Arquivo: Novembro, 2008
Cruzar os dedos
Hai seis anos por estes días, primeiro tamén morreron dúas anciáns nunha casa na Coruña, e por culpa dun televisor. Estas, as de hoxe, faleceron asfixiadas polo cortocircuíto xerado no televisor da sala, e aquelas estaban vendo a tele cando o contrapeso dunha grúa levou a parte da sala na que elas estaban, e logo pasou o que pasou.
Queridos e-lectores
Hai uns días, publiquei unha reportaxe sobre os blogs dos políticos -o título orixinal era o deste post- e, curiosamente, quitada unha excepción ningún dos mencionados fixo a máis mínima referencia, que eu saiba, do asunto. Momento para a reflexión: ou a ningún lle gustou, ou a prensa escrita non vai chegar nin ó 2020 que o experto Martínez Albertos fixaba hai dez anos para a súa desaparición. (Paradoxicamente, a noticia tivo máis dun milleiro de visitas).
Como Madrid, nada
Ás veces, poucas pero veces, non sei se fixen ben non quedándome a vivir en Madrid. Claro que desde que residín alí ata agora producíronse fenómenos fondamente desagradables como a pobreza e a marxinalidade extremas ou Esperanza Aguirre, pero un a un, os madrileños son agradables, e as cañas están ben tiradas -aínda que non sexan Estrella- e algunha que outra cousa. Pero sobre todo, miren que o pasan ben agora en Madrid os do meu gremio. Por exemplo, o caso de Sor Maravillas, ou Santa María Maravillas, virxe, que é o nome canónico (e que por certo, parécese un pouco a Zaplana).
Corrupción civil
As sociedades teñen o urbanismo que merecen (máis ou menos), é a tese central da columna quincenal en EL PAIS. A tese lateral é a creación de ecoloxistas desde o poder
O sexto
Tal día como hoxe hai seis anos, que é como se empeza canonicamente a escribir das efemérides, andaba un barco de acó para aló, vertendo fuel. Que queren que lles diga que vostedes non saiban. Cada un que escolla as súas imaxes preferidas do imaxinario que todos temos do Prestige. Para o que son os tempos estes, que devoran os acontecementos como un adolescente pipas, é ben curioso que aínda esteamos a recordar o tema. Non recordo celebración ningunha, máis aló do preceptivo primeiro ano, por exemplo do Cason, nin do Aegean Sea (que aquí demos en chamar Mar Egeo). Quizais porque o do Prestige foi distinto. Xa saben, que cada un escolla etc.
Ganamos!
Sempre se dixo que a vitoria ten cen pais e a derrota é orfa, pero poucas veces con tanta exactitude como nas eleccións dos EEUU. En España, ese sitio onde nunca ningún partido perde unha elección, porque sempre hai un referente a man sobre o que se mellora, o presidente electo logrou concitar o consenso alborozado de todos os que o resto do ano andan como o can e o gato. Unha mención de Obama –xa non digo unha foto- faría feliz a calquera político, e polo mesmo, xa hai quen se refocila co dato de que a primeira rolda de chamadas que fixo o aínda non estreado presidente norteamericano ós outros (pero menos) líderes mundiais non incluíra a Zapatero. A ver canto dura todo.
Manolo o contratista
Criticas e suxestións para a estratexia política do PP de Galicia.
Sabíao!
Non é elegante que o diga, pero xa me parecía a min
Gana Obama?
Eu tamén penso que vai saír Barak Obama, naturalmente. Hai que ser un conservador moi encalecido (ata Fraga aposta por Obama) ou un antisistema moi disparatado para querer que gane McCain. Claro que estamos en Europa, e desde aquí vense as cousas doutra maneira, como á espera de recibir un labazada ou unha caricia do irmao maior. De aí que falemos do tema. E todos preferimos que non sexa labazada. Pero alí, onde as dan, as cousas son distintas, ademais de raras.



