Ago 28 2008

Hamlet en Monte Pío

Categoría: El Paíssihomesi @ 8:47 pm

Sinceramente, aínda sen compartila, pensei que a decisión sería a contraria. Que Touriño faría caso da oferta-non-rexeitable. Non deixa de ser unha agradable sorpresa, (aínda que non podería definir por que agradable).


Ago 23 2008

153

Categoría: Si home sisihomesi @ 6:35 pm

Non sabemos, ou alomenos eu non o sei, as razóns de por que unhas traxedias nos impactan máis ca outras. Supoño que ten que ver coa forza do golpe, coa intensidade. Estarrécennos máis 153 mortos de vez nun machadazo do destino que os 1.300 que foron caendo, pinga a pinga, en accidentes de tráfico nos seis primeiros meses deste ano. Tamén está relacionado coa proximidade. Con que lle puido pasar a calquera de nós. Ben pouco antes do accidente, crucei nunha terraza un saúdo alegre e despreocupado coa irmá da que minutos despois sería irmá dunha supervivente e tía dunha falecida (un abrazo, Miri).

Continuar lendo “153″


Ago 19 2008

Indo e vindo

Categoría: Si home sisihomesi @ 1:20 am

Quizais como actualización do tradicional pensamento de que o que é de todos é de ninguén, aquí entendemos que os servizos públicos non hai que publicitalos, facelos atractivos ou eficaces. Se son públicos, o interese do público xa vén de serie, deben pensar as cabezas rectoras. Esta semana tiven a demostración palpable ó acompañar á familia a coller un coche de liña.

Continuar lendo “Indo e vindo”


Ago 14 2008

O sobrenatural e o antinatural do voto emigrante

Categoría: El Paíssihomesi @ 12:48 pm

Tal e como aparece (aínda que máis ben está semi agachado) en EL PAÍS


Ago 09 2008

O deporte é a protesta, e viceversa

Categoría: Si home sisihomesi @ 4:50 pm

En canto remate a Olimpíada que se inaugurou onte, estou completamente seguro que no comité central do PCCh van ter unhas palabriñas co que se lle ocorreu a idea de ofrecer como sede olímpica a Pequín (perdoen o topónimo obsoleto, pero Beijing ou Beixín sóame a bico asturiano, e eles total non se van enterar). Xa antes de comezar, deixaron nunha pataleta de nenos aquel xesto rebelde de México 68, cando os atletas afroamericanos fixeron no podio o sinal do Black Power. En Pequín, ou a conto de Pequín, e con toda a razón do mundo, protesta todo o mundo. Colarlla ás autoridades ven sendo o auténtico reto olímpico. Ata unha nadadora norteamericana membro do PETA (a asociación defensora dos animais e de que non os separen dos seus pelexos), exhibiu unha foto súa espida, en protesta polo trato que lle dan á facenda nas granxas chinas (que debe meter medo, tendo en conta o que lle dan á xente humana, levándoa de aquí para alá).

Continuar lendo “O deporte é a protesta, e viceversa”


Ago 04 2008

Dispersión Fenosa

Categoría: Si home sisihomesi @ 10:45 am

Se alguén sigue aínda instalado no cómodo tópico de que esta é unha sociedade inmovilista ou siquera conservadora, aí está o caso Fenosa para desmentilo. En poucas décadas, pasamos de ser unha colectividade atrasada que non entendía de redimensionamentos empresariais e economías de escala (o das sinerxias veu bastante despois) a unha xente que asume con naturalidade calquera movemento sísmico financeiro, mesmo un tsunami accionarial. Exactamente ó contrario dos medios de comunicación, por certo.

Continuar lendo “Dispersión Fenosa”


Ago 02 2008

III Ano Triunfal

Categoría: Non sei eu..., Xeralsihomesi @ 1:05 pm

Volveume esquecer, nesta ocasión por dous meses redondos, mencionar o terceiro aniversario deste taboleiro dixital, máis que blog. 500 posts e uns milleiros de comentarios que non podo precisar porque xa non sei onde se mira cantos van -antes diciamo sen preguntarllo-. Tampouco a cantidade de visitantes, porque cambiei de cabalo contador a metade de carreira, pero o que importa é a calidade, a súa. Saiban que estou tan agradecido polas visitas como os que se mudan a unha casa no campo.