As europeas a bote pronto
Non sei que lectura das eleccións ó Parlamento Europeo farán os líderes políticos desde esta noite, pero a miña está clara desde que lle puiden botar un ollo ós resultados na web do Ministerio. Ganou o PP en toda España. Subiu apenas un 1%, pero o PSOE baixou un 5%. IU baixou medio punto, e UPyD fíxose con 446.000 votos (un 2,88%), confirmándose como un partido patriótico netamente madrileño (en Madrid obtivo 155.000 votos, e a única provincia onde superou os 20.000 votos foi Valencia, seguido de Sevilla, Asturias e Alicante).
En Galicia, aínda que teoricamente só subiu dous mil votos (á espera do voto de residentes ausentes, que daquela foran 25.000), o PP volveu ter porcentaxes fraguianas (do 47,2% nas anteriores subiu ó 50,7% de agora, 55% en Ourense).
O PSOE (desta vez non se pode falar de PSdeG) baixou dous puntos e 45.000 votos (á espera do RAE, que hai cinco anos foran case 34.000). Quizais boa parte do apoio electoral socialista foise a UPyD (14.000 votos) pero a ningunha outra parte: IU baixou 3.000 votos (só tivo 500 máis ca UPyD).
O BNG baixou tres puntos e 40.000 votos (a metade na provincia da Coruña), e aquí o RAE pinta pouco, porque nas anteriores achegaran 2.600 votos). Tampouco os votos se desviaron a parte ningunha, porque Iniciativa Internacionalista sacou 3.400 votos, pouco máis do dobre que sacara Nós-UP en 2004.
Logo hai cousas curiosas, como que Extremadura Unida sacou o dobre de votos en Madrid (1.200) ca en Badaxoz. PREPAL (Salamanca-Zamora-León) tivo tantos votos en Madrid como en León, e máis en Barcelona ca en Zamora ou Salamanca. Andecha Astur sacou 700 e pico votos en Asturias e 100 en Galicia. A metade dos 20.000 votos que levou a formación de extrema dereita máis votada, Alternativa Española, sacounos en Madrid.



A extrema dereita máis votada non foi a de Mayor Oreja?
ifrit
7 Xuñ 09 at 11:48 p.m.
Excluína por unha necesidade expresiva
sihomesi
8 Xuñ 09 at 12:07 a.m.
A única alternativa posible ao PP en Galicia sería unha nova coalición PSOE-BNG. Estas dúas forzas deben ter posicións políticas diferenciadas e facer unha política de oposición consecuente cos seus principios; pero os seus dirixentes (e militantes) deben ter claro que ao final deberán actar un programa mínimo común. Que non se equivoquen de adversario. Deben realizar unha política non sectaria e educar aos seus militantes na lealdade da cooperación alí onde co-gobernan. Caso contrario os resultados futuros poden ser catastróficos.
Ramón
8 Xuñ 09 at 8:46 a.m.
Discrepo. Alternativa? Ao PP?? En Galicia??? Naaaaaaa…
A única esperanza é que haxa alguén con sentidiño dentro do PP deiquí que lle pare os pés ao pijerío. Se non, imos de cú…… Bueno, e se sí, tamén, agora que o penso.
Coño, e facérmonos todos do PP, en plan piñeirista?
eSedidió
8 Xuñ 09 at 11:21 a.m.
Ademais desa boa ración de sentidiño para o “frijoleísmo”, sería convinte para Galicia (e para Europa…) que os partidos políticos decidan mirar e ver, sen filtros partidarios, o que se coce na “res pública”.
Xaquín
8 Xuñ 09 at 3:41 p.m.
O conto está francamente mal.Eu prefiriría non ler outra “autocrítica autoexculpatoria”do coronel Rodríguez.
Dende logo a mellor estratexia,con moito,a infiltración no PP.Nótase que eSedidió é un dos comentaristas decanos de sHs e sufriu o franquismo.En fin, tan mal o conto non vai ser.
Pobrísimo o estilo cuarteleiro de Guillerme Vázquez.(Como non podía ser doutro xeito sendo o sarxento chusqueiro do coronel Rodríguez).Aínda que pensándoo ben hai militares elegantes(oficial e cabaleiro etc).Estilo de chulo de taberna sería mas exacto.
Alfonso Pardo
8 Xuñ 09 at 4:22 p.m.
Eu, por quen o sinto (aínda que por outra parte me congratulo porque terá un escano ano e medio) é por Ana Miranda, que era a candidata mellor preparada con diferenza, e que teño a sensación de que foi un tanto ninguneada na campaña. Pola propia organización, e desde logo polos medios, que en xeral nin se molestaron en salientar quen era, ademais da candidata de BNG-EdP-Verdes.
sihomesi
8 Xuñ 09 at 11:55 p.m.
Sr. eSedidió, coma sempre da vostede no cravo. Para apuntalar os seus argumentos lémbrese que os trosquista primeiro (Principito e cia) e logo os peixes(Touriño e cia) como se fixeron co control do psoe.
Xa que o sr. Pardo sigue coa sua teima militarista, o propoño como comandante do pelotón entrista e con un pouco de sorte e malafollá acabamos facendonos co PP. Logo dios dirá porque tantos os militantes como os votantes dise xa noso partido o único que lle piden os seus dirixentes e que os deixen en paz, que lle deixen facer e que parezca que mamden moito.
En canto o Guru decirlle que o Faro foi o único que falou algo sobre o bng, poñendos a parir por su posto, pero con desgana.
Non sei o que fixo La Voz De Su Amor porque a verdade e que aburrironme xa fai tempo.
Saude.
alvarez
11 Xuñ 09 at 11:54 a.m.
Alvarez, leshe, non me poña eses exemplos, que non me negará que o tiñan a huevo no seu momento. Okupar o Pepé sonche palabras maiores. Eu só aspiraba a contrapesar aos bilingüísticos, visto que palmou e en xeral a ala galegofalante estanche muditos. pero se hai que tomar o palacio de invierno tómase, que carallo, que eu tamén sonlle vigués, aínda que exiliado, e o dos autobuses ardendo lémbrame aos meus anos mozos (non porque os queimara, senón porque os sofría, que conste).
eSedidió
11 Xuñ 09 at 8:21 p.m.
Unha honra,sen dúbida,ser comandante dun pelotón con membros tan aguerridos,aínda que non sei se as miñas aptitudes militares…
De todolos xeitos,señor Alvarez,alégrome de ver que non ten vostede o carnet do PP malia esa provincia e esa Deputación que Feijoo ven de ofrecerlles aos vigueses.Seguro que isto vai ser tema de análise para o noso párroco un día destes…
Alfonso Pardo
12 Xuñ 09 at 9:37 a.m.
Faga o favor, sr. Pardo e non me baixe o guru a condición de parroco. Delle o home o cargo de Cardeal para que poda poñerse ese manton púrpura que ten achantado no alpendre monfortino.
En canto o da miña aldea, que quere que lle diga, aqui andamos hoxe ocupados en facer traballar a policia-rambos, que últimamente andaban abollados sen nada que facer, e claro, tampouco e iso,hai que considerasión coas criaturiñas….
alvarez
12 Xuñ 09 at 1:19 p.m.