade popular, polo menos da costa…..

    eSedidió

    27 Xuñ 08 at 7:18 a.m.

  6. Eríxome en non-elected portavoz de chairegos montaraces e contumaces: nada de Jalisia. Como moito, Ghalicia, e xa negociaremos as contrapartidas.

    Ou mellor aínda: que tal Galifornia?

    cansendono

    27 Xuñ 08 at 4:22 p.m.

  7. Dá ghusto ver que alguén usa os cantos para pisar en vez de «para tirar». Un saúdo desde a Costa.

    Xaquín

    27 Xuñ 08 at 11:40 p.m.

  8. Por sorte, eu vivo en Ferrol. Non séi que pensarán de Galiza os que viven por alá, por La Coruña. }:-)

    Ferrolán

    1 Xul 08 at 7:00 p.m.

  9. Home,ferrolán,se vostede fora de Curtis(como o noso bardo),ou de Muxía,aínda ben.Pero sendo de El Ferrol…..eu non faría comparacións.

    Coma sempre,un gusto escoitar o maxisterio do mestre Ferrín.De todos os xeitos,dende o principio,a cousa está clara:Os paisanos seguiremos falando como nos pete.Viva Galicia/Galiza!

    Alfonso Pardo

    3 Xul 08 at 3:27 p.m.

  10. O chiste, Lopo, é que Dublin é unha palabra totalmente celta tamén! ;-D

    Casdeiro

    26 Xul 08 at 7:35 p.m.

  11. «La Real Academia Galega (RAG), en lo que no deja de ser un arbitraje curioso para un contencioso político-legal»

    Curioso? Home, que inxenuo! É unha intervención fóra do seu ámbito. É como se a un xurista especializado en dereito constitucional lle foran preguntar sobre se en euskera se debe admitir a «ñ» ou non ;-)

    Falábase de cal é a denominación oficial -e polo tanto político-administrativa- dun territorio determinado. E iso ven dado polas leis, non polos dicionarios.

    Casdeiro

    26 Xul 08 at 7:38 p.m.

  12. …o que quería dicir con isto é que de curioso nada: intencional total! Instrumentalización política dunha institución académcia. Vamos, o pan noso de cada día.

    Casdeiro

    26 Xul 08 at 7:39 p.m.

  13. «Pero el primero es el único que no ha dejado nunca de utilizarse»

    Onde, Xosé Manuel? Na comunidade autónoma? Na diáspora? En Portugal? Na túa aldea? Na fala? Na escrita? Con que opción ortográfica?.. Quen demostra iso? A moito te me atreves ti ;-)

    E «nunca» tamén nos pode facer preguntarnos non só polo límite superior se non polo inferior. Desde cando se usa «Galicia»? Onde se usaba? E a forma «Galiza»? E… había outras?

    Casdeiro

    26 Xul 08 at 7:42 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site