si home si

"El gallego no es ni un idioma, fue un invento de Pepe Domingo Castaño" (Intereconomía)

Arquivo: Outubro, 2008

Dúas magníficas, sinxelas -e coñecidas- explicacións da crise

5 comentarios



(by Vendell)

(by Xosé Mexuto)

Escrito por sihomesi

31 de Outubro, 2008 ás 2:03 p.m.

Gardado en Xeral

Nai non hai máis ca unha (española)

4 comentarios

Escrito por sihomesi

30 de Outubro, 2008 ás 3:20 p.m.

Gardado en Kinopravda

Trucaxes

3 comentarios

Once persoas, de momento, están implicadas en Santiago no caso dos contakilómetros trucados, acusadas ter dado gato por lebre, ou máis exactamente por ter vendido gatos vellos e baqueteados como se fosen lebres de potencia e rodadura do trinque. O único que pasou polo cárcere é o autor da milagre da redución estético-mecánica, o alemán, Johan Grimn mentres que o resto dos investigados xudicialmente son a crema –e polo que din a punta o iceberg- dos concesionarios de coches de Compostela. O sector da segunda man e a política norteamericana teñen dúas cousas en común. Unha a popular frase electoral “compraríalle a este home un coche usado?” e outra que nos dous casos se produce unha suspensión da credibilidade, unha convención asumida entre vendedores/políticos e clientes/electores: vostede dígame o que queira que eu créolle a metade.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

27 de Outubro, 2008 ás 10:43 p.m.

Gardado en Si home si

Tags: , ,

Felicidades, Agustín!

4 comentarios

Eu aprecio a todos por igual, pero hoxe espeto un pao na terra, como dicía Virginia Woolf, para recordar o día en que un seguidor deste blog (máis ben un lurker) , Agustín Fernández Paz, acada o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Non é sen tempo o galardón, pero cravo o pao tamén porque é dos homes máis sinxelos, amables e sabios que teño coñecido, aínda que sexa coñecido ben pouco. Póñame na lista de apertas, xefe.

Escrito por sihomesi

23 de Outubro, 2008 ás 1:27 p.m.

¿Todo polos votos?

sen comentarios

Sobre o que algúns están dispostos a facer, e fan, para arrabuñar uns votos

Escrito por sihomesi

23 de Outubro, 2008 ás 10:28 a.m.

Fuxan os Ventos

16 comentarios

Comezarei por unha declaración de principios: Eu son esencialmente un roqueiro, e podo vibrar co pop. Non comparto o folk riba dun escenario. Non concibo a canción popular fóra das tascas e dos sitios onde se inventou (esas interminables probas de son para instrumentos feitos para tocar sen amplificación), non me gusta polo xeral o folk evolucionado ou como se chame. Pero asistín ó concerto de Fuxan, por amistade, por curiosidade e porque me interesou o que escoitei nun ensaio. E emocionoume. Quizais porque teñen himnos que herdei como xeneracionais, ou cantos a unha época que na deles xa esmorecía e da que eu tiña recordos da infancia, esa idade media que aínda presenciamos os da miña época que tiñamos raíces na aldea. Pois iso e máis nada. Que me gustou.

Escrito por sihomesi

20 de Outubro, 2008 ás 9:15 p.m.

Gardado en Non sei eu...,Xeral

Inchando cadelos (nunca deixes que a realidade che destrague unha reportaxe)

4 comentarios

Hoxe vivín unha experiencia especialmente esferolítica, dentro do esperpento que está infectando esta profesión. Tiven que cubrir en Lugo o que en teoría era un veciño atrincheirado no seu piso, que ameazaba voar coas bombonas de gas se o desaloxaban, o que provocou que os veciños foron durmir fóra do edificio. O tipo, segundo o publicado -recollido de referencias veciñais, sen contrastar con el- era un individuo de conducta excéntrica -dáballe de comer ás pombas desde a casa, facía pola ventá laces coa cana de pescar e en ocasións andaba espido, supoño que pola casa-. Non era un caso de -especial- inxustiza social: non era o desafiuzamento dunha familia á que lle embargan a vivenda, como debe suceder ançónimamente a diario, e máis que vai pasar, senón que ía ser desaloxado a instancias dunha irmá, propietaria do piso.

Eu agardaba un cordón policial, un negociador con megáfono tentando convencer a un tipo fóra de si berrando pola ventá. A única atracción foi a que fomos convocando os medios cos nosos ires e vires. Ás 12 era a hora H do día D. Unha veciña que estaba de parte del -”habían desaloxar a autros, como a miña veciña de abaixo, que me deixa a roupa negra coa saída do gas”- díxonos que o candidato a quedar sen piso -nun edificio máis que potable- saíra media hora antes, posiblemente a vender castañas. Apareceu o cerralleiro -”o meu é descerrajar, e logo cambiar as pechaduras… Ah?, que non está?, pois mellor”- subiu acompañado da policía local e o actuario xudicial ou como se chame, e santas pascuas. Non me puiden quedar a agardar se volvía o desaloxado e ver como reaccionaba. Logo entereime -enterámonos- que todo xurdira dun ruxe-ruxe veciñal sobre as posibles ameazas do home, que medrou ata que tres familias colleran medo e foran durmir a casas de quen puideron, e chegou a oídos dalgún sagaz gacetillero.

A próxima vez que a min se me escape algo tipo “como me volva tocar as bólas X (por exemplo un xefe) voulle poñer unha bomba lapa no coche”, espero que non haxa sagaces nos arredores que acaben provocando o desaloxo do aparcamento da empresa e a intervención dos TEDAX.

  • [Aquí a versión publicada en La Opinión 18/10/08]
  • Aquí a versión publicada en Faro de Vigo 20/10/08]

Escrito por sihomesi

15 de Outubro, 2008 ás 9:03 p.m.

O debate Della Rovere

4 comentarios

En 1959 Roberto Rossellini dirixiu El general Della Rovere,protagonizada por Vittorio De Sica. Estaba, como se di agora, baseada en feitos reais. Os nazis que tiñan a Italia collida do pescozo coa axuda de Mussolini, convenceron a un preso común, un ladrón pillabán de pouca monta, de que se fixese pasar no cárcere polo xeneral Della Rovere, un militar monárquico, mito da resistencia antifascista, e lles fixese de espía. O pillabán, De Sica, acepta e vaise metendo no papel, axudado polo recoñecemento que recibe dos outros presos. Tanto se mete, que acaba adoptando o carácter firme e as posturas políticas que serían propias da personaxe suplantada. Consecuentemente, os alemáns fusílano. Para os que non seguiron o debate do estado da autonomía, e máis os que escoitaron falar del e mesmo aqueles que viron cachos, teñen nesta sinopse unha mostra do que pasou, ou máis ben de como rematou, porque o debate en si, a altura que tivo foi a de Torrente 2, pero sen chistes.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

13 de Outubro, 2008 ás 1:20 p.m.

Gardado en Si home si

Os cidadáns que querían ver o tren

3 comentarios

Contra o AVE (máis ou menos). Con dous vagóns.

Escrito por sihomesi

9 de Outubro, 2008 ás 10:46 a.m.

Gardado en El País

Tags:

Cuestións de confianza

un comentario

O da confianza é un intríngulis. Mesmo aqueles ilustrados do século XVII que tiñan sentencias para todo non se aclaran. “Engánanos máis veces a desconfianza que a confianza”, dicía o francés Cardeal de Retz, que ademais de cardeal foi escritor e político. “A confianza é a nai do descoido”, escribiu aquí, pola mesma época, Baltasar Gracián, que a maiores de escritor era cura. Se nin eles, coetáneos e correlixionarios non se poñían de acordo, é obvio que confianza é algo subxectivo, e polo tanto, calquera se fía, ou fíase quen quere. Eu non teño claro se ter confianza en moitos asuntos: no da auga da contorna coruñesa, no da solidez financeira española ou no da culpabilidade dunha parella que matou a golpes á filla dela, para que vexan a amplitude do meu catálogo de inseguridades.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

8 de Outubro, 2008 ás 2:46 p.m.

Gardado en Si home si

Industria turística

6 comentarios

Escrito por sihomesi

1 de Outubro, 2008 ás 9:55 a.m.

Gardado en Kinopravda

Switch to our mobile site