si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo Outubro 8th, 2008

Cuestións de confianza

un comentario

O da confianza é un intríngulis. Mesmo aqueles ilustrados do século XVII que tiñan sentencias para todo non se aclaran. «Engánanos máis veces a desconfianza que a confianza», dicía o francés Cardeal de Retz, que ademais de cardeal foi escritor e político. «A confianza é a nai do descoido», escribiu aquí, pola mesma época, Baltasar Gracián, que a maiores de escritor era cura. Se nin eles, coetáneos e correlixionarios non se poñían de acordo, é obvio que confianza é algo subxectivo, e polo tanto, calquera se fía, ou fíase quen quere. Eu non teño claro se ter confianza en moitos asuntos: no da auga da contorna coruñesa, no da solidez financeira española ou no da culpabilidade dunha parella que matou a golpes á filla dela, para que vexan a amplitude do meu catálogo de inseguridades.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

8 de Outubro, 2008 ás 2:46 p.m.

Gardado en Si home si

Switch to our mobile site