si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Os cidadáns que querían ver o tren

3 comentarios

Contra o AVE (máis ou menos). Con dous vagóns.

Escrito por sihomesi

9 de Outubro, 2008 ás 10:46 a.m.

Gardado en El País

Tags:

3 Comentarios to 'Os cidadáns que querían ver o tren'

RSS dos comentarios

  1. Despois de lerlle este artigo, non se me ocurre máis que invitalo a Redondela para o próximo venres 17, porque unha asociación cultural chamada Alén-Nos (que tamén participa na Plataforma Cidadá Contra a Autovía) organiza unha charla sobre o futuro do ferrocarril en Galicia, se non entendín mal, que estes días ando algo escaso de sono.
    Dígolle isto porque (a) o de «concordo plenamente con vostede» vai tendo pouco glamour como comentario e (b) vai sendo hora de empezar o contragolpe e chamarlle ás cousas polo seu nome, no que ó transporte galego, perdón, en Galicia, se refiere; non pode ser que «estes» pasen unha lexislatura enteira a prometernos un transporte que vai parecéndose máis ó Mister Marshall da película que a outra cousa.

    Por certo, a última vez que estiven na Coruña (no Burgo, para ser máis exactos), hai dúas semanas, a auga xa sabía mal :)

    F. Míguez

    9 Out 08 at 6:00 p.m.

  2. Agradezo infinito a invitación, pero alén de que ese día vou estar na outra punta de Galicia, pouco máis podería engadir ó escrito (ben, podería engadir unha chea de carraspeos, ehems, ‘digamos’ e outras mostras orais de pouca orde mental). A presencia do profesor Miguel Rodríguez Bugarín sí sería estimulante e aportaría contido.

    sihomesi

    10 Out 08 at 5:43 p.m.

  3. Até que punto estamos a pagar cos nosos impostos un servizo (Galicia-Madrid) do que moitos non nos beneficiaremos (ou do que nos beneficiaremos pouco)? O AVE non é un transporte que se poidan permitir estudiantes, xubilados ou curritos (a inmensa maioría da poboación). Alguén lle está a explicar isto á xente? Si, si, xa sei que a demanda de billetes do AVE entre Barcelona e Madrid aumentou, pero é que os viaxeiros son toda esa troupe de empresarios, funcionarios de altoestanding e politicos varios, ben pagos pola súa «empresa», e que antes collía o «Puente Aéreo».
    Por outra banda, temo que os prezos do AVE galego alonxen deste medio de transporte aos que durante décadas foron os que apostaron por el: os estudantes. Chegará un día en que, efeutivamente, as clases medio-pensionistas nos teñamos que conformar con viaxar en paxaros de ferro, previamente cacheados e logo embutidos de canto nos asentos. Tiemblen, aeropuertiños de la Galicia minifundista!

    marcel swann

    13 Out 08 at 12:26 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site