si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Eu escuso

5 comentarios

Eu, como os de Valença, en ocasións tamén quero ser español.

Escrito por sihomesi

8 de Abril, 2010 ás 12:27 p.m.

5 Comentarios to 'Eu escuso'

RSS dos comentarios

  1. soberbio! (no sentido pexorativo non, eh!, no outro; he he).
    saúde.

    xose ramon

    8 Abr 10 at 6:49 p.m.

  2. Ás veces conviña que non se fose tan bó periodista, pois pode levar a súa lectura a «querer pegarse un tiro». Pero graciñas por seguir na trincheira… Ata nas pulgas dos cans haiche categorías!

    Xaquín

    8 Abr 10 at 11:03 p.m.

  3. Pois non creo que os candidatos á seren escusados o merezan. Nin pouco nin moito.

    Eu prefiro, sen melancolías nin envexas irónicas, a indignación e a denuncia ante a ignominia. Moito máis tendo no cártel e nun papel non pouco principal a un tal Pablo Crespo Sabarís, Que máis que fio na trama esa do gürtel, é unha maroma pra turrar a eito dela.

    Pena do finado Pepe Cuiña que, de non estar morto, tería que desfacerse dalgunha destas cargas de mortos financieiros. De seguro que entón non teríamos que envexarlle o protagonismo a valenciáns ou madrileños.

    dumping jack

    10 Abr 10 at 12:40 a.m.

  4. Vostede, como membro ilustre da redacción do diario colonial-madrileño, podería explicarme que demo significa a seguinte afirmación publicada hoxe polo diario El País: “EL PAIS es el rotativo de información general líder en Andalucía, Madrid, Comunidad Valenciana y Galicia”. Creo, se os datos do EGM, que controla Prisa, non fallan, que El Faro de Vigo ten o dobre de lectores na Galiza que o País de Madrid, e a Voz ten en Galiza como seis veces os lectores do diario madrileño/madridista-colonialista. Todas as noticias do País teñen a mesma credibilidade ca ista? Será que fan as noticias con moita Prisa? Pensan de verdade que os galegos somos todos tontos/pailáns e que teñen que vir os da metrópoli a civilizarnos? Obrigado.

    Twain

    16 Abr 10 at 10:33 p.m.

  5. Ten razón no das cifras. Supoño que cofunden prensa en xeral co que adoitan chamar «prensa nacional» (a que se edita en Madrid e se difunde por todo o Estado). Eu sei tanto da política editorial de EL PAIS, e tan responsable son dela, como o director da sucursal de Vimianzo do BBVA das directrices económicas do banco. E teño moita máis liberdade para non seguila que o director da sucursal, e penso que tamén algunha máis que os traballadores que coñezo da prensa anticolonialista galega que vostede cita. Mesmo me permiten criticar públicamente os operacións de cambio no accionariado. E algo de civilización en segundo que casos nunca vén mal. De nada.

    sihomesi

    17 Abr 10 at 10:34 a.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site