Arquivo: Decembro, 2008
Aforro e glamour
As comidas de Nadal
Quizais sexa o candor que alaga estas datas entrañables, pero considero que somos tremendamente permisivos cos excesos. Con todos. Os primeiros, os nosos propios, como as ceas, xantares e pinchos de Nadal. Unha desas tradicións relativamente recentes que xa se fixeron de ferro colado. Tan férreas que non coñezo practicamente a ninguén que zafe das enchentas. Eu teño que confesar que o xoves pasado tiven unha copita institucional ás 13,00, un xantar de pinchos non menos institucional ás 14,30, e logo dei asistido a un xantar de colegas de traballo ás 15,45. Rematei ás 18,00 e logo tiven que coller ruta cara Compostela para a cea da empresa, e ó día seguinte, outra paparota institucional.
Tí á eurrorexión, eu á área metropolitana
Aquí á análise-de-saír-do-paso sobre a batallita Vigo Coruña á que se refería Julián nun comentario anterior
Os outros dereitos humanos
Estes días celebrouse unha destas conmemoracións importantes que tanto alegran ós responsables de magazines e reportaxes pensados con tempo. O 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas, dos dereitos humanos, dito sexa co mesmo aforro sintáctico co que os taxistas da Coruña chaman “los derechos de la mujer” ó primeiro Centro de Información e Asesoramento da Muller que se creou na cidade.
Parental Advisory?
Arquitectura tanatoria
Advertencia previa: esta columna pode ferir gravemente a súa susceptibilidade se é veciño, sobre todo propietario recente e hipotecado, dun deses edificios novos chapados en pedra e con balcóns de forxado negro. As consecuencias nese caso poden ir desde: 1.Caer nunha grave depresión. 2. Deixarse levar polo impulso de mandar unha carta ó director esixindo que prescinda inmediatamente de colaboradores coma min que atentan contra os sentimentos dos lectores. 3. Que experimente un desexo irrefreable de dicirme á cara o que pensa de min ou partirma directamente. Se non fai caso desta advertencia e como consecuencia diso se ve afectado por algunha destas patoloxías, rogaría que a súa orde de preferencias fose precisamente o indicado: 1, 2 e 3. Que conste que o avisei. Procedo.
Eles e nós, ou onde poñer o ollo
O meu contributo quincenal ás letras españolas. Unha historia de centrífugos, centrípetos e estrábicos
O que valen as vidas
O outro día tiven que cumprir cun compromiso que levaba adiando todo o posible, porque era un trago. Falar en nome do colectivo profesional coa familia de José Cendón, secuestrado en Somalia, pra mostrarlle o noso apoio moral -cal, senón?- e poñernos á súa disposición para o que poidamos axudar, pouco ou nada, para que nos imos a enganar, quitado o de seguir petando e non deixando que esa porta se peche ante outras prioridades da actualidade. Tendo en conta que están pegados ó teléfono, e que as únicas chamadas que lles deben interesar entre os centos que reciben son as que lle fan desde o Ministerio de Exteriores (“chamáronnos hai pouco, á tardiña”), foron, a nai en concreto, extremadamente amables, e quen acabou cun nó na gorxa fun eu. Sobre todo ó colgar e pensar no que vale para cada quen unha vida.

José Cendón / France-Presse Hospital psiquiátrico de Burundi (Premio World Press Photo 2006)





