Cruzar os dedos
Hai seis anos por estes días, primeiro tamén morreron dúas anciáns nunha casa na Coruña, e por culpa dun televisor. Estas, as de hoxe, faleceron asfixiadas polo cortocircuíto xerado no televisor da sala, e aquelas estaban vendo a tele cando o contrapeso dunha grúa levou a parte da sala na que elas estaban, e logo pasou o que pasou.



boas! gustoume velo defendendo o colexio do cardenal
raíz_verde
27 Nov 08 at 11:34 p.m.
…e toquemos madeira e collamos a patiña de coello. Mira que es agoireiro!
folerpa
28 Nov 08 at 11:10 a.m.
1.- Si tivo mérito tendo en conta de que alí pasaron algúns dos peores momentos da miña vida, pero o edificio non tiña a culpa.
2. Tranquilo, xa pasou. Curiosamente, tamén aqueles días, como agora coleaban noticias miúdas sobre as indemnizacións do desastre anterior
sihomesi
28 Nov 08 at 7:32 p.m.
… e facía un tempo tan malo coma o destes días, ademais de que en Xuventudes Socialistas de Galicia estabamos en época precongresual, como agora. Cruzaremos os dedos, pois
Iván Puentes
29 Nov 08 at 2:34 p.m.
Tranquilos todos. A liga 2002/03 gañouna o Madrid. Segundo quedou a Real Sociedade, terceiro o Depor e cuarto o Celta.
Cesare
3 Dec 08 at 12:56 a.m.
Real Sociedade… Celta… de qué me sonan
bouzafria
3 Dec 08 at 11:58 a.m.