Canto galego está disposto a aturar?
Ese é obxectivo da consulta da Consellería de Educación, na miña particular -pero compartida- opinión.
"El gallego no es ni un idioma, fue un invento de Pepe Domingo Castaño" (Intereconomía)
Ese é obxectivo da consulta da Consellería de Educación, na miña particular -pero compartida- opinión.
Escrito por sihomesi
18 de Xuño, 2009 ás 8:26 a.m.
Gardado en El País
RSS dos comentarios
The Journalist template by Lucian E. Marin — Built for WordPress
Encántame o título (ao Rüdiger Safranski), pero aínda máis o contido do seu artigo que é perfecto ( e non é coba). Doulle as gracias por dicir tan elegantemente e con tanta precisión o que outros pensamos e non somos capaces de expresar.
bouzafria
18 Xuñ 09 at 9:04 a.m.
Moitas gracias, porque nestas cousas anima moito a vaidade. E que non me escoite Orsinia, pero o feito de cobralas axuda a espelirse.
sihomesi
18 Xuñ 09 at 9:33 a.m.
Parabéns, comisario, ou como diría Tati: Ghaiteiro!!!!!!!
Malia todo eu non vou cubrir a enquisa: iso de estar nun lista negra destes talibáns ponme moito.
PacoCastro
18 Xuñ 09 at 12:44 p.m.
Que aghusto quedei.
elianinha
18 Xuñ 09 at 4:11 p.m.
O artigo de hoxe é dos de enmarcar. Lúcido, brillante, irónico, profundo. E deixa ben clariño o que de verdade pensan e tratan de disimular con eufemismos. Parabéns!
Paseante
18 Xuñ 09 at 5:00 p.m.
Como lle dixo Giner de los Ríos (no seu leito de morte) a Juan Ramón Jiménez: “es perfecto; pero no te envanezcas”.
César Salgado
18 Xuñ 09 at 5:45 p.m.
sr. Pardo : onde se vai ver que un párroco poida deixarnos tan a josto como na plática de hoxe, meu. Isto ten que ser obra de cardeal, ¡como mínimo!.
Por certo non sei se vostedes escoitaron un anuncio da Xunta na radio sobre a maldita enquisa en perfecto español. E eu que tiña comentado que o dos Peares pareciame un destes que non matan unha mosca. Que equivocadiño estaba. Coa gorra de mando o paisano saliume chulito e rabeoso. Seica aprendeu o estilo da miña cidade ainda que non se da conta que aqui temos o antídoto que é : a mamon, mamon e medio.
alvarez
18 Xuñ 09 at 5:46 p.m.
Estimados todos: estou algo rubio de vergonza. Sr. Salgado, gracias pola opinión e pola cita, pero a partir de mañá vou tomar unhas pastillas contra iso.
sihomesi
18 Xuñ 09 at 8:24 p.m.
Únome aos parabés, pero quero chamarlles a atención sobre un aspecto: É o único dos artigos do Pereiro desdehai meses que non acada as 4 estrelas e media de valoración.
Iso significa que hai moita xente que xa non está por ler nin por entender. E tamén que hai mercenarios do rato a inundar os medios con votacións e comentarios xenófobos.
Concordo con http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=377
Calidonia
19 Xuñ 09 at 1:10 p.m.
As tres e media non están mal. Eu non sei se atribuilas a que as 3.000 visitas que ten agora supón que non soamente o len os que están de acordo, senón tamén os que procuran combustible para indignarse (e se é así, non sei para que votan, porque os votos contan non só cualitativamente, senón cuantitativamente) ou a que hai algúns que votan na primeira estrela sen darse conta.
sihomesi
19 Xuñ 09 at 2:56 p.m.
Vale, vale, moi ben e moi inxenioso e moi todo iso, pero, para cando a laconada? (lébrolle que xa ten dous apuntados: O sr. pardo e máis eu).
En canto ao dos votos, onte a estas horas a valoración era de 4,5. Vai ser que dende entón votaron só os aparvados eses que dí vostede que clican no 1….
eSedidió
19 Xuñ 09 at 5:12 p.m.
Este boísimo artigo é deses que cando os les, aos poucos segundos, sorpréndeste a ti mesmo asentindo coa cabeza diante da pantalla e dicindo: “si, si, isto é o que eu quería dicir o outro día”. Eu lin o artigo no foro dun sindicato así que imaxino que chegou a moitísima xente, cousa boa nestes tempos de mordaza.
Madialevo
20 Xuñ 09 at 6:19 p.m.
Moi bo, señor Pereiro. Moitas grazas.
Ramón
22 Xuñ 09 at 12:14 a.m.
Señor Alvarez : os párrocos son figuras importantísimas na estructuración social do noso pobo.Espero que non lle pase a vostede o que lle pasou ao meu ex-alcalde e promotor inmobiliario,que levou máis de 20 anos suspirando por un bispo e como non o conseguiu tivo que marchar ao Vaticano.
E noraboa polas tres e media.As minorías moi minoritarias e as maiorías búlgaras non me parecen un conto moi progresista.E dende logo nada divertido.E quen non teña un chisco de mercenario e ata de meretriz que bote o primeiro croio.
O que si paréceme lamentable é o baixo nivel dos políticos que deberían defender as ideas progresistas e galeguistas na nosa sociedade.Feijoo é un político limitadiño,pero o que temos hoxe no campo progresista é unha miseria de recursos.
Alfonso Pardo
22 Xuñ 09 at 12:33 a.m.