Arquivo: Outubro, 2009
Maldito Tarantino

Saín do cine con complexo de timado. Son un fan de Tarantino, ou máis ben funo. Reservoir Dogs e Pulp Fiction parécenme dous fitos do cine actual. Malditos bastardos paréceme unha confirmación de que no cine actual os talentos son tan inflamables como o vello nitrato de celulosa. Toda a posible credibilidade da película esváese na primeira escena. Un gandeiro francés fai de Clint Eastwood no comezo de Sin perdón. É dicir, un farrapento que realiza un traballo baixo. Soamente que ningún gandeiro francés se permitiría ter esa pinta (nin siquera un galego). E que o traballo consiste en petar cun machado nun tallo. Nin pica leña nin outra cousa. Espeta o machado e máis nada. E a casa é cuspida a de Clint, unha casoupa. E o gandeiro é gandeiro, e ten leite na casa, pero non hai cortes para as vacas.
Que dous asasinos discutan sobre hamburguesas mentras se preparan para facer o seu choio é unha maneira de dar a entender ata que punto para eles, matar é unha rotina. Sen embargo, o comezo de Malditos bastardos o que revela é a fraxilidade da película, que acaba sendo, no mellor dos casos, unha mestura fracasada de Allo, allo e Los violentos de Kelly (dous exemplos, por certo, de que as traxedias admiten sen problemas tratamento de comedia, por se non chegara To be or not to be, rodada ademais en plena traxedia). A ambientación, para quitar o chapeu (nunca mellor dito).
Yono Ono, o galego e a televisión
Yoko Ono (a que foi muller de John Lennon, e á que se lle atribúe a separación dos Beatles), os medios de comunicación (en xeral) e o Goberno (o concreto que corresponda en cada sitio) son os culpables de todo. Escoiteillo esta semana no debate que abriu a Feira Galega das Artes Escénicas a un escritor/xornalista, e referíase ao (mal)trato que recibe o teatro nos medios, pero pódese aplicar a calquera outra actividade humana. E estes días ben que se aplica a resultas do tratamento informativo que recibiu a manifestación do pasado domingo a favor do idioma galego e contra a política da Xunta a respecto del.
O PP esperta ao monstro
Ou a marcha dos 50.000
A viagra e o botellón
A viagra, ou máis ben os efectos do sildenafil na variante masculina do ser humano, descubríronse cando os responsables dun laboratorio observaron que os voluntarios que probaban un fármaco contra as enfermidades coronarias non devolvían as mostras sobrantes. O LSD atopouno Albert Hofmann un día (logo coñecido como “o día da bicicleta”) cando probou un produto seu para a estimulación do parto (aínda que non teño clara a razón de por que probou Albert un medicamento pra preñadas). O post-it, eses papeliños amarelos pra notas, son o resultado do fracaso dun ensaio pra crear un pegamento súper potente. Pois na Coruña, un experimento socioartístico dirixido a denunciar o control social e a criminalización da xuventude acabou fomentando e difundindo esa criminalización.
Incongruencias
“A ver se escribes algo do da miña aseguradora”. É conmovedora a fe que a xente ten nos medios de comunicación e/ou nos xornalistas como armas de denuncia de inxustizas, como se o feito de que non estean publicadas quitase que estean á vista de todos. E como se o feito de que se publiquen impedira que se seguiran cometendo. Pero, en fin, peor é calar, así que aló vamos: ese amigo que me require fíxose socio dun seguro médico hai tempo, e agora decidiu quitarse. Ben, agora non, a comezos de ano, así que chamou e dixéronlle que non se podía quitar ata outubro. Rosmou, pero aceptou. Agora dinlle que moi ben, que poña un fax, pero que terá que seguir pagando ata finais de ano. Danme ganas de pillar algo gordo para amolalos, dime. Supoño que esas condicións virían no contrato, díxenlle. Eu tamén o supoño, pero iso non quita que sexan manifestamente inxustas, contestoume. Tés razón, pero se che contara a de incongruencias que hai, respondinlle. Pois conta, retrucoume.
Por que o PPdeG virou á dereita?
Grandes Preguntas Retóricas (I)
Adolescencia privada, adolescencia pública
Hai pouco dei un dos maiores esvaróns profesionais que recordo, e non porque recorde poucos. Chamáronme dun xornal pra que opinara da polémica da foto das fillas de Zapateo en Washington, xa saben, esa aparentemente inocente foto de familia que deu a volta mundo. Eu dixen que non lle vía a tal polémica, porque a lexislación española establece de forma tallante que a difusión de imaxes de menores de idade está suxeita ao permiso paterno/materno, e polo tanto, se os señores Rodríguez Zapatero-Espinosa Díaz estimaban conveniente non expoñer as súas fillas á curiosidade xeral, non había nada máis que discutir, e menos falar de censura. Tamén observei que, como pasa en todos eses casos, o remedio –tentar evitar a súa difusión- soe ser peor ca enfermidade –a difusión- porque centra o foco nela. En conclusión, que non lle vía á foto interese informativo bastante pra que o feito de publicala fose un asunto de liberdade de expresión.


