A raíz do número de visitas (e de protestas) que xerou esta reportaxe sobre que fará a nova Xunta coa Cultura, ou coa cultura, ocurriuseme que quizáis fose un tema de debate.
Non provoque… non provoque… que despois pasa o que pasa.
Acredito con vostede na análise e temores que suscita o próximo goberno, e non unicamente na área de Cultura. Tamén en Educación. E nos Servizos Sociais… e en todas as áreas de goberno. Realmente creo que nin eles saben aínda o que van facer porque a victoria resultoulles totalmente inesperada.
A xestión da Consellería de Cultura (con algúns erros lametables sobre os que non paga a pena entrar aquí e agora, pero que deberían ser obxecto de análise autocrítica no BNG para aprender cara o futuro) tivo aspectos moi positivos, como foi o esforzo de proxección externa. Foi lamentable o eco logrado polas demoledoras e demagóxicas críticas interesadas (feira de La Habana…) e o escaso apoio público que se lle deu á conselleira ante este tipo de ataques por aqueles que tiñan máis obriga de facelo.
Agora toca o que toca: reclamar coherencia e continuidade nas accións positivas iniciadas; estar vixiantes e denunciar o retorno de vellas prácticas no caso no que se produzan; e manter unha actitude crítica co poder, tal coo ven sendo caracterítico dos intelectuais desde o século XIX.
Lino con moita atención, porque eu creo que o que vén aí é unha nova etapa de perezvarelismo, de carmiñas buranas e cousas polo estilo. O peor é que teño a certeza de que iniciativas que a administración anterior puxo en funcionamento, como a Axencia Galega do Audiovisual, a Rede Galega de Música ao Vivo, de locais de ensaio etc., que fomentaban sobre todo a cultura de base, van ir desaparecendo. Como dixo Ramón, a anterior consellería tivo cousas boas, pero as críticas que recibiron tampouco foron en balde. Recibir un departamento absolutamente hipotecado como o que eles colleron, evidentemente, complica moito o asunto da xestión, pero moitos tiñamos outras expectativas que se viron nalgúns sentidos defraudadas. Agora ben, chegan tempos peores. A definición de Bragado do megaconselleiro que recolliches na reportaxe, é reveladora.
A Consellería de Cultura foi,con diferencia,a máis:
1.De esquerdas
2.Galeguista
3.Integradora e transparente.
De xeito estrano,na campana electoral o BNG non falou diso e insistiu: A.Nas moitas vaquinas(explotacións) que trouxera e eb que o agro galego estaba que rachaba.
B.No ben que estaba a regulamentar a industria,cousa que fixera que moitos empresarios sexan agora dos nosos.
C.O ben que estábase levando agora o chou da construcción.
Todo isto a min non me parece mal,aínda que sexa ben certo que a ideoloxía destas mensaxes pode asinarla tanto o PSOE como o PP.O malo foi que non se complementaran estas mensaxes…
De xeito estrano na campana electoral non se falou:
A.Da chegada da Democracia ao Pazo de Meirás(Despois de 70 anos)
B.Do traballo feito por desenvolver o deporte galego.
C.Da proxección exterior da nosa cultura.
D.Da dignidade institucional amosada cando se lle esixía que fora do ganchete co ministro en inaguracións de bibliotecas pantasmas.
Ao redor da Bugallo 5 larpeiros do poder foron levantando un muro de ruxerruxes e (o que é peor)de silencios.Normal.Boa xestora e impecable consistencia ideolóxica.Non se adicaba a conspirar a prol de mengano e contra perengano.
O misterio da desaparición das listas da Bugallo está aínda sen resolver.O que si sabemos e que o BNG perdeu moitos votos nas cidades e entre a xente nova….

Haberá quepedir subvención pra construir Plazas de Toros
Por aí poderedes facer corridas náuticas con quenllas…