si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo: Xaneiro, 2009

A precampaña promete (ou a advertencia de Lord Chesterfield)

10 comentarios

O meu contributo quincenal a mellorar o discernimiento dos castelán-lectores, que imaxino que seguirá sendo un tempiño de tema electoral…

Escrito por sihomesi

29 de Xaneiro, 2009 ás 10:42 a.m.

Obamanismos

7 comentarios

Oian, eu tamén quero falar/escribir de Obama, que para iso é un tema de candente actualidade e para iso papei a toma de posesión toda, repeticións e momentos máis significativos e anecdóticos incluídos. Escoiteino pola radio, vino pola tele e lino ó día seguinte nos xornais. Eu tamén asistín afervoadamente, tamén fun protagonista, aínda que de forma vicaria e a cuberto, dese momento épico e lírico. Un acontecemento máis da Historia no papo, prezados lectores.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

28 de Xaneiro, 2009 ás 12:10 p.m.

Gardado en Si home si

Tags: , ,

O tráxico xogo dos X erros

6 comentarios

O xogo das diferenzas (ou das semellanzas). Deutschland Uber Alles, unha serie fotográfica comparativa entre o que pasa en Palestina e o que pasou en Alemaña, tirada da web de Norman Finkelstein, coñecido intelectual norteamericano xudeo antisionista.

Escrito por sihomesi

21 de Xaneiro, 2009 ás 12:41 p.m.

Gardado en Xeral

Tags: , , , ,

Experiencia basta

2 comentarios

bastante basta, a verdade

Escrito por sihomesi

20 de Xaneiro, 2009 ás 7:18 p.m.

Sansón e Cendón

3 comentarios

Gaza foi a cidade á que os filisteos levaron preso a Sansón, logo de que Dalila lle quitara a forza rapándoo, e o meteron a dar voltas á roda dun muíño, e onde logo fixo a desfeita que fixo. «Cego en Gaza, na nora cos escravos», escribiu o poeta inglés John Milton. A actual demostración de forza bruta que fai o Estado de Israel contra o millón e medio de persoas atrapadas nese lugar pechado a cal e canto non ten nada de vinganza histórica, pero si de darlle voltas de forma cega á roda universal da infamia. Bombardear un territorio e causar un milleiro de vítimas para castigar os ataques procedentes de alí, que nun par de anos provocaron media ducia de mortos é como se o exército español cercara a comarca guipuscoana do Goierri e a canoneara polo feito de que a grande maioría dos seus habitantes son abertzales.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

19 de Xaneiro, 2009 ás 2:05 p.m.

Consellos aos candidatos

7 comentarios

Onde aproveito o meu espazo quincenal en EL PAIS para reciclar as miñas experiencias persoais en consellos para os candidatos a ocupar Monte Pío

Escrito por sihomesi

15 de Xaneiro, 2009 ás 11:24 a.m.

Gardado en El País

Tags:

E-ducados

9 comentarios

Nunca pensei verme nestas, de verdade. Dando consellos en público, ou peor aínda, normas do que antes se chamaba urbanidade. Pero igual que a proliferación dos coches motivou que se implantaran algunhas regras (ir sempre por una man, deixando a metade da vía para os que veñen pola contraria) a chea de trebellos electrónicos que manexamos impón que se sigan uns comportamentos mínimos. E non caio no feo vicio de dicirlle ós demais o que deberían facer porque pense que é unha obriga cívica. A min, todos os que nos aeroportos, en canto chegan ó sitio de coller as maletas, prenden o aparato, din “oyé, que ya llegué”, e comezan a radiar o proceso ata que collen o taxi ou ata que o deixan, tanto me teñen. Se non coñecera ás empresas operadoras, mesmo abrigaría a esperanza de que a existencia dese tipo de usuarios supuxera unha baixa das tarifas para os demais. O meu é por puro egoísmo: amólame tanto que coman diante de min coa boca aberta como que berren ó meu lado polo móbil.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

12 de Xaneiro, 2009 ás 9:47 p.m.

Gardado en Estoume quitando

Rebaixas que debería haber

5 comentarios

Estes días, quen máis ou quen menos anda atafegado procurando oportunidades, ou laiándose por ter saído do Nadal sen carto ningún para aproveitar agora as gangas, ou cando menos fíxase nos escaparates a ver que se salda. Eu non dubido da experiencia e sabedoría do sector do comercio á hora de enfocar o asunto. Ao fin e ao cabo, acabamos picando todos. Pero a min paréceme que un fenómeno económico e social de tal magnitude como é das rebaixas, está aínda por desenvolver en todas as súas potencialidades.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

10 de Xaneiro, 2009 ás 10:20 p.m.

Gardado en Si home si

Tarde de compras e conferencias

19 comentarios

Non saberán, por casualidade, onde podería atopar un deses teclados -musicais, non de ordenador- que se envolven como unha toalla ou unha manta? É para unha necesidade da que se farán cargo, similar a moitas das que seguro teñen ou terán vostedes, quitado que sexan papanoelistas pechados, misántropos que non teñan trato con ninguén nin queiran telo, ou eses tipos aínda máis raros que o teñen todo previsto e amañado un mes ou quince días antes da data correspondente. Eu son dos de última hora, e así puiden asistir a un deses espectáculos inenarrables, cheos de luz, color e tensión emocional que a humanidade nos ten reservado ós habitantes de certas zonas cualificadas como de civilización occidental e cristiá, segundo uns, ou do consumo, para outros.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

6 de Xaneiro, 2009 ás 9:52 p.m.

Gardado en Si home si

Acabouse o que se daba

3 comentarios

Creo que xa lles teño dito que os consellos paternais cos que me enfrontei ós problemas da economía, versión micro ou macro, foron «fillo, nunca lle debas a ninguén, e nunca compres a prazos». Así que imaxinen como me vai con semellante background sobre o mundo da finanza. Pero chéganme e sóbranme para afrontar o resumo do ano que todo columnista ordenado adoita facer por estas datas. Se fose un titular, podía ser: «O ano en que descubrimos a Obama e que os ricos tamén son parvos», pero será máis exacto -aínda que menos periodístico- este outro: «O ano en que descubrimos que o famoso mercado non existía e que non había alternativa».

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

1 de Xaneiro, 2009 ás 11:59 p.m.

Gardado en Xeral

Switch to our mobile site