si home si

"El gallego no es ni un idioma, fue un invento de Pepe Domingo Castaño" (Intereconomía)

Arquivo: Xuño, 2009

A Torre patrimonial

4 comentarios

Eu sempre procuro ser pesimista, porque así o que acaba pasando é mellor, ou polo menos igual, do que eu pensaba que ía pasar. Son un pesimista preventivo que xa imaxinaba, por exemplo, que Djukic ía fallar o penalti que fallou. O que pasa logo aféctame o mesmo, pero non levo sorpresa desagradable ningunha. Así que coidaba que era ben difícil que a Torre de Hércules acabara sendo designada Patrimonio Cultural da Humanidade. De feito, houbo autoridades do ramo que puxeron por escrito as razóns polas que non o ía ser nunca. E autoridades que agora sacarán peito celebrando o título, como pasa sempre. O curioso é que, sacara a designación adiante ou non, o faro de Monte Alto é –tamén– un símbolo de como se fan as cousas por aquí.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

29 de Xuño, 2009 ás 10:58 a.m.

Tradición e modernidade conxugal

11 comentarios

Noivos

Matrimonio rural

[escaparate de fotógrafo en Monforte]

Escrito por sihomesi

24 de Xuño, 2009 ás 4:54 p.m.

Será por cartos

5 comentarios

En contra da opinión maioritaria, a min pagar 94 millóns de euros por contratar a Cristiano Ronaldo non me parece mal. E non precisamente porque sexa madridista. Nin polas razóns do chiste dos de Bilbao que discuten os 20.000 millóns de pesetas que custou o Guggenhein e conclúen: “bueno, si mete goles…” De entrada, non comparto a validez desas comparacións de cantos hospitais se poderían construír, ou cantos vellos atender como se debería, coa cantidade de cartos que meteu o Real Madrid en comprar a Ronaldo III. Todos os domingos hai xente que gasta nunha entrada de fútbol un diñeiro que permitiría vivir un mes enteiro a unha familia de Burkina Faso, sen que se lle reproche nada. Tampouco vexo relación entre a situación de crise e o contrato deste Ronaldo, sucesor daquel outro Ronaldo calvo e do Ronaldinho dos dentes. Quen se queira indignar cos beneficios que sacan algúns no medio da miseria dos demais, ten unha chea de obxectivos a maiores deste. Eticamente, gastar 162 millóns en dous contratos –e o que veña- é unha desfachatez, pero o que a min me amola é o que ten de trato desigual.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

22 de Xuño, 2009 ás 7:25 p.m.

Canto galego está disposto a aturar?

14 comentarios

Ese é obxectivo da consulta da Consellería de Educación, na miña particular -pero compartida- opinión.

Escrito por sihomesi

18 de Xuño, 2009 ás 8:26 a.m.

Gardado en El País

“Cordialmente, José María Aznar”

6 comentarios

Unha hora co líder de Occidente

Escrito por sihomesi

16 de Xuño, 2009 ás 8:59 a.m.

Gardado en El País

Tags:

E pur si parla

10 comentarios

O galego na Coruña. E en Vigo.

Escrito por sihomesi

14 de Xuño, 2009 ás 7:13 p.m.

Gardado en El País

Tags: , ,

Reunión de pastores no Parlamento

sen comentarios

Na política sempre son máis agradecidos mediáticamente os desacordos que os acordos (os trasacordos nunca aparecen, porque non hai tempo de consultar se o que agora di Digo antes dixo Diego). Por iso os acordos que o Parlamento galego adoptou por unanimidade esta semana non tiveron a relevancia debida, pese á súa evidente importancia. Por exemplo, o de que Galicia avance na creación dunha Axencia Tributaria Galega, a reclamación da transferencia das autoestradas e elección do consello da CRTVG.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

13 de Xuño, 2009 ás 11:26 a.m.

The Big Brother

3 comentarios

Toma de posesión Obama

Esta foto da toma de posesión de Obama foi tomada cunha cámara robot de 1.474 megapixeles. Pódese identificar a cada persoa que sae nela.

Escrito por sihomesi

12 de Xuño, 2009 ás 9:09 a.m.

Gardado en Kinopravda

Tags: ,

Diabetes

4 comentarios

diabetes

Chega con solidarizarse?

Escrito por sihomesi

10 de Xuño, 2009 ás 9:48 a.m.

Gardado en Kinopravda

Televisións cruzadas

2 comentarios

Hai un termino na industria cultural que é o crossover (fusión, ou mestura). Orixinalmente referíase ós músicos que facían unha canción nun idioma distinto ó habitual, como os melódicos italianos que cantaban en español nos anos 60 e 70, ou os cantantes latinos que facían discos en inglés. Logo pasou a definir a aquelas composicións fillas de orixes distintas, como a “mestizaxe” famosa (flamenco e pop, por exemplo) que de tan omnipresente como se fixo acabou sendo un xénero en si mesmo. En televisión, que é ó que vou, o crossover é cando personaxes dunha serie interveñen -como tais, non os actores- nun episodio doutra. Os exemplos clásicos da televisión recente son a participación de Horatio de CSI Miami nun dos primeiros capítulos de CSI New York, e o cruce de aparicións de Grissom en Sin Rastro e Malone en CSI Las Vegas. Este mércores pasado Iñaki Gabilondo e Andreu Buenafuente inauguraron o xénero na televisión española (porque que Rodolfo Chikilicuatre, un produto de La Sexta, ganase un concurso de TVE1 foi un crossover hostil) .
Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

8 de Xuño, 2009 ás 9:42 a.m.

As europeas a bote pronto

11 comentarios

Non sei que lectura das eleccións ó Parlamento Europeo farán os líderes políticos desde esta noite, pero a miña está clara desde que lle puiden botar un ollo ós resultados na web do Ministerio. Ganou o PP en toda España. Subiu apenas un 1%, pero o PSOE baixou un 5%. IU baixou medio punto, e UPyD fíxose con 446.000 votos (un 2,88%), confirmándose como un partido patriótico netamente madrileño (en Madrid obtivo 155.000 votos, e a única provincia onde superou os 20.000 votos foi Valencia, seguido de Sevilla, Asturias e Alicante).

En Galicia, aínda que teoricamente só subiu dous mil votos (á espera do voto de residentes ausentes, que daquela foran 25.000), o PP volveu ter porcentaxes fraguianas (do 47,2% nas anteriores subiu ó 50,7% de agora, 55% en Ourense).

O PSOE (desta vez non se pode falar de PSdeG) baixou dous puntos e  45.000 votos (á espera do RAE, que hai cinco anos foran case 34.000). Quizais boa parte do apoio electoral socialista foise a UPyD (14.000 votos) pero a ningunha outra parte: IU baixou 3.000 votos (só tivo 500 máis ca UPyD).

O BNG baixou tres puntos e 40.000 votos (a metade na provincia da Coruña), e aquí o RAE pinta pouco, porque nas anteriores achegaran 2.600 votos). Tampouco os votos se desviaron a parte ningunha, porque Iniciativa Internacionalista sacou 3.400 votos, pouco máis do dobre que sacara Nós-UP en 2004.

Logo hai cousas curiosas, como que Extremadura Unida sacou o dobre de votos en Madrid (1.200) ca en Badaxoz. PREPAL (Salamanca-Zamora-León) tivo tantos votos en Madrid como en León, e máis en Barcelona ca en Zamora ou Salamanca. Andecha Astur sacou 700 e pico votos en Asturias e 100 en Galicia. A metade dos 20.000 votos que levou a formación de extrema dereita máis votada, Alternativa Española, sacounos en Madrid.

Escrito por sihomesi

7 de Xuño, 2009 ás 11:35 p.m.

Gardado en Res Publica

IV Ano triunfal, ou non

24 comentarios

Hoxe, isto cumpre catro anos, máis de 600 posts e non sei (souben, pero non sei onde mirar) cantos comentarios desta selecta audiencia que tanto me quere e á que tanto quero, responsable final de que persista neste labor tan gratificante como improductivo. (Lista de vodas de sihomesi, no Corte Inglés).

Escrito por sihomesi

5 de Xuño, 2009 ás 9:24 a.m.

Gardado en Non sei eu...

Tags:

O futuro da información

8 comentarios

Reflexión gremial. E outra sobre A caixa negra, que me pediron e non se publicou:

En primeiro lugar, non estamos a falar do lóxico dereito de calquera responsable dun medio de elixir que tipo de programación quere, senón de emitir un programa ou non segundo os temas que trate, e sen velo. En segundo, habería que despexar a certa confusión que hai sobre as razóns aducidas para a non emisión do programa, ou do adiamento da súa emisión. Se foi unha consideración sobre a delicada situación do sector gandeiro, a tal situación non parece que vaia cambiar en quince días ou un mes, e a crise do sector non ten nada que ver coa xa pasada das vacas tolas. E en segundo, se se toma esa decisión sobre un feito histórico, aínda que sexa da historia recente, que equilibrios non vai haber cando se trate dunha reportaxe sobre asuntos de actualidade? Se se fixo pola petición dun sindicato, é de agradecer a toma en consideración das opinións da sociedade civil, pero a maneira de facelo é incluir esas opinións, non retirar a reportaxe. A maiores, a decisión non é moi hábil desde o punto de vista profesional, porque pon no punto de mira un programa que ata o de agora non tiña connotacións políticas, como non as tivo a anterior reportaxe sobre o Cason, no que a Administración  daquela -socialista- quedaba bastante malparada.

Escrito por sihomesi

4 de Xuño, 2009 ás 8:19 a.m.

Actividade na Eurocámara

6 comentarios

Escrito por sihomesi

2 de Xuño, 2009 ás 8:52 a.m.

Gardado en Kinopravda,Res Publica

Switch to our mobile site