Arquivo Xaneiro 6th, 2009
Tarde de compras e conferencias
Non saberán, por casualidade, onde podería atopar un deses teclados -musicais, non de ordenador- que se envolven como unha toalla ou unha manta? É para unha necesidade da que se farán cargo, similar a moitas das que seguro teñen ou terán vostedes, quitado que sexan papanoelistas pechados, misántropos que non teñan trato con ninguén nin queiran telo, ou eses tipos aínda máis raros que o teñen todo previsto e amañado un mes ou quince días antes da data correspondente. Eu son dos de última hora, e así puiden asistir a un deses espectáculos inenarrables, cheos de luz, color e tensión emocional que a humanidade nos ten reservado ós habitantes de certas zonas cualificadas como de civilización occidental e cristiá, segundo uns, ou do consumo, para outros.


