si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo: Setembro, 2009

O esperpento de Garzón

3 comentarios

Prefiro dicilo de entrada, para que saiban a que aterse: non teño unha especial predilección polo xuíz Garzón. Tampouco é que o teña enfilado, claro. Pásame con el o mesmo que me pasou con Victoria Abril: que nin tan boa me pintaba cando dicían que tan boa era, nin tan necia me pareceu cando se evidenciou que un pouco rallante si que era. Pero a que lle teñen preparada (a Garzón, non a Victoria Abril), ou na que o meteron, é como para pedir calquera outro pasaporte da UE (quitado o italiano, evidentemente), á espera de que, despois de que España entrara nas institucións europeas, Europa entre por fin nas institucións españolas.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

27 de Setembro, 2009 ás 8:27 p.m.

Vivir en castelán, sobrevivir en galego

31 comentarios

Xa sei que estou algo pesado co tema, pero é que me provocan.

Escrito por sihomesi

24 de Setembro, 2009 ás 9:46 a.m.

Menos cultura e máis Belén Esteban

21 comentarios

Como posiblemente ignoren, porque non é unha noticia de imperiosa difusión como as incidencias do ser aproximadamente humano coñecido como Belén Esteban, este ano non haberá Culturgal. E que?, dirán. Pois nada, a min tampouco me vai nin me vén nada en se hai unha feira das industrias culturais ou deixa de habela. Non traballo no sector –este dos medios de comunicación enténdese que é outro-, non visitei a feira nunca, e os produtos culturais que consumo adquíroos nos establecementos comerciais propios de cada un. Se tanto lles ten, teñen toda a razón, pero logo non me choren.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

20 de Setembro, 2009 ás 2:22 p.m.

Gardado en Si home si

Tags:

Un pouco de educación

6 comentarios

A educación, refírome ao ensino, non ás boas maneiras, estase convertendo en carne de reality show, con perdón. Nas últimas horas temos presenciado un tremebundo boureo no Parlamento galego por causa de a que colexios mandan as súas señorías os nenos (os seus de cada un), e por outro lado, hai un clamor indignado porque a OCDE, que é o club dos países aceptablemente desenvolvidos, ten a España clasificada nos últimos lugares pola formación que teñen os seus cidadáns. E contra o que poden estar pensando os mal pensados, o primeiro non deriva do segundo.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

12 de Setembro, 2009 ás 6:03 p.m.

Galicia déjà vu

8 comentarios

Análise quincenal, tipo calendario zaragozano. Os 80 tamén volven na política.

Escrito por sihomesi

10 de Setembro, 2009 ás 9:30 a.m.

Volando voy

12 comentarios

Unha vez solucionado o problema do AVE, e botado máis terra sobre o sepultado asunto das cercanías/transporte metropolitano, a nosa clase política está a piques de resolver o intríngulis dos aeroportos. Xa saben, no último cuarto do século XX non había nin as estradas propias da metade do século e as vías férreas databan do primeiro cuarto, pero en Galicia fixéronse tres aeroportos. Conseguíronse polo método habitual do século XIX (as influencias en Madrid), no medio de batallas dialécticas nas que se esgrimían como estacas agravios comparativos entre cidades. Eran os tempos de «yo también quiero uno/una», fosen polígonos industriais ou universidades, felizmente pasados (agora, por exemplo, só hai dous portos exteriores). Foi un logro histórico nas demandas sociais, a pesar de que aquelas imprescindibles infraestruturas servían para pouco máis que para que fosen a Madrid en avión os que podían pagar prezos similares aos de ir en taxi.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

6 de Setembro, 2009 ás 12:47 p.m.

Gardado en Si home si

Switch to our mobile site