si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Los Tres Soles del Faladoiro

15 comentarios

En resposta a unha enchente de peticións, queda aquí reproducido un dos vídeos máis bizarros (no sentido anglosaxón) da actualidade galega. Unha hemorraxia de polifonías, emoción e sana alegría a cargo do radiofonista Rial e os profesores Cancio e Marí Solera. (Letra de algún dos tres. Música de Luis Aguilé ou Palito Ortega)

Escrito por sihomesi

26 de Marzo, 2009 ás 7:03 p.m.

Gardado en Res Publica,Xeral

15 Comentarios to 'Los Tres Soles del Faladoiro'

RSS dos comentarios

  1. ¿Els hi passa sovint? Jo, de vostés, em preocuparia.

    allau

    26 Mar 09 at 9:54 p.m.

  2. Imposición, imposición. Nada de petición popular.

    Calidonia

    26 Mar 09 at 10:37 p.m.

  3. Falta María Ostiz. Ou mellor aínda, a tal Gloria Lago.

    cãosemdono

    26 Mar 09 at 11:37 p.m.

  4. A música, de Palito Ortega. Inenarrable o xeito de aplaudir do Cancio nos últimos segundos….. cuspidiño ao de Gorgorito, un títere que viña a Castrelos nos veráns da miña infancia e que remataba o espectáculo cantando aquilo de «té, té, teeeeee….. té, chocolate y caféeeeeee». O único que fallou foi que non aplaudira en pelotas, que houbera sido máis acorde cos seus antecedentes.

    eSedidió

    27 Mar 09 at 8:19 a.m.

  5. Será isto unha mostra da cultura que nos agarda nesta nova etapa de «libertad sin imposición»?

    Ramón

    27 Mar 09 at 8:25 a.m.

  6. #1 No pasa a menudo, Allau. Por lo menos no pasaba hasta ahora. Pero reconocerá que son mucho más graciosos que los tertulianos de la COPE

    sihomesi

    27 Mar 09 at 9:44 a.m.

  7. Que tomaron que eu tamén quero!

    Edu

    27 Mar 09 at 11:09 a.m.

  8. Aos tres comendadores do churrasco que regurxitan versos a trío: por favor, NON insulten a Palito Ortega.

    MS

    27 Mar 09 at 12:08 p.m.

  9. Deixando a un lado a inefable interpretación, penso que se debe ter moito ollo en permitir que calle na xente a «falsa» idea de que o PP gañou ao bipartito as eleccións en escanos -que non en votos (789.427 votos papaíños fronte aos 524.488 do PSOE e mais os 270.712 do Bloque)- por mor da chamada «imposición lingüística».

    Os resultados de Feijoo (subiu uns 3.000 votos) non son tan esmagadores como parece que nos estamos a convencer. Coido que foi a innegábel sangría de votos do bipartito (alzando e baixando, o PSOE perdeu 73.000 e o Bloque por volta de 44.000) a determinante da perda da Xunta. E hai que ter en conta, de primeiro, que o Bloque non dá estiñado a ferida -desque algúns «descubriron» o proxecto común- e volta para os resultados do 1993 e mais que, en segundo lugar, non todos os votos que baixou o PSOE foron para UPyD (23.445 votos).

    Permítanme facer política ficción: se o PSOE levase os mesmos votos mais o Bloque non baixase os tales 44.000, non habería goberno papaíño. Sinceramente, non penso que os descontentos co labor do BNG na Xunta estivesen movidos polo rexeitamento á «imposición do galego» e a loita pola «liberdade» estilo Galicia Pilingui.

    Saúdos.

    DePeixes

    27 Mar 09 at 2:24 p.m.

  10. Faga o favor de seguir nesta liña e poña mais post deste queridos ciudadanos que da josto velos disfrutar, Haber cando toma posesión o meu veciño para que poda pagar a contribusion e as multas do Concello vigues e sobre todo miralo na capital disfrutando cos seus correlixionarios todos ledos e pensando que nos deron unha tunda. Almiñas de dios..

    alvarez

    27 Mar 09 at 4:34 p.m.

  11. Se poidera poñer moitos post coma este, retirábame a blogueiro e deixábame de andar currando en cousas pretendidamente serias.

    sHs

    27 Mar 09 at 7:35 p.m.

  12. mellor sen audio… inenarrabel.
    Allau, un pracer ler unhas pingas de catalán por aquí (e que me disculpe o autor do blog, que so son un invitado)

    airadasenra

    28 Mar 09 at 10:04 a.m.

  13. :-O

    (sen palabras; permitame que lle roube o post unha vez máis)

    r.r.

    28 Mar 09 at 10:30 a.m.

  14. Tranquilo, r.r., non é meu. Mandáronmo por email e logo vino nunha chea de sitios

    sihomesi

    28 Mar 09 at 7:43 p.m.

  15. carallo, jastei o PRIMPERÁN !

    untalmarra

    31 Mar 09 at 7:51 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site