Sabíao!
Non é elegante que o diga, pero xa me parecía a min
"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)
Non é elegante que o diga, pero xa me parecía a min
Escrito por sihomesi
4 de Novembro, 2008 ás 11:30 p.m.
Gardado en Matrix Press,Xeral
RSS dos comentarios
The Journalist template by Lucian E. Marin — Built for WordPress

Home, é que esas apostas son sobre seguro, amiguiño. Nunha destas o noso Paco argalla un par de milagres coruñeses e testificados e retorna do Vaticano caseque beato.
Chuzas
5 Nov 08 at 12:35 a.m.
O galeguista marquiños non sabe que facer para sair nos peródicos, a vindeira a ser a miss terceira idade; primeiro una fase previa por barrios e logo a final na praza de maría gallina e senón ó tempo jajaja.
faes y de las jons
5 Nov 08 at 10:56 p.m.
Sobre todo na Opinión, onde lle publican todo
fungueiro
5 Nov 08 at 11:23 p.m.
Mimá…! É metafísicamente imposible ser máis rancio e balorento ca estes aspirantes a bisagristas sen carteira. Pregúntome cantos votos han necesitar de entre a curuñesería para acadar as súas abxectas finalidades. A sospeita prodúceme unha mestura de vértigo, noxo e angustia.
cãosemdono
6 Nov 08 at 1:16 a.m.
Os coruñeses non premidados non deben de ser «coruñeses de toda la vida», senón de «pouca vida». En todo caso, ese «De toda la vida» sóname a «aquí (en La Coruña) toda la vida de Dios se hiceron así las cosas», «no sabe con quién está usté hablando» ou «Todo para la Coruña, y para los demás sarna».
Cumpriría reeditar, actualizándoa, aquela biografía «non autorizada» de Francisco Vázquez, publicada por Luis Pita e Primitivo Carbajo en 1993: Paco Vázquez: A pegada dun príncipe. Xa só o Dopeso, na súa traxectoria pre- e post-constitucional, daba para un capítulo, así como a camándula de bingueros, construtores e monaguillos que serviron fielmente ao alcalde.
marcel swann
6 Nov 08 at 7:58 p.m.
Por un caso deses, de amistades perigosas do alcalde, fun eu a declarar a un xulgado de Madrid.
sihomesi
7 Nov 08 at 11:06 a.m.
Cona, Pereiro, para cando unha crónica ou un «comadreo» sobre tan alta ocasión?
cãosemdono
7 Nov 08 at 9:55 p.m.
Non estiven alí, e son tan clásico que considero esa circunstancia un argumento que me exime de facelo.
sihomesi
7 Nov 08 at 11:29 p.m.