A militancia e Gondomar
«A consecuencia de non pertencer a ningún partido será que os incomodarei a todos» (Lord Byron)
"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)
«A consecuencia de non pertencer a ningún partido será que os incomodarei a todos» (Lord Byron)
Escrito por sihomesi
16 de Xullo, 2009 ás 12:03 p.m.
Gardado en El País
RSS dos comentarios
The Journalist template by Lucian E. Marin — Built for WordPress
Entre a noticia da trapalleira moción e a indignante (mani)obra de Iberdrola no tramo do Sil da que tamén da conta a prensa pódese facer un pinchacarneiro e deducir a existencia dun nexo común entre ambas, a saber: a combinación a todos os niveis político-administrativos dunha lamentable clase política, ágrafa, incivil e cobizosa, cunha burocracia indolente ata a inoperancia ten como resultado a busca do poder polo poder, e á súa vez causa ese mesmo efecto, dinámica que se retroalimenta ata que o país vaia tomar polo ollo do furacán.
cãosemdono
16 Xul 09 at 12:29 p.m.
Non se preocupe vostede. Eu sonlle militante do BNG -dos do estilo landrover- e, alén de recoñecerme/nos na súa descrición, aínda rin para min mentre lía o seu agudo, divertido e diseccionador artigo. Porque o conto é serio. Coma sempre, un pracer lelo.
xavier
16 Xul 09 at 1:05 p.m.
Cãosemdono: sen negar a maior -indolente, etc- non hai que desprezar a menor: exquisita atención aos intereses empresariais.
Xavier: Grzs, mestre. Para iso os fago.
sihomesi
16 Xul 09 at 1:59 p.m.
Graciñas pola boa aplicación da fisicoquímica (non a da TV, please)e pola sintética explicación fordiana de como entende a democracia algunha xente.
Xaquín
17 Xul 09 at 5:21 p.m.
Eu coido que o que se produce nas militancias dos partidos non é unha distorsión intelectual que lles impide ver a realidade do país,é unha distorsión afectiva que lles fai querer botar todo para adentro e non deixar nada para os de fóra.Ás veces os dunha facción son tan larpeiros que non lles chega cos cargos públicos e queren apañar todo o que se move ó redor.
Será pola miña inocencia,pero a min causoume gran escándalo o manifesto dos grandes concellos galegos de esquerda a prol dun persoeiro para o día das letras galegas.Vaia dous aniños que levamos!A miña única esperanza co cambio na Coruña era que o concello deixara de pagar subvencións a empresarios taurinos.Que inocente.Polo de agora os ataques da concelleira da UPG sufriunos a música clásica e o poeta do Courel.A mobilización dos sectores máis mediocres do BNG resulta certamente paveira,mesmo nun país pobre,pequeno e de escasa tradición democrática.Imaxínase alguén o concello de Estocolmo,de Gotemburgo ou de Malmo dicindo a quen lle hai que dar o Nobel? E os comunistas españois reivindicando o Cervantes porque senten unha gran admiración por non sei quen?
As críticas á Academia non deberán parar ata que eses grandes intelectuais e escritores que son Francisco Rodríguez e Maria Pilar García-Negro e mailos seus afillados Ana Pontón e Bieito Lobeira non entren nesa vella institución!
Mentras sigan con esa mistura de mediocridade e egoísmo,con esa idea de partido como club social ou lugar de terapia de grupo,o PP e máis Galicia Bilingüe teñen o futuro asegurado.
Alfonso Pardo
19 Xul 09 at 6:03 p.m.