Arquivo: Agosto, 2009
Economía anatómica
O outro día aprendín un concepto novo: “graxa”. Soltábao o líder dunha sociedade financeira internacional nun suplemento de economía, e como era de supoñer nese tipo de persoa e de entrevista, non o utilizaba para comentar que estaba gordo ou para describir os seus gustos culinarios. Chamáballe “graxa” ao exceso de persoal dunha empresa. Na nova terminoloxía do asunto dos cartos –hai pouco atopei outra vez a expresión, ou sexa que non era invento do líder aquel- “graxa” son as rémoras de todo tipo, as adiposidades que lastran o bo funcionamento do corpo económico. Non escoitara unha expresión tan sincera e tan descarada desde que representantes do sector inmobiliario se queixaban da a moratoria da construción no litoral porque suporía “matar a la gallina de los huevos de oro”.
Urbanismo de penalti
O texto que contribuirá á miña popularidade nos departamentos municipais de urbanismo
Elegancia estival
Xa sei que podería telo dito antes, e non cando agosto espernexa, pero caso tampouco me ían facer ningún se o escribira a mediados de maio. Porque esta non é unha columna de denuncia, nin de crítica, nin nada diso: é de tendencia. Ou de sentencia. De ditaminar o que está in e o que está out nos estíos do milenio que nos ocupa. Así que non diga boh!, e bote man das tesoiras (ou da pestana de marcadores, se le en dixital) e recorte isto para o ano que vén.
Hofertas de berao
As alegrías da telefonía estival
Se están lendo isto -ademais de por unha deferencia súa e pola dos directores dos periódicos nos que se reproduce en papel, que nos dous casos agradezo- é pola existencia dun trebello chamado módem usb, que sirve para conectar a internet o ordenador portátil que cargo aló onde eu vaia. Ben, se non existira, leríano igual, porque antes de telo, en épocas de trashumancia estival coma estas nas que abandono a seguridade da conexión da miña casa, apañábame conectándome a través do teléfono móbil (circunstancia que hai uns veraos me proporcionou un desgusto de 600 e pico de euros), ou usando o teléfono fixo de toda a vida das casas ás que ía (coa amable resignación do resto dos habitantes), ou me desprazaba a un cíber. Que por min non quedaba, vamos. Pero este verao decidinme, a maiores de deixar unha desas barbas que unha miña cuñada chama “tocinera”, facerme cun módem usb. Nunca tal fixera (o do módem, o da barba vai en gustos).
A enquisa que non o foi
Encíclica aos bañistas e pais en xeral.
Honrarás a tu padre y a tu madre
Democracia e Festas
Por fin, home! Xa era hora de que a clase política se ocupara dos asuntos verdadeiramente importantes que nos afectan. Non falo do futuro das Caixas (as que se adoita chamar “as nosas Caixas”, con esa xenerosidade e amplitude que ten o idioma galego para os posesivos), que total, para que se vai discutir, se vai acabar pasando o que teña que pasar, e as nosas forzas vivas a aplaudir, que é o seu. Tampouco do vento, que para ser de balde e de todos, hai que ver os cartos que rende, ou iso se desprende de que cada goberno mude o sistema de conceder o seu aproveitamento (primeiro foi o dedo, despois o concurso, agora virá… o escalafón?). Non señor, falo da relación entre Democracia e Festas, decisivo debate proposto polo concelleiro do ramo (Festas, non Democracia) da Coruña.
As festas coruñesas, ese tema crucial
O contestador de Radio Coruña do mércores 5
Permítanme un momento
Hoxe comecei a deixar uns recados no contestador do Hoy por hoy de Radio Coruña. Este foi o primeiro ( e a ver se teño tempo para poñelo aquí cun sistema máis amigable)
A Festa do A Rebentar
Estou vendo, e aínda acabando de crer, un cartel da Festa do Marisco que se celebra hoxe… na Ribeira Sacra, zona de excelencias varias, paisaxísticas, humanas e gastronómicas, pero situada cando menos a 150 quilómetros de calquera auga salgada que non sexa a do caldo. Claro que, como argumentaban hai anos os promotores doutra festa semellante no Porriño (terra tamén excelente e tamén sen costa), “aquí non temos mar, pero gústanos moito o marisco”. Con toda a razón, ou acaso en Madrid non se gaban de ser “el mejor puerto pesquero de España”?





