si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Vivir en castelán, sobrevivir en galego

31 comentarios

Xa sei que estou algo pesado co tema, pero é que me provocan.

Escrito por sihomesi

24 de Setembro, 2009 ás 9:46 a.m.

31 Comentarios to 'Vivir en castelán, sobrevivir en galego'

RSS dos comentarios

  1. Magnífico artigo e análise irrefutábel da realidade. Eficaz e exacto na descrición do que é, do que hai. Isto e non outra cousa temos, empezando polos hospitais e seguindo por Pachi e os Desconcertados. De modo que este artigo o le por exemplo alguén en Finlandia e ten o retrato do país que somos e imos ser. Iso e un par de másteres en antropoloxía e socioloxía cultural polo mesmo prezo. Así que parabéns, amigo Pereiro.

    Canto aos / ás dependentes de comercio é perfectamente detectábel nos últimos meses un cambio de actitude na forma de responder a quen se lles dirixe en lingua galega. Falo da zona na que vivo e en particular, máis unha vez, da Coruña. E non estou a referirme só ás reaccións individuais desas persoas.

    Artemio Lándoas

    24 Set 09 at 10:51 a.m.

  2. Parabéns, Pereiro. Máis lucidez imposible. Outra cousa, e perdón pola miña inocencia admirado señor Lándoas. O cambio de actitude das dependentas da Coruña verbo do galego en que sentido?

    Octavio

    24 Set 09 at 11:37 a.m.

  3. Siga escribindo artigos coma este e comezarei a acosalo a vostede pola rúa, pedíndolle que me deixe bicalo ou algo peor. En serio, parabéns pola perfecta e irrefutábel formulación da realidade.

    Tono

    24 Set 09 at 12:07 p.m.

  4. Non ho! Pesado pouco.Máis habería que falar.

    E vendo a calidade do seu artigo, eu pregúntome,como o galego está tan pouco e tan mal defendido polos políticos?

    Fan test de non intelixencia para meter a xente nas listas?

    Alfonso Pardo

    24 Set 09 at 2:12 p.m.

  5. Anótese un dez, sr. Sihomesi
    Comentolles o que lle sucedeu a un fillo meu de 14 anos nun campamento de veran da Xunta, en Viveiro. Por su posto todos os rapaces eran paisanos nosos e «como é lóxico» ningún rapaz falaba o noso idioma pero un coitadiño que o primeiro día o falarlle alguns monitores en galego contestoulle en cristiano, quedoulle o alcume de «EL GALLEGO» entre os rapaces, manda truco.
    Por su posto o mocete correxiu e falou no idioma perseguido pero non lle valeu de nada, quedou marcado.
    Como se di : É triste pero é verdade.
    Por certo aproveitamos e pasamos un días nese concello e a moitos pailans lles molestaba o de Viveiro e retrucaban correxíndome co de vivero.
    ¡Terra a nosa!

    alvarez

    24 Set 09 at 4:27 p.m.

  6. Queda aberto o I Certame de Anécdotas Lingüísticas! (CAL)

    sihomesi

    24 Set 09 at 5:48 p.m.

  7. cando eu andaba polos 20 (e non hai tanto, só 13 anos ;) , as miñas dúas amigas (q sempre falaban galego na casa e comigo, pero non cos mozos, e moito menos se estes eran pijos, como era o caso) presentáronme dous rapaces cos q andaban a mocear.
    cando lles falei en galego un deles preguntoume: «eres del bloque?» eu quixen saber por que mo preguntaba e el dixo: «es que si hablas gallego solo puedes ser de aldea o del bloque. y tonta no pareces».

    (shs, teño unha dúbida. podo participar no certame con máis anécdotas ou só conta unha para gañar?)

    ro

    24 Set 09 at 6:05 p.m.

  8. Poña as que queira, porque gañar, gañar, o que é gañar… Vale a miña estima?

    sihomesi

    24 Set 09 at 7:43 p.m.

  9. Se o único problema fosen os castelán-falantes, aínda podiamos safar…

    O verdadeiramente dramático é a circunstancia de que a idea de «se falas galego, es pailán ou bloqueiro» está ben presente en moitos dos galego-falantes «de toda a vida».

    Se un non responde ao prototipo de «home da aldea», seica uniforme e sen variacións, a numerosos «spontaneous galician-speakers» -cando che senten falar a lingua de Rosalía- agrómalles un ollar de «que me vés contando!?» (tan noso) do que un xa aprendeu con anos a non facer caso.

    E o dramático vira tráxico cando, ao dicires palabras que levas toda a vida de dios escoitando na casa (gholpe, maniotas, delighras, saia, billa, v’rao,…), apóñenche que falas un galego «inventado» porque sempre se dixo «zorro», «agujetas», «cosquillas», «falda», «grifo» (ou o apoteósico «ghrifo»), «verano»… Cando era rapaz aghreábame, agora retruco que na miña casa todos somos licenciados en filoloxía.

    Un saúdo.

    DePeixes

    24 Set 09 at 8:33 p.m.

  10. Non podo máis que dar os meus parabéns polo artigo de hoxe. Magnífico e conciso, imprescindible para entender o que está sucedendo na sociedade galega cada día que pasa. Eu tamén teño escoitado unha desas máxicas lendas de que en certos lugares remotos do país (na miña versión, en Catoira) existen nenos que foron abducidos e «no saben hablar castellano», e que cando queiran cruzar Pedrafita (mítica fronteira que mide as nosas capacidades) «no van a saber hablar con nadie de Murcia». O cal é terrible, por suposto. Polas noites, estes nenos, deben de reunirse arredor das torres do Oeste e facer aquelarres galeguistas con falsos cascos viquingos.

    Madialevo

    24 Set 09 at 8:45 p.m.

  11. Si, bueno, estou de acordo eu tamén…. que hai do lacón?

    eSedidió

    24 Set 09 at 9:40 p.m.

  12. GRACIAS Pereiro.
    Non pode ser máis claro.

    mariña

    25 Set 09 at 10:43 a.m.

  13. A miña anécdota non é moi orixinal, por desgracia.
    Hai pouco fun ó médico da mutua, en Vigho, e cando lle empecei a falar en galego a médica que estaba miroume con cara rara e díxome
    _ ahhhhhhh!!!!!!!! hablas gallego, puedes hablarlo que no me importa!!!
    A cara de parva que se me puxo creo que ainda non me pasou de todo.
    Seguimos na consulta e o cabo duns minutos díxome:
    - Pero tú eres una profesional …(Son logopeda), no?
    Como decindo, como podes ser estudiada e seguir falando en galego.
    O peor de todo este asunto é que seguro que esa mulleriña pensou que persoa máis aberta, moderna, tolerante,… e non sei que mais cousas, por deixarme falarlle en galego.
    A todo isto o seu acento érache de vigho, vigho

    maria

    25 Set 09 at 10:55 a.m.

  14. e olvidabame de darlle a noraboa a Pereiro polo seu artigo. Di verdades coma puños.
    beizons

    maria

    25 Set 09 at 10:58 a.m.

  15. Xenial artigo. Había tempo que non lía cousas tan claras e lúcidas.

    Xan Guindán

    25 Set 09 at 2:36 p.m.

  16. O relativamente doado neste tema é dicir as verdades coma puños. O difícil é encontrar as solucións. Só con apoiar o galego desde as leis non se vai parar o proceso de substitución de linguas.

    ms

    25 Set 09 at 3:17 p.m.

  17. O mellor artigo que lin en moito, moito tempo. Penso que todos nos sentimos identificados, gárdoo en «favoritos forever». Unha aperta.

    caralladas76

    25 Set 09 at 4:27 p.m.

  18. Para DePeixes: A culpa é súa, por mesturar palabras en ghallegho con palabras en castejano: «Billa» é claramente un modismo de Valladolid. A proba: a conversa que escoitei na Costa da Morte, dunha señora rifándolle ao neno (textual e escoitado polas miñas orellas haberá un par de anos):

    «Áitor (acentuado no A): Sierra la billa que estás a destraghar el aghua toda!!!».

    (vale para o concurso??? e o lacón?????????)

    eSedidió

    26 Set 09 at 12:04 a.m.

  19. 1. «Hai que falar o castellano, que é o noso»
    (frase que escoitou a uns paisáns Júlio Medela, un dos contertulios de «As Uvas na Solaina»).

    2. «Anda… pero si hablas gallego». «Si, señora, cousas que pasan» (un amigo meu e unha dependenta nunha tenda da Coruña).

    3. «Son… sietecientas pesetas…» (outra tendeira coruñesa)

    ms

    26 Set 09 at 1:37 p.m.

  20. Entro nunha panaderia en fronte da Praza de Abastos de Santiago, para comprar duas pezas de pan do pais. A que suponho era a dona, estaba escoitando a COPE. Digolle -amablemente, Poderia darme duas pezas de pan do pais por favor? A muller estoupa en colera e empeza a decirme que e iso do pan do Pais, que os nacionalistas estamos apropiandonos de todo -esa Sra. non conhece a minha orientacion politica -, que somos un non sei que e tal e cual. Eu quedei «FLIPADO» coa reaccion da Sra. Eu repliqueille que sempre se lle chamou asi a ese pan, ao igual que ao vinho do pais, as mazas do pais, ao trigo do pais … A muller seguia toda prendida e a gritos, eu decidin marchar e mercar o pan na Praza de Abastos onde non tiven ningun problema.

    Por certo, cando estudiaba en Santiago compraballe o pan a mesma senhora e nunca tivo ningun problema coa nomenclatura, incluso ela referiase a ese producto como o Pan do pais. Sera que a COPE e unha drogha moi mala?

    Moi bo o artigo.

    Xesus

    26 Set 09 at 10:00 p.m.

  21. O lacón ganhouno esedidió. Impresionante documento…

    caralladas76

    28 Set 09 at 11:12 p.m.

  22. o lacon para Maria

    alvarez

    30 Set 09 at 4:48 p.m.

  23. A ver, a ver, a ver. Nada de o lacón para fulano ou para mengana. Non hai tal lacón. O certame é desinteresado (alomenos pola parte dos participantes: eu probablemente aproveite as anécdotas para fins espúreos e particulares) e o do lacón é unha manobra de confusión argallada polo especialista en manobras e en papatorias, eSedidió, que leva tempo clamando pola oportunidade de convidar a lacón aos parroquianos desta tasca. Nesta país, calquera debate intelectual remata en gastronómico

    sihomesi

    30 Set 09 at 6:51 p.m.

  24. Isto é incríbel. Primeiro promete un lacón e despois si te he visto no me acuerdo. Pois nin se lle ocurra usar o de Áitor, que lle poño copyright. E quedouse sen saber como se chamaba o irmán da criatura en cuestión, por falaz. E avísollle que tiña aínda máis migha.

    eSedidió

    30 Set 09 at 7:43 p.m.

  25. Iker?, Unai?, Yoni?, Ghuilián?

    sihomesi

    30 Set 09 at 7:48 p.m.

  26. Timón.

    Ao principio pensei que era unha variación tipo Pipi de Simón, máis tarde un nome mariñeiro, polo da orixe, pero despois din en pensar en que seguramente sería unha homenaxe a El Rey León (xa sabe, polo de Timón y Pumba).

    A cousa é lóxica se temos en conta que hai un par ou tres de décadas o cura de Camariñas negousa a bautizar máis Demelzas (vostede, que é da miña quinta, sen dúbida lembrará a Poldark)

    eSedidió

    30 Set 09 at 9:27 p.m.

  27. Para o xamón:
    Ferrol. Hoxe pola mañá.
    O señor X quere que fagamos algunha información sobre o grupo de música dun parente seu:
    -Llamas a este número, a Y, y hablas con él. Es muy bruto, muy bruto, pero luego ya tú lo traduces al castellano y lo pones bonito.

    María

    1 Out 09 at 5:28 p.m.

  28. Coño, agora son xamóns??????????????????????

    eSedidió

    1 Out 09 at 5:46 p.m.

  29. Non me sexa cutre, sr. eSedidió, se todal vaino poñer algún parente monfortiño do Guru.
    E ademais depois desta última achega de dona Maria, a vencedora esta claro ¿non si?

    alvarez

    4 Out 09 at 3:13 p.m.

  30. O Sr. Pardo tirándolle os tellos á Bugallo, vostede a María…. isto do sHs está a coller tintes de peli de Esteso….

    E o xamón, lacón ou derivado do porco en xeral, mellor que non sexa de Monforte, que alí do único que entenden é de trenes.

    eSedidió

    4 Out 09 at 6:46 p.m.

  31. Bromuro, o que vou poñer neste blog en canto me digan como, é bromuro.

    sihomesi

    4 Out 09 at 9:15 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site