si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Fuxan os Ventos

18 comentarios

Comezarei por unha declaración de principios: Eu son esencialmente un roqueiro, e podo vibrar co pop. Non comparto o folk riba dun escenario. Non concibo a canción popular fóra das tascas e dos sitios onde se inventou (esas interminables probas de son para instrumentos feitos para tocar sen amplificación), non me gusta polo xeral o folk evolucionado ou como se chame. Pero asistín ó concerto de Fuxan, por amistade, por curiosidade e porque me interesou o que escoitei nun ensaio. E emocionoume. Quizais porque teñen himnos que herdei como xeneracionais, ou cantos a unha época que na deles xa esmorecía e da que eu tiña recordos da infancia, esa idade media que aínda presenciamos os da miña época que tiñamos raíces na aldea. Pois iso e máis nada. Que me gustou.

Escrito por sihomesi

20 de Outubro, 2008 ás 9:15 p.m.

Gardado en Non sei eu...,Xeral

18 Comentarios to 'Fuxan os Ventos'

RSS dos comentarios

  1. Eu non tiña pensado ir pero ao final fun por traballo, e confeso que botei unha lagrimiña escoitando «O carro» e media co «Afiador». Foron demasiados sábados de infancia nos que meu pai nos espertaba co disco dos malditos Fuxan. De aí vén tanto a manía que lles teño, por pura rebeldía xeracional, como a emoción do sábado. Non llelo digan a ninguén.

    orsinia

    20 Out 08 at 10:14 p.m.

  2. Vostede e máis eu coñecímonos nunha tarde de outono de 2006, no Chaminade, nunha especie de «disco forum», unha excusa para xuntármonos estudantes galegos, e facer -como non- política. E alí soaron fuxan e batallán. Iso é memoria histórica e o demais son filfas. Vaia merda de nostalxia, e eu sen medicarme……

    eSedidió

    21 Out 08 at 9:17 a.m.

  3. Como un bo peixe de mar hai que limparlle as escamas nostálxicas que rodean aos grupos míticos da nosa mocidade e velos na súa autentica realidade.
    Hay uns anos reivindicar a figura, por poñer un caso, de Frank Sinatra era un síntoma de reaccionarismo evidente. Hoxe por hoxe escoitar a aquel home é un auténtico galano para a nosa sensibilidade.
    Fuxan os Ventos é un excelente grupo musical máis ala das lembranzas, dos politiqueos de conxuntura e das posturas interesadas.

    Dr.Krapp

    21 Out 08 at 10:00 a.m.

  4. Orsinia:o que dicía eu das raíces, que son moi malas de arrincare.
    eSedidió: O seu si que é memoria histórica.

    sihomesi

    21 Out 08 at 10:01 a.m.

  5. Ben,

    unha vez cuberto o trámite necesario da reunificación de Fungan os Bentos,

    para cando Radio Océano Revival?

    Calidonia

    21 Out 08 at 9:55 p.m.

  6. Calidonia

    22 Out 08 at 8:48 a.m.

  7. Non é raro, levan ausentes desde 1983…

    sihomesi

    22 Out 08 at 3:47 p.m.

  8. #5 Sobre o ROR (Radio Océano Revival)hai un par de proxectos en CD ós que non lle vexo moita traza. En directo, mismamente despois dos Beatles.

    sihomesi

    22 Out 08 at 3:49 p.m.

  9. Máis sobre Radio Océano, e tamén sobre os que aínda temos unha raiciña chantada na aldea: nunca esquecerei un memorable «Terra Chá» que me puxo os pelos de punta cando sonou nun festival de Pardiñas por obra e arte de Radio Océana e boca do dono deste alpendre de ideas, non sei se no 87 ou por aí. Así que, eu tamén proclamo: revival Radio-oceánico xaaaa…!!

    cansendono

    23 Out 08 at 1:06 a.m.

  10. Mon lle faga caso a cansendono que o quere mal..Vostede o seu, que ponse a dar berros durante duas horas enriba dun escenario como cando era un pimpim e pode darlle aljo, é non bo precisamente, meu. Sentidiño.

    Cansendono: vostede quere matarme o Guru e logo que facemos eSesidio, Prado e etc sen poder leer tranquilamente as columnas que tanto gostamos.Mon sexa malo e deixe de dar azos o vello.

    alvarez

    23 Out 08 at 4:27 p.m.

  11. oia, Álvarez, un respecto dentro do cariño. Que para dar choutos e berrar aínda estou, todo depende de quen toque.

    sHs

    27 Out 08 at 6:23 p.m.

  12. Diga que sí! Terra Chá, Terra Cháaaa…!!!

    cansendono

    28 Out 08 at 2:45 a.m.

  13. Meu deus,revival habemus.Que vena alguén co botiquín,por se ascaso….

    Alfonso Pardo

    28 Out 08 at 9:21 p.m.

  14. Arredemo e agora son os Led Zeppelin os que queren voltar! Boas novas…..alomenos para a Seguridade Social.

    Alfonso Pardo

    29 Out 08 at 4:50 p.m.

  15. E andan a procura de cantante…hummmmm, que me aconsella, Álvarez, presentarme ou non ó casting?

    sihomesi

    29 Out 08 at 5:53 p.m.

  16. como o quero ben digolle que si, porque cos cartos que ia levantar teria para a reanimación e ainda para o marcapasos. Outra cousa sería co seu exgrupo, que, ou estou talmente errado, ou non creo que lle dea a reaparición nin para os cubatas. Menos mal que o Sr. Pardo tamen o ten a ben e non quere que faja o ridículo como eses dinosaurios que tocan para outros acabados que ainda pensan que ainda son mociños…meus pobriños.

    alvarez

    29 Out 08 at 8:00 p.m.

  17. Because of reading your blog, I decided to write my very own. I’d never been interested in keeping a blog until I saw how fun yours was, then I was inspired!

    fheifhei

    10 Feb 11 at 2:53 p.m.

  18. Greetings, super job, basically wasnt so busy with my research work I just read your full blog. I must say i need to express gratitude!

    Devin Mangum

    7 Set 11 at 4:22 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site