si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo: Marzo, 2010

Almorzo xudicial con cruasán

sen comentarios

Veño de almorzar nun deses bares cheos de bancarios ou axentes comerciais que se tentan impresionar uns a outros con relatos de grandes transaccións, e de obreiros ou camioneiros que leen silenciosamente o café con copa e sorben o periódico que queda a man. Por riba de todo, e non só fisicamente, na tele está unha presentadora que identifico como unha loura con aspecto resolto e voz de garda civil (masculino) que frecuenta nos espazos publicitarios a profesionais que desenvolven o seu traballo á intemperie, para comprobar que toman un iogur que os protexe como se fose de goretex. A presentadora-dominatrix e os seus contertulios falan, ou máis ben cérnense, sobre un tema de moda: “En España con los delincuentes somos unos blandos”.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

31 de Marzo, 2010 ás 11:18 a.m.

Non destitúan a este conselleiro

3 comentarios

Eu son un afectado por un dos erros máis graves e ao tempo máis paveros na política educativa poñamos que recente, sen deixar de ser remota. Foi no antepenúltimo ou penúltimo goberno de Franco, que nomeou ministro de Educación a un tal Julio Rodríguez por equivocación. Non quero dicir que se equivocara ao nomealo, que tamén, senón que se equivocou de Julio Rodríguez, ou iso sempre se dixo sen que se desmentira. O ditador pensara nun Julio Rodríguez que era profesor en Murcia ou Canarias e por un erro de alguén e pola escasa orixinalidade do nome, a quen deron localizado e a quen finalmente designaron era a un Julio Rodríguez que era catedrático en Salamanca. Nada máis sentar no sillón, o ocorrente Rodríguez salmantino tivo a brillante idea de que os cursos escolares debían coincidir cos anos naturais, así que o meu primeiro ano de carreira foi tan breve como intenso: durou seis meses escasos, de xaneiro a xuño. Non sei se fun afectado para ben ou para mal, porque ao ano seguinte, sobrepasado por tanta intensidade, decidín facerme periodista, a ver se o curso me rendía máis e me deixaba máis tempo para ter contacto coa vida real. Por esta razón non debería cesar Jesús Vázquez como conselleiro de Educación.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

26 de Marzo, 2010 ás 11:45 a.m.

A Lei (do Solo) e a trampa

5 comentarios

Tarde, pero aquí está a columna de EL PAIS

Escrito por sihomesi

25 de Marzo, 2010 ás 9:54 p.m.

A orixe dos atascos

2 comentarios

Son o afortunado beneficiario do chamado bono social, esa tarifa reducida un chisco que teñen as compañías eléctricas. Tamén serei dos prexudicados pola inauguración de Ikea, en concreto polos atascos que medrarán exponencialmente en toda esa saída da cidade. Os dous casos simbolizan o desasistido que está o cidadán fronte ás prácticas empresariais, en boa parte pola actitude das autoridades que tiñan que velar por iso. (Eu diría que en grande parte non é un problema de desidia, senón de complicidade, pero non o vou dicir, porque quero que esta columna me salia máis ben costumbrista que de denuncia).

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

18 de Marzo, 2010 ás 11:58 a.m.

Vivamos como poidamos

8 comentarios

Parecería que o noso goberno, obsesionado co tema das caixas, non fai outra cousa (aínda que facer non sexa a expresión correcta, porque tampouco é que se vexan os resultados dese teórico esforzo), pero pola calada e pouco a pouco, estanos liberando a todos dunha chea de imposicións que non nos deixaban vivir. A última, precisamente, a das normas do hábitat que regulaban as características das vivendas, que o último consello da Xunta tivo a ben anular, ou máis exactamente, “suavizar” (palabra que evidencia que o trato que antes as leis lle daban ás vivendas era rudo e áspero).

Segundo as informacións máis precisas no seu día, “das disposicións desaparecen todas as referencias á orientación dos edificios, as horas de sol e os voladizos, porque o Goberno do PP entende que son aspectos que non afectan á habitabilidade e que si deben figurar nos planeamentos municipais. Da mesma forma elimínanse todas as especificacións sobre a reutilización de augas grises e o gas radón por considerar que deben ser reguladas polas normas sanitarias e ambientais, e sobre as condicións de eficiencia enerxética, xa que estas se establecen no código técnico de edificación”. O de que as horas de sol dunha vivenda non afecta á súa habitabilidade soamente o pode subscribir alguén que viva nunha casa perfectamente illada e que se poda permitir unha calefacción ben potente. O de que son aspectos que deben de figurar noutras normativas é o mesmo que defender que non debería haber normas de seguridade laboral, por entender que se a un traballador dunha obra lle cae algo na cabeza descuberta e lla abre, é unha cuestión de sanidade. Pero mellor non seguir por aí, para non dar ideas. A nova normativa elimina tamén a esixencia dunha porcentaxe de cuartos exteriores, e establece que chega con que dea afora a estancia máis grande (algo coherente co que as horas de sol non importan), e permite que os corredores podan ter soamente 90 centímetros de ancho nalgúns sitios (tampouco importa, quitado que teñas que andar nunha cadeira de rodas). Para que non todo sexa beneficio para os que ganan sempre, impón iso si, que haxa trasteiros ou rochos, impedindo habilmente que fagan vivendas nos baixocubertas, moi apropiadas para espíritos románticos ou corpos pequenos.

A norma deconstrutiva, felicitouse o presidente da Xunta, fíxose co consenso de todos os sectores: concellos, colexios de arquitectos e aparelladores e promotores. Aínda que non se felicitase el, xa o felicitaron promotores e concellos. Eu entendo que os construtores estean contentos, porque nunha urbanización coruñesa os edificios erguéronse a trasmán do sol para que entraran máis pisos, e agora –logo de mercalas- os veciños comprobaron que soamente teñen horas de sol do sexto cara arriba (menos mal que xa sabemos que son innecesarias). Pero non entendo o dos concellos. A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), tiña presentado un recurso as normas anteriores, non porque estiveran a favor dos construtores e en contra dos veciños, negan, senón porque invadían as competencias municipais, afirman. Claro que as competencias municipais non impediron que en todas partes haxa vivendas cunha habitabilidade discutible e que a xente viva nelas, e o concello que goberna o presidente da Fegamp, Ames, é un exemplo das consecuencias dese rigor urbanístico municipal. Agora terán unha máis ampla marxe de manobra para seguir velando polo tal rigor, porque a nova normativa concede aos gobernos municipais a facultade de incumprila cando o consideren necesario, pero eu insisto en que, visto o resultado da xestión urbanística dos concellos, é como se ao goberno de Haití lle reforzan a xestión da asistencia social.

(6 de marzo en LA OPINIÓN)

Escrito por sihomesi

15 de Marzo, 2010 ás 3:06 p.m.

Gardado en Si home si

O Papa ou Fernando Alonso

13 comentarios

Contra o papanatismo (ou papalatría) político, máis que relixioso.

Escrito por sihomesi

11 de Marzo, 2010 ás 10:41 a.m.

Todos os camiños levan ao Vaticano

4 comentarios

Romeiros

O máis chamativo non é a lexítima ansia de facerse unha foto cun líder máis ou menos mundial, sucesor de San Pedro nada menos (e iso fai que, igual que no caso das criticadas fillas de Zapatero con Obama, co Papa se retraten ata o escoltas, nun desleixo profesional inadmisible). O rechamante é o dress code, sobre todo o das mulleres (do dos relixiosos non falo). Entendo que Belén Esteban non sexa unha referencia protocolaria pero, é necesario que vaian de beatas redondas?

Escrito por sihomesi

4 de Marzo, 2010 ás 9:14 a.m.

Gardado en Xeral

Switch to our mobile site