Set 29 2008

Arriba e abaixo, de Wall Street á estación de Portas

Categoría: Si home sisihomesi @ 10:36 am

“As cousas sempre foron así, e seguirán sendo. Sempre haberá ricos e pobres”. Que levante o dedo quen, de pequeno, non teña escoitado dos vellos esta admonición. Logo dedicas a mocidade -os que teñen corazón como dicía Winston Churchill- a tentar demostrar que non é así, ou a axudar a que non sexa así. De maiores -aqueles que teñen cabeza, sempre segundo sir Winston- aceptan que é así, e mesmo algúns se aplican a que non deixe de selo. Eu son dos que teño pouca cabeza, e a que conservo estrañase moito de cousas como Wall Street, as autoestradas e as vías do tren.

Continuar lendo “Arriba e abaixo, de Wall Street á estación de Portas”


Set 25 2008

A necesidade como virtude

Categoría: El Paíssihomesi @ 11:50 am

A miña queixa contra que na Xunta non sexan ben levados


Set 24 2008

A cara amable da independencia

Categoría: Kinopravdasihomesi @ 10:08 am


Set 20 2008

Dominio público

Categoría: Si home sisihomesi @ 11:11 pm

Unha das noticias máis tremebundas dos últimos días, un tanto desapercibida, foi a que o deslinde do dominio público da costa afectaría en Galicia a milleiros de casas e edificios. Eu xa me imaxinaba ó Goberno pasando a rebarbadora por todo canto hai construído na beira de mar, na que, como todo o mundo sabe e algúns cantan, hai moito que ver (baila miña Maruxa, baila/ baila na punta do pé). Resulta que non, que segundo una matización que fixo a propia Delegación do Goberno antes de que Maruxas e non Maruxas se puxeran a bailar en pé de guerra, o que querían dicir é que todo está como antes, e que nada de “miles de casas y fincas que se traspasarán al estado”. A min xa me parecía que non había, entre outras carencias para facelo, as de fondos, pero non deixa de ser un alivio. Relativo, claro.

O Berbés

A Mariña

Continuar lendo “Dominio público”


Set 17 2008

En salvaxe compaña

Categoría: Kinopravda, Matrix Press, Non sei eu...sihomesi @ 2:18 pm


Set 15 2008

O caso da vieira desmemoriante

Categoría: Si home sisihomesi @ 11:50 am

Unha das cousas máis satisfactorias desta semana (ou menos deprimentes, tendo en conta os temas) e á vez máis sorprendentes, é que o asunto que máis atención espertou non foi ese crime estarrecedor e truculento do probable psicópata que presuntamente matou e escachizou a unha parella, senón a outra operación policial desenvolvida tamén por Ferrolterra, a desarticulación dese conglomerado de furtivos destemidos, comercializadores desalmados e restauradores despreocupados. Postos a escoller entre instintos primarios, é de agradecer que á nosa sociedade lle presten e que preocupen máis os de comer que os de matar, que se preocupe máis da crónica de sucesos gastronómica ca de sucesos de sangue.

Continuar lendo “O caso da vieira desmemoriante”


Set 12 2008

Como saír a flote, ou non

Categoría: El Paíssihomesi @ 10:49 pm

A miña proposta de como sair da crise, e o papel que xoga o galego (o idioma) en todo este asunto


Set 07 2008

Síndrome posvacacional

Categoría: Si home sisihomesi @ 8:10 pm

Compadezo ós médicos de hoxe. Sempre me pareceu unha carga difícil de levar a responsabilidade de curar, ou deixar que o paciente se amañe coa súa natureza e procurar non empeorar as cousas, e agora debe ser cousa de loucos con tanta novidade. Antes -polo menos antes de que eu fose periodista- había as enfermidades que había. As que tiña todo o mundo, ou podía ter todo o mundo, e as raras, que non tiña ninguén que coñeceras. Agora, segundo sei polos comunicados que me chegan e polas noticias, as doenzas inzan como cogumelos. Enfermidades que parecen parvadas, aínda que non o sexan (líbreme Dios de dicirlle a alguén que o seu é unha parvada), dadas a coñecer con denominacións tan curiosas como “síndrome do escaparate“, porque o paciente ten que poñerse parado cada certo tempo (pararse obrigada e concretamente a mirar escaparates, supoño que non).

Continuar lendo “Síndrome posvacacional”


Set 02 2008

Xa poden ir tomando nota!

Categoría: El País, Kinopravdasihomesi @ 5:13 pm

Perdoen a expansión localista, pero polo ben de todos, xa se poden ir esmerando por aí en ter carteis desta entidade.


Set 01 2008

Mundo ocioso

Categoría: Si home si, Xeralsihomesi @ 10:52 am

Desde logo, hai semanas cunha intensidade informativa que ata dá medo saír da casa, ou poñerse a ler o periódico media hora máis tarde do habitual, por se nos perdemos algo. Así, de primeiras e sen pensalas, entre o máis destacado do que nos entra polos ollos ou polas orellas, segundo as estatísticas dos propios medios, está o caso de que Brad Pitt foi durmir unha noite a casa de Bono (o de U2, non do o Yak 42) logo de se mosquear coa muller, Angelina Jolie. Tamén o asunto da traballadora dunha fábrica de teléfonos iPhone á que os compañeiros lle sacaron unha foto cun dos móbiles. Esqueceron eliminala (a foto) e chegoulle como fondo de pantalla ó comprador do aparato, en Inglaterra, que se puxo a buscala como o príncipe de Cinsenta. Agora, unha vez atopada, é tremendamente famosa, a iPhone girl, chámanlle. Por non falar da nosa contribución autóctona ó serpentario de verao, ese famoso non adianto de eleccións.

Continuar lendo “Mundo ocioso”