si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo: Novembro, 2009

Alakráns

2 comentarios

Ás veces dáme a impresión que España está gobernada polos responsables de programación das televisións. Porque, por unha parte, todo é previsible, para mal, e por outra aínda nos sorprenden con que todo é aínda peor do que previamos. O caso do Alakrana é unha evidencia máis desa impresión. Nos 47 días en que durou o suspense, aínda se mantiveron máis ou menos as formas, tanto na clase política como na dos programas de actualidade, e sobre todo en Galicia, aspecto diferencial do que nos debemos sentir orgullosos. Pero non rematara aínda o día da liberación dos tripulantes e do barco cando se desataron e saíron desbocados todos os demos que levaban mordendo o ramal.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

22 de Novembro, 2009 ás 10:06 p.m.

Gardado en Si home si

Todo o que non entendo sobre as Caixas

24 comentarios

(e temo que vou seguir sen entender). A columna quincenal en EL PAÍS

Escrito por sihomesi

19 de Novembro, 2009 ás 2:13 p.m.

Viaxar ilustra

18 comentarios

Hai unha chea de anos fun aos Países Baixos, sector Holanda, representando a este periódico nunha viaxe oficial organizada para que un grupo de gandeiros visen os adiantos do ramo. Sorprendeume ver que os gandeiros coñecían de sobra os adiantos. Agora acabo de chegar dos outros Países Baixos, de Bélxica, dunha viaxe oficiosa con bloggers (esa xente á que lle dá por contar en internet o que lle pasa) e penso que sacamos en Bruxelas conclusións moi parecidas ás que sacaban os gandeiros en Amsterdam. Que na xeografía e en autoestima podemos estar no cabo do mundo, pero en cuestións como as vacas (entón) e as novas tecnoloxías (agora) estamos perfectamente ao día.

Political activism on the net

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

14 de Novembro, 2009 ás 10:50 p.m.

Gardado en Si home si

Tags: , , , ,

Solidariedade con CR7

18 comentarios

A medida esa de igualar a fiscalidade das futbolistas estranxeiros que ganan máis de 600.000 euros coa dos futbolistas españois que ganan máis de 600.000 euros, é criticable por todos os lados. Por exemplo, porque se toma agora, cando a crise sigue caendo como ballón en outono –é dicir, sen trazas de que escampe en breve-, e non se tomou antes. Porque non é para tanto, xa que soamente suporá que o Estado ingrese uns 100 millóns de euros anuais, e non afecta máis que a un cento de contribuíntes. Porque é o chocolate do loro que o PSOE lle dá aos grupos de esquerda, IU e BNG, para compensar outras medidas progresistas que debería tomar e non toma. Porque as medidas fiscais necesarias non son esa miudeza, senón as que equilibren a desproporción actual de que o 70% dos ingresos do IRPF poñémolo os asalariados, que pagamos ademais de media o triplo que os empresarios. Pódenselle facer as críticas que queiran a esa decisión, quitado unha: que non é xusta.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

7 de Novembro, 2009 ás 7:44 p.m.

A Galicia da Condesa ou adeus a todo aquilo

5 comentarios

Outra de morriña política, ou un episodio máis de «xa boto de menos a Adolfo Suárez, pero como isto siga así, vou botar de menos a Leopoldo Calvo Sotelo». A declaración do conselleiro pilleilla a Carlos V. Padín

Escrito por sihomesi

5 de Novembro, 2009 ás 10:17 a.m.

Buscando a Berlusconez

4 comentarios

Dous políticos profesionais de alto nivel, en segunda actividade, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, ex presidente socialista de Estremadura, e Juan Costa, que foi ministro de Aznar, analizaban antonte na radio a situación. A situación político-xudicial, cal vai ser. Os dous celebraban que se aclarasen as cousas, que fose a prisión quen tivese que ir, pero tamén destacaban que hai soamente 17 alcaldes condenados xudicialmente en España sobre un total de oito mil e pico concellos. Unha porcentaxe mínima, razoaban. Un de cada 500, máis ou menos, bótolle eu. Non sei cantos condenados por delitos penais hai en España, pero para que gardasen esa mesma mínima proporción terían que ser 90.000. Claro que, non sei se penalmente, pero eticamente non é o mesmo que delinca un individuo normal que unha autoridade. E desde o punto de vista do esforzo, tampouco. Asaltar un banco, por exemplo, pode parecer doado, pero non debe deixar de ser un trago. Deixarse convencer para recibir unha presada de cartos por tomar unha decisión ou outra debe ser máis levadeiro, conciencia aparte.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

2 de Novembro, 2009 ás 4:42 p.m.

Gardado en Si home si

Switch to our mobile site