si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo Xaneiro 1st, 2009

Acabouse o que se daba

3 comentarios

Creo que xa lles teño dito que os consellos paternais cos que me enfrontei ós problemas da economía, versión micro ou macro, foron «fillo, nunca lle debas a ninguén, e nunca compres a prazos». Así que imaxinen como me vai con semellante background sobre o mundo da finanza. Pero chéganme e sóbranme para afrontar o resumo do ano que todo columnista ordenado adoita facer por estas datas. Se fose un titular, podía ser: «O ano en que descubrimos a Obama e que os ricos tamén son parvos», pero será máis exacto -aínda que menos periodístico- este outro: «O ano en que descubrimos que o famoso mercado non existía e que non había alternativa».

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

1 de Xaneiro, 2009 ás 11:59 p.m.

Gardado en Xeral

Switch to our mobile site