O video da campaña ‘orgullosos do galego’
Este é o video da campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Sinxelo, directo, e axeitado aos novos argumentos (ironía incluída).
"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)
Este é o video da campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Sinxelo, directo, e axeitado aos novos argumentos (ironía incluída).
Escrito por sihomesi
22 de Febreiro, 2010 ás 9:54 a.m.
Gardado en Xeral
Tags: Belén Regueira, decreto do galego, Luis Tosar, María Castro, Martin Rivas, Reixa, Susana Seivane
RSS dos comentarios
The Journalist template by Lucian E. Marin — Built for WordPress
caralludo, sí señor. tiñan que facer unha versión extendida con todos os que se apunten, eu primeiro, pero seguramente quedaríalles a película máis longa da historia do cinema…
caralladas
22 Feb 10 at 2:42 p.m.
Martín Rivas dice ahora que se dio cuenta en una cafetería de que debía traducir su nombre. «En Madrid, en el Starbucks, el camarero te pregunta cómo te llamas al tomar nota del pedido. Allí siempre entendían Martino, Martico, Martillo… Así que decidí cambiar». Cuando a Martín se le pregunta qué opina de ello su padre, contesta que prefiere «no meter a la familia en estas cosas» y que cambiar de nombre, entre los actores, «no es una costumbre extravagante»
Pedro
22 Feb 10 at 4:49 p.m.
O anterior, dunha entrevista en El País, en xuño do 2007.
Pedro
22 Feb 10 at 4:51 p.m.
Se o galego depende dos homes de mármore todo coherencia, entrevistas por teléfono incluídas, xa o podemos ir enterrando. Concordará en que a influencia de que se posicione a favor do galego Martiño non é exactamente a mesma que se o fai Pilar García Negro. E por certo, Yolanda Castaño non se chama Iolanda.
sihomesi
22 Feb 10 at 4:56 p.m.
Pois entón a coherencia non lla pidamos a ninguén. O que non sei é como tomar iso das “entrevistas por teléfono”. Qué pasa, que o que se di por teléfono non vale o mesmo?
Por outro lado, o que non sei é si Yolanda tiña un nome galego e tomou a iniciativa de castelanizalo, que foi o que fixo o Martin. Non che é exactamente a mesma cousa.
Iso si, o dos “homes de mármore” quedoulle caralludo.
Pedro
22 Feb 10 at 5:11 p.m.
Martín é galego polo menos desde Martín Códax e o Frei Martin Sarmiento.
sihomesi
22 Feb 10 at 5:28 p.m.
O video da campaña ‘orgullosos do galego’…
Este é o video da campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Sinxelo, directo, e axeitado aos novos argumentos (ironía incluída).
Nota, Chuza! Non me permete enlazar directamente coa ligazón orixinal: http:/…
chuza.org
22 Feb 10 at 5:29 p.m.
Este mesmiño intercambio xa o tivemos vostede e mais eu hai tres anos:
http://sihomesi.com/2007/06/25/martino-e-o-casamento-trapalleiro/#comments
Mellor non nos repetimos, que habería que tirar de todos os Ronaldinhos de demais que non mudaron o nome para triunfar polas Españas. E seguro que non tiveron problemas no Starbuks. O que tería que facer Martin antes de pontificar é facer acto de contrición e propósito de enmenda. E a partires de ahí que fale.
Pedro
22 Feb 10 at 5:46 p.m.
Acto de contrición? Propósito de enmenda? É vostede do Opus Dei ou dalgunha organización de esquerda similar?
Daquela eu non podía estar de acordo co fillo de Rivas e tampouco estiven de acordo coa defensa dele que fixo sHs.Pero falar agora revela un puritanismo propio de integristas.
Neste país pequecho e de riqueza limitada paréceme moi triste a actitude: «Un momento que,ao galego,son eu quen o defende». Algúns estarán a defender o soldo,outros a desafogar complexos. O problema é que a xente con dúbidas preferirá sectas con xente menos repunante.E non estamos para perder votos.
Como dicía Camus:son de esquerdas,a pesares das esquerdas.
Alfonso Pardo
22 Feb 10 at 6:57 p.m.
Algúns de esquerdas tamén estamos un pouco fartos dos que á mínima disensión ( e aínda que poidan ter razón) comezan a chamar repunantes ós contrarios e identificar o integrismo coa esquerda á que din pertencer.
O integrismo é unha pechazón ideolóxica sen fixacións xeopolíticas; adoita afectaren tanto a xente de esquerdas coma de dereitas.
O mesmo feito de que haxa máis controversias públicas na esquerda que na dereita coido é sinal dun menor «integrismo».
O que dicia Camus tamén pode ter algo de integrismo e pedanteria individual no meu curto entender.
Un saúdo
P.S.: o de defender o soldo ou desafogar complexos non o comento, xa que non é repunante; é noxento. Ademáis de típico argumentario dos bífidos.
Antón do Corsario
23 Feb 10 at 8:52 a.m.
Bueno, a min que alguén que se chama Martiño se cambie a Martin pois, que queredes que vos diga, é un pouco o síndrome de Michael Jackson, ¿non?
Non me imaxino a un Jordi cambiando a un Jorge ou a unha Anne (coma Igartuburu) a Ana. Iso si, tampouco vou crucificar ao Rivas pequeno por iso. Pero, vamos, ben, o que se di ben, pois creo que non fixo con esa mudanza de nome.
E a Albert Camus deixémolo un pouco en paz, ho, que coas lambidas que a conta do aniversario lle están dando estes días debe de estar un pouco canso (onde queira que esté)
boudevara
23 Feb 10 at 12:22 p.m.
Coño, que xa me esquecía, parabéns polo video. Todo o que se faga a prol do galego, pareceme o que a De Gaulle Pontepedriña cando visitou Compostela nos sesenta: «c´est magnifique»
boudevara
23 Feb 10 at 12:37 p.m.
Non sabía o de De Gaulle. Para que logo digan que os blog non son información.
sihomesi
23 Feb 10 at 7:28 p.m.
Pois seica si. Polo menos a anécdota é máis que recurrente en certas tascas de tazas (das poucas que quedan xa) nos barrios do Castiñeiriño e Sar. Mesmo din que unha portada de El Correo Gallego daquela visita era unha foto do xeneral francés ollando para a zona da Pontepedriña (¿que habería daquela alí?) e cun titular a cinco columnas. De Gaulle: «C´est magnifique». Desde logo, se non é vero e ben trobatto.
Anda que non debían fachandear os de «Vuelva mañana»(coma se coñecía popularmente en Compostela aos das casas baratas de Pontepedriña) a conta disto !
boudevara
24 Feb 10 at 11:53 a.m.