Arquivo Decembro 1st, 2009
Comprade, comprade, malditos
Unha das películas que más me impresionou de rapaz foi a que aquí se chamou Danzad, danzad, malditos, de Sydney Pollack. Pasaba nunha das maratóns de baile que se organizaron nos Estados Unidos na Gran Depresión, nas que a xente se apuntaba a bailar días enteiros, descansando únicamente uns poucos minutos porque, como lle pasaba á parella protagonista, mentres aguantaras polo menos dábanlles de comer, e se ganaban era unha axuda para saír da fame.
O título orixinal, o mesmo da novela de Horace McCoy na que se inspirou, era They shoot horses, don´t they? («Seica non matan aos cabalos?»), aínda máis demoledor, sobre todo porque era a frase final coa que o protagonista xustificaba ter matado á súa extenuada parella de concurso. O outro día tiven unha sensación parecida, aínda que me apresuro a aclarar que moito menos tráxica, para que non me acusen de sensacionalismo.


