si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo: Decembro, 2009

Feliz 1990!

2 comentarios

Escrito por sihomesi

31 de Decembro, 2009 ás 12:25 p.m.

Gardado en El País

Tags: , , ,

Estas entrañables datas

9 comentarios

Créanme que nada me gustaría máis que escribir o contrario do que pensan que vou escribir, e facer un canto a estas entrañables datas na que as familias se xuntan para reconfortarse ao calor do lume, as lambetadas tradicionais e as bebidas espirituosas. Nas que os seres humanos somos como máis humanos, incluídos os programadores de televisión. Na que todo é alegría, ata o punto de que imos resignados, pero cun sorriso, ao cadalso económico. Gustaríame pero eu tamén teño tradicións que manter, e unha delas é a de ser rabudo.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

26 de Decembro, 2009 ás 5:02 p.m.

Gardado en Si home si

Boas festas e todo iso

4 comentarios

Como non podo nin vou poder responder nin corresponder a amigos e coñecidos que me enviaron felicitacións por distintos medios, aproveito este espacio para facelo e quedar a ben coa miña conciencia.

Pois iso

Escrito por sihomesi

24 de Decembro, 2009 ás 7:40 p.m.

Gardado en Non sei eu...

Novas tecnoloxías e vellos vicios

4 comentarios

Unha das características das clases dirixentes españolas, políticas ou económicas, é ter tan claros os obxectivos para mellorar e absolutamente escuros os camiños para conseguilos, quitado as insinuacións ao cidadán de que poña algo da súa parte. Iso, cando non a chamada de atención directa a que o faga o propio cidadán. Está o caso da productividade, que sempre reclaman como se no fondo estiveran berrando para que traballásemos máis, cando do que se trata fundamentalmente é de mellorar a organización do traballo, aspecto que non depende precisamente dos currantes. Ou o caso das novas tecnoloxías, con esas campañas de promoción para que a xente as use, entre o ridículo e o paternalismo, sen que unha cousa quite a outra. A min paréceme que nunha houbo necesidade de promover o uso de adiantos como a electricidade ou o automóbil. Outra cousa son os servizos e os prezos, que é onde os que mandan podían realmente facer algo.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

19 de Decembro, 2009 ás 2:55 p.m.

Gardado en Si home si

Tags: ,

Edilberto felicita o Nadal

sen comentarios

Edilberto Alonso Happy Christmas

(Cando hai creatividade, non hai crise que valia)

Escrito por sihomesi

18 de Decembro, 2009 ás 7:29 p.m.

Gardado en Xeral

O rumbo da Academia

6 comentarios

Escrito por sihomesi

17 de Decembro, 2009 ás 9:23 a.m.

Realidades marcianas

2 comentarios

Se ese suposto marciano do que en ocasións botamos man os articulistas -e en especial o colega e irmán Rivas que tomou posesión como membro da Real Academia Galega- para mirar a nosa realidade terrestre e terreña baixara aquí e pretendese coñecer esta sociedade vendo o que todos vemos, teríao certamente peludo. Ata o teño eu, que non son marciano senón de Monforte.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

14 de Decembro, 2009 ás 9:47 a.m.

Malas noticias sobre o de sempre

4 comentarios

A noticia que máis me estremeceu nos últimos tempos –descontando a torpeza da ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, que aínda que sexa para estremecerse, non é noticia- é a da detención do alcalde da localidade valenciana de Polop, acusado de participar no asasinato do seu antecesor. E non polo delito en si, que tamén, senón porque de telo feito, fíxoo para poder perpetrar os negocios urbanísticos que efectivamente perpetrou en canto chegou ao cargo, segundo as investigacións. A noticia pasou un tanto desapercibida, a pesar de que –ou quizais por que- contén elementos que a todos nos soan.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

12 de Decembro, 2009 ás 12:13 a.m.

Arte de gobernar sen que se note

17 comentarios

Escrito por sihomesi

3 de Decembro, 2009 ás 9:58 a.m.

Comprade, comprade, malditos

6 comentarios

Unha das películas que más me impresionou de rapaz foi a que aquí se chamou Danzad, danzad, malditos, de Sydney Pollack. Pasaba nunha das maratóns de baile que se organizaron nos Estados Unidos na Gran Depresión, nas que a xente se apuntaba a bailar días enteiros, descansando únicamente uns poucos minutos porque, como lle pasaba á parella protagonista, mentres aguantaras polo menos dábanlles de comer, e se ganaban era unha axuda para saír da fame. O título orixinal, o mesmo da novela de Horace McCoy na que se inspirou, era They shoot horses, don´t they? («Seica non matan aos cabalos?»), aínda máis demoledor, sobre todo porque era a frase final coa que o protagonista xustificaba ter matado á súa extenuada parella de concurso. O outro día tiven unha sensación parecida, aínda que me apresuro a aclarar que moito menos tráxica, para que non me acusen de sensacionalismo.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

1 de Decembro, 2009 ás 10:03 a.m.

Gardado en Si home si

Switch to our mobile site