si home si

"El gallego no es ni un idioma, fue un invento de Pepe Domingo Castaño" (Intereconomía)

Nacionalistas no PP, centralistas no BNG

10 comentarios

Unha maneira -inexperta e curiosa- de ver as enquisas

Escrito por sihomesi

2 de Xullo, 2009 ás 10:35 a.m.

Gardado en El País,Res Publica

Tags: , , ,

10 Comentarios to 'Nacionalistas no PP, centralistas no BNG'

RSS dos comentarios

  1. Boas. Espero que a súa gripe non sexa do tipo 1, ou A ou como carallo se chame, que non estea vostede embarazado, non sexa musulmán e/ou non fume máis dun paquete de tabaco ao día. Nalgúns destes casos o mesmo temos que facerlle unha necrolóxica.
    Polo demais, aproveito que son o primeiro comentador deste post para invitarlle a vostede e en xeral á parroquia toda á estrea dunha nova leira no blogomillo: a miña (http://etxeoquehai.wordpress.com). Xa ve vostede: ao final pico como tododiós, pero xusto no momento no que a peña emigra cara os facebús e os tuísteres. É que como profeta e adiantado aos meus tempos non teño prezo.
    Mellórese, e desculpe o asalto, que non teño outro modo de publicitarme.
    PS. Estiven pensando en sortear un lacón entre os visitantes, pero seica non é tempo.

    eSedidió

    2 Xul 09 at 11:42 a.m.

  2. Benvido! non era sen tempo…

    sihomesi

    2 Xul 09 at 12:15 p.m.

  3. Non me sorprenderon nada os datos que aporta vostede hoxe en El País. Cando andaba eu a recoller material para a miña tese de doutoramento (nos anos ’90) xa me chocara moito a elevada porcentaxe de mozos e mozas de 17-18 anos que asumían un similar concepto do que era ou non era unha nación, mentres que as súas simpatías políticas estaban repartidas entre PP e BNG (había diferenzas máis nidias para outras adscripcións ideolóxicas). Sería longo de explicar, pero debería ser motivo de reflexión política para as dirixencias de amabas formacións.

    Ramón

    2 Xul 09 at 2:58 p.m.

  4. Por certo, eSedidió, agardo que ter leira propia non faga que deixe de visitar esta. E magnífico -entre Tom Waits e Tom Petty- o cover Non sabía das súas cualidades musicais (da calidade da cualidade, vamos)

    sihomesi

    2 Xul 09 at 5:13 p.m.

  5. Eu? nin morto. Polo menos non antes da laconada.
    E polo demais, infintamente agradecido. Non é habitual que unha estrela do rock dedique tales epítetos a un pobre karaokista. E o detalle de colgar o cover merece polo menos que eu corra co coste dos chourizos.

    eSedidió

    2 Xul 09 at 9:48 p.m.

  6. Por non ter outra maneira de facelo, quero decirlle a eSedidió que o meu mozilla / zorriño de lume ¡3.5!! ¿eeinn?? dí que non atopa o seu servidor.
    Para SHS. Si xa tiña os miolos medio despendolados, agora con esta enquisa, coido que as neuronas emprenden veloz fuxida. Parabéns

    Smychy

    2 Xul 09 at 11:53 p.m.

  7. Sr. smychy; sonlle tan torpe que puxen a ligazón incluíndo o paréntese final. O meu mozilla tampouco o atopa, pero se clica no meu nick ou escribe o enderezo na barra de navegación terá unha singladura segura.
    E paro xa de publicitar a paxina que xa es´ta ben de molestar, e ademais vaime custar unha pasta en chourizos

    eSedidió

    3 Xul 09 at 8:07 a.m.

  8. Benquerido eSedidió:Noraboa polo blog.Para evitar unha competencia destructiva con sHs, o mellor é a cooperación e pasar do mundo virtual ó mundo real,das palabras ós feitos.Ou sexa,sHs pon o lacón e vostede os pementos,non si ?

    Alfonso Pardo

    6 Xul 09 at 3:42 p.m.

  9. Como estou de vacacións haberá que agardar a finais de agosto…

    sihomesi

    6 Xul 09 at 5:43 p.m.

  10. Sr. Pardo, o máis fodido do asunto é que eu aborrezo o lacón (a miña teima é só por incordiar, xa me coñece), e a finais de agosto os pementos, de Herbón ou de Marrocos, rabean….
    Pero en fin, por min que non sexa. Lacón con pementos estilo lume na palleira: imos descobrer unha nova receita. Mágoa non sermos cataláns, que seguro que levábamos algún premio deses que dá Nestlé….

    eSedidió

    6 Xul 09 at 6:40 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site