si home si

"El gallego no es ni un idioma, fue un invento de Pepe Domingo Castaño" (Intereconomía)

Arte de gobernar sen que se note

17 comentarios

Escrito por sihomesi

3 de Decembro, 2009 ás 9:58 a.m.

17 Comentarios to 'Arte de gobernar sen que se note'

RSS dos comentarios

  1. Pois non sería tanto dicir que a única actuación firme do vecino do senor Álvarez nestes,xa bastantes,meses que leva de mandamais na Xunta sexa cantarlle as 40 ós de Caixa Nova.

    E tamén moi pavero ver como Corina Porro, defensora das esencias viguesas fronte ós prexuizos que a galeguidade podería causar ás súas habelencias lingüísticas,non cacarexe agora os danos que a galeguidade causaría ós financieiros vigueses.

    Ah,isto da política ten moita chispa….

    Alfonso Pardo

    3 Dec 09 at 7:38 p.m.

  2. Si, iso da galeguidade como principio rector e inmutable (a pesar de novedosisimo), e que a intervención política nas entidades financeiras antes fose estalinismo estatalista e agora axioma incuestionable é unha cousa ben pavera

    sihomesi

    3 Dec 09 at 9:49 p.m.

  3. Aí,que se me pasaba,dese millón de metros interésame un cacho que quero levantar un chabolo.Digo eu que agora non haberá que ser vazquista para facer de constructor na Coruña.Xúrolle que o fago ben bonito.

    alfonso pardo

    3 Dec 09 at 11:20 p.m.

  4. Efectivamente. Os liberalizadores coma Feijoo son os grandes destrutores de todo o público. O peor é cando seguen os seus pasos quen ten que defender o público, quen non ten porque converter solo rústico en urbanízabel, quen non ten porque prestarse a avalar un disfraz de Cidade da Tecnoloxía que nunca a haberá, quen lle deu máis poder a quen xa o ten.
    En fin. Feijoo está para contentar aos seus, e os nosos, a quen contentan?

    Héctor Sánchez

    4 Dec 09 at 12:04 a.m.

  5. Non me cabía no texto que Louzán tamén contribuíu de forma tan calada como significativa a outras liberacións, por exemplo a dos libros, manumitíndoos das bibliotecas provinciais ás que estaban condenados por un convenio subscrito entre a Deputación de Pontevedra e os editores, felizmente rescindido logo de décadas. Cos 40.000 euros que aforrou así, máis outros 20.000 que sacou do peto provincial, pagou ese ilustrativo congreso sobre a liberdade bilingüista polo mundo adiante.

    sihomesi

    4 Dec 09 at 11:34 a.m.

  6. É que o PP sr, Pardo, está dando unha lección o resto de forzas politicas neste asunto. Aqui fala un (cando fala, e sempre en este asunto o meu veciño está sempre acompañado para que logo non lle digan que a culpa do fiasco da fusión é sua) e o resto da sua tròpa cala, cala Corina e o resto.
    O PSOE, a todas as bandas coma sempre. O meu alcalde resucita o Lerinismo (reconstituido-militarrak). O do Carballiño di primeriro (e dixo ben: tome a sua decisión que para iso é o presidente con maioria absoluta) e logo prestase o xogo de aparecer tras do dos Peares. ¿Sera porque o vicepresidente de caixa galicia é un tal Moreda?.
    En canto o Bng, a dirección coronelista colleu o da fusión como acto de fe e so o Aymerich fai unhas semans decia tímidamente algo congruente o igual que Quintana pero últimamente calan engrosado a procesión dos caladiños. E o curioso é que os pobriños creense que lles vai rentar en algo indo tras o PP. Eu non sei que clase de herbas lle votan o aguardente que beben antes de facer as suas sesudas análises políticas pero dame que se creen as suas propias mentiras como a que que lein fai moitos anos na ANT de que os votantes do PP teñen como segunda opción o BNG. Será por iso que lle fan o xogo o PP e a caixagalicia.

    En canto a sua afirmación “Todo el mundo, de la ciudadanía rasa a la oposición no menos rasa, de la patronal a los sindicatos, en la prensa o en Facebook, tiene clara la solución, haya o no haya problema: si tiene que pasar algo, que concluya en una caja mayor y gallega y que lo sea (grande y gallega) para algo y no para hacerla más apetecible a la voracidad ajena”, permítame disentir con rotundidad.

    Xa sei que son vijes (unha desgracia como calqueira outra) e a miña posición en contra desta fusión xa non conta porque formo parte do peor do peor a día de hoxe, o localismo. Así que non importa os datos económicos que solventan os nosos razonamentos en contra de semellante desfeita. Pero digamos que a mis dos razonamentos financeiros alguns decimos que:
    Nos, os galegos, somosche unha nación.
    Que toda nación necesita de competencia bancaria propia e por su posto allea.
    Que a mais, o monopolio de forzas nacionais é intrinsecamente nefasto.
    E por rematarar, si alguen está mal economicamente (na bancarrota aseguran moitos), caixanova ou caixagalicia, pois que resolva os seus problemas porque si non, quedámonos sen nada de nada.

    Pero a xogada que é vox-populi, polo menos polo sul, é que o PP quedarase con todo, mellor dito co pouco que lles falta, unha banca propia con cajamadrid e Valencia mais o resultado da fusión-desfeita de isa palabriña que tanto lles gosta os españolistas galegos norteños, caja del noroeste. Chapeau para Rajoi, un gallego como tu.

    Un saudo e tranquilos que isto da fusión está cantada

    alvarez

    4 Dec 09 at 6:05 p.m.

  7. (…Álvarez, vaia estudando onde temos que meter os aforros os que non comulgamos con rodas de muíño. E menos mal que vostede só se entera do que se dí no norte pola prensa, que se chega a escoitar a radio flipa. Na miña vida teño asistido un exercizo maior de manipulacion que con este tema, incluíndo o caso prestige. Pior para eles….)

    E falo baixiño que estou en folga de comentarios.

    eSedidió

    4 Dec 09 at 9:40 p.m.

  8. na vigha, que dicía un veciño seu, sres. Alvarez e eSedidió. E eSe, o da folga de comentarios é por algo?

    sihomesi

    4 Dec 09 at 9:56 p.m.

  9. Non hai lacón non hai comentario. e punto.

    eSedidió

    4 Dec 09 at 11:51 p.m.

  10. Pois co que dan a dia de hoxe polo catro duros dos minguantes aforros, non sei que lles diria eu do asunto da vigha. E sobre todo se lle facemos caso o análise europeo da banca española que é para porse a tremer, por iso ZP e o PP andan tras a privatización da único sistema financeiro públcio vixente, para que os listos de sempre os manden as rochas.

    En canto a manipulación, un que xa é “o vello” para os fillos, pois xa estou afeito a tantas e esperando ver bastantes mais. Pero de todo isto o que me fai mais gracia, e se agradece, é o da galleguidad. O sinto polos que isto parécelle importante pero é que coma o parvo que sou, sorrio a gosto co asunto sobre todo por quen o din e todos cheos de razón.
    Criaturiñas,,,,,

    alvarez

    5 Dec 09 at 6:21 p.m.

  11. Aí falou eSedidió! Si señor! Os grandes cacicotes políticos e financieiros do país a partillar as migallas de poder e de cartos, e nós sen un lacón que levar a boca.Xustiza e pan,galeguidade e lacón.

    E se eu fora o señor Álvarez, levaría gardacostas logo de escoitar as declaracións do PP (un tal Rodríguez Miranda) chamando traidores a Galicia por estar con Madrid a Caballero e a todos os que se opoñan á nosa Caixa Galega.Que me corrixa il commendatore,pero unha fala tan cuartelaria xa non a usan hoxe en día nin os mostrencos de HB…..E menos mal que din que non somos unha nación…

    E para rematar farei unha pequena concesión ó coruñesismo: O lacón é noso e non do Gayoso!

    Alfonso Pardo

    6 Dec 09 at 2:02 p.m.

  12. O lacón é seu? Joder que sorte…..

    eSedidió

    6 Dec 09 at 3:17 p.m.

  13. Primeiro corolario de SiHomeSi: Todo debate ou discusión remata na demanda do lacón.
    A ver se por Nadal, señores e señoras, e cada un pagando o seu.

    sihomesi

    9 Dec 09 at 11:16 a.m.

  14. Vale, pero conste que a min aínda se me debe un xamón dun concurso…..

    eSedidió

    9 Dec 09 at 1:31 p.m.

  15. Non vai ser doado atopar unha raxería de consenso con este novo conflicto Norte-Sur…

    Alfonso Pardo

    10 Dec 09 at 9:35 a.m.

  16. Sr. Pardo: a trampa, o meu modesto entender, é como os mamalons de turno queren presentalo para sacarlle proveito tanto político como económico, un novo conflito turco-portugues, ou sexa, unha tonteria sen importancia….

    Pero alguns pensamos que é un problema nacional, e non menor, incluso diría que dos mais importantes porque trata ese tabu galego como son os cartos. Xa sabe eso que ninguen ten e que todos piamos por eles..

    Pero como xa comentei, se para vostede é un conflicto norte-sul, non se preocupe que os da Unión sempre gañan os confederados das parroquias suleñas..

    Como o raxo non é destas terras, direille a Jayoso que paghe o lancón.

    Un saudo.

    alvarez

    10 Dec 09 at 1:16 p.m.

  17. Senor Álvarez:xa sabe que era un chiste e que eu non me deixo enredar polos localismos.

    O tema importante, pola contra, si que vai ser verdade,porque o noso párroco está xa maior e non hai quen o mova de Oleiros.

    Alfonso Pardo

    10 Dec 09 at 11:33 p.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site