si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo Abril 5th, 2009

O G20 e outras marcas

5 comentarios

Supoño que verían, porque todo se acaba vendo, esa promoción de Tele5 na que se nos predican as bondades das marcas: «La marca es identidad, diversidad, color. La marca es libertad. Tele 5, con las marcas». Comprendo que hoxe se invoque a liberdade como argumento de venda de calquera cousa, desde as patentes de corso na economía ata as ideoloxías reaccionarias, pasando polos teléfonos móbiles. Pero non vexo a relación entre marca e liberdade, quitado a de escoller pagar ou non máis polo mesmo, dependendo da etiqueta que leve. E sobre todo, o que non acabo de pillar é quen ataca ás marcas para que unha cadea de televisión se poña a defendelas como se fosen unha especie en extinción. É como se Tele5 proclama que se solidariza coa lei da gravidade.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

5 de Abril, 2009 ás 7:22 p.m.

Gardado en Si home si

Switch to our mobile site