Comentarios en: Gana Obama?

Por: sihomesi
Home, a bote pronto e falando por falar (e polo que se le por aí adiante), todo o que non suma, resta.

Por: Cesare
Pois Palin creo eu que non foi tan desastrosa prá súa campaña (falo por falar) e dáme no fío do lombo que lle pasa un pouco como a Gallardón. É dicir, cantas persoas que realmente ían votar por McCain trasacordaron por culpa da Palin? Eses que din que votaron a Obama por culpa da Palin non son os mesmos que din que votarían por Gallardón se se presentase a presidente, pero que mentres tanto votan PSOE?

Por: Chuzas
Non me sexa tan retranqueiro, sihomesi. Era só unha aposta temeraria do típico “loser”. Pra xogar sempre ten que haber algún vaqueiro. Se todos nos travestiramos de indios (ou negros)non habería xogo. Por certo, naqueles contos da miña infancia sempre me identificaba co explorador indio ao servizo dos soldados. Desprezado por estes e renegado para os outros. Quizáis me gustaba porque tentaba participar nos dous mundos e non atopaba acougo en ningún. Nunca me sentín cómodo cas explicacións simplistas e o maniqueismo facilón de bos e malos. Xa ve, a cousa ven de vello.

O que me amola e ter botado por fora estrepitosamente o penalty na Florida. O símil domingueiro co noso aburrido futebol non era nada axeitado. Debín telo en conta.

De calquera forma, as esperanzas as que aferrarse que eu propuña para os republicáns tampouco lle tiveran dado resultado. Según estou vendo, Ohio quedou lonxe para McCain, en Indiana perdeu e N. Caroline non ten ainda resultados definitivos. Ao fin, ainda ganando na Florida, Ohio, Indiana, N. Caroline e Georgia, no que eu baseaba as posibilidades para o vello, tería perdido igualmente. O oficio de augur semella que non é o meu.

Esperemos que sexa para ben. Quizais este país, que é coma un rapaz: tan dinámico, fachendoso e violento como forte, idealista e xeneroso, por contraste ca acomplexada, temerosa, resignada e esclerótica Europa, baixo a presidencia de Obama, sexa quen de iniciar un camiño cara un mundo mellor en moitos sentidos, que boa falta lle fai.

Queira Breogán que este home supere aquel noso escepticismo: “…pero que no fondo non penso que farían unha política moi diferente.”

E digo, con todos eses tolos americáns:  God bless Obama. God bless United States of América.

Saúdos

Por: sihomesi
Menos mal que a súa querencia “loser” quedou en querencia…

Por: Chuzas
O máis importante pra min ao respecto da elección presidencial nos Estados Unidos de América é a evidencia de que a pesares do noso antimericanismo (as enquisas din  que somos un dos países máis antiamericanos de Europa) o irmán maior (que non máis vello)exerce sobre nos unha fascinación co seu xeito de vivir, de actuar, de ser que nos engaiola loucamente. Tanto que ferve en nos o desexo de que gane “o noso Obama” pese a que “…no fondo non penso que farían unha política moi diferente.”

Ao fin, eu síntome fatalmente atraido por os “loser” (merda, estou posuído pola linguaxe ianqui dos telefilmes), pra min isto é como o partido do domingo e casi sempre confio na sorpresa contra do favorito.

A diferencia en votos non é importante, o importante é os lugares onde se produce (GW Bush tivo menos votos nas últimas, creo), e o efecto Bradley ese vai funcionar máis do previsto. Saberémolo cedo. En Florida a victoria republicana é segura. Se consegue ganar en outros estados do leste dubidosos coma Ohio, Georgia, N. Caroline e Indiana, ganará McCain.

Saudiños agoiros.