Cosmopolitismo publicitario
Look moderneras e ideas recicladas, para anunciar caspa (unha feira de mostras en apuros, promocionada en castelán) e co gancho dun chiste verde de barra de bar (e con erros de puntuación).
"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)
Look moderneras e ideas recicladas, para anunciar caspa (unha feira de mostras en apuros, promocionada en castelán) e co gancho dun chiste verde de barra de bar (e con erros de puntuación).
Escrito por sihomesi
27 de Maio, 2009 ás 9:46 a.m.
Gardado en Kinopravda,Matrix Press
Tags: all blacks, cosmopolitismo, Publicidade, semana verde, silleda
RSS dos comentarios
The Journalist template by Lucian E. Marin — Built for WordPress

Incríbel :-O
Calidonia
28 Mai 09 at 1:34 a.m.
Pero certo.
sihomesi
28 Mai 09 at 8:24 a.m.
Non pillo o do chiste verde. A mín sáenme uns tipos berrando unha Haka…..
En canto ao do español na propaganda, xa vin o tremendo cartel na Ponte da Pasaxe e case me esnafro co coche…. Ao final, tanto ten: vendedores de navallas de Albacete e tractores con GPS e autobuses de paisanos…. eu, a pesares de ser profesional do sector, non asisto ao evento hai polo menos 15 anos.
eSedidió
28 Mai 09 at 1:08 p.m.
eSedidió: «Ana lo está pidiendo a gritos»
sihomesi
29 Mai 09 at 8:43 a.m.
Ese tipo de semiótica publicitaria lémbrame unha moi arrevesada do Corte hai anos polo Nadal. Co lema «Pensando en ti» os Reis Magos, Papanoel, etc (todos homes) non facían máis que ENTRAR na cidade, na casa, pola cheminea…»pensando en ti», é dicir, que facía interpretar unha lectura implícita tipo «Entrando en ti» ou «pensando en entrar en ti». Era obviamente, moi sutilmente dirixido ás mulleres, que son as que fan os recados, e portanto as que principalmente compran os regalos de Nadal.
Alfredo Ferreiro
29 Mai 09 at 9:48 a.m.
Pois sigo sen pillalo….. Está pidiendo a gritos el qué? De verdade que estou tentando poñerme no pior, pero non hai maneira. Ou eu estou moi espeso, ou o publicitario é retorto demais ou o chiste é malo de pelotas
eSedidió
29 Mai 09 at 2:01 p.m.
Expreseime mal, chiste non é. Como suxire Alfredo, é algo subliminal (unha señora desaforada e descamisada, que «lo está pidiendo a gritos…» En canto ós precedentres, están aquel cabaleiro medieval, lanza en ristre, de Ajax («el más pooderooooso») e a Don Limpio e o seu coco pelado xa ve vale tamén.
sihomesi
29 Mai 09 at 2:49 p.m.
Ahh,que sería de nós sen esas mensaxes subliminais…….
Alfonso Pardo
29 Mai 09 at 4:22 p.m.
Vale con ajax, pero a referencia a don limpio (antes mr. proper) é raiano do patolóxico…. debería de tratar iso co seu sicoanalista
eSedidió
29 Mai 09 at 9:18 p.m.
A min paréceme algo esaxerado, pero é o exemplo que se cita nos estudios sobre o subliminal…
sihomesi
30 Mai 09 at 4:47 p.m.
Xa era hora de que se formase a seleccion galega de Rugby! Se esta e a resposta a Haka dos All blacks, non os preocupemos que hai partido. Os nosos intimidan tanto ou mais que os Kiwis!. Sabedes onde se xoga o partido? Bring it on!!!!!!!!!!!!!!
xesus
30 Mai 09 at 6:22 p.m.
Eeeeehhhhhhh, que xa hai selección galega de rugby…. meu fillo mediano era talonador da xuvenil, sen ir máis lonxe. E se o chego a ver berrando unha Haka lévoo a letxes ata casa…..
eSedidió
30 Mai 09 at 7:58 p.m.
Perdoa eSedidio, non sabia que xa habia unha. Sera que como non saen no youtube pensei que non existia
. Agora ben, tampouco ten que ser tan drastico. E cal seria a mellor resposta da equipa galega de rugby a Haka dos All Black? Un Aturuxo?
xesus
30 Mai 09 at 10:19 p.m.