si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo: Agosto, 2010

Xa o sabía eu

13 comentarios

Vaia por diante que lle estou moi agradecido á xente que tivo en consideración o meu texto «Dejen de marear el gallego» (título orixinal da columna, como comentei en facebook), que como me temía, provocou unha reacción que cabería cualificar como de choque anafiláctico, cando eu pretendía máis ou menos o contrario. Non que non se lera, claro. O cerne da cousa era sustentar que, nun momento en que hai sectores sociais galegos (para matalos, pero galegos) que están pasando dunha actitude morna ou de indiferenza sobre o idioma, a unha belixerante en contra, elevar a polémica pública o debate filolóxico é contraproducente para o idioma. Que poñer o foco de atención na corrección ou incorrección do galego que se fala (que como lle pasa a todos os idiomas, non é o standard culto, ou iso me explicaron hai tempo coa distinción entre “lingua” e “fala”, ou máis exactamente entre “lengua” y “habla”) desanima a moitos galegofalantes (neo ou paleo), por moito que acelere o pulso dos galegofalantes militantes (non menos reais, pero moito máis escasos) e dálle argumentos ao inimigo (vexan o famoso Papel que a FAES, lle dedicou ao asunto, se é posible sen proporcionarlle demasiadas entradas). No fondo era, co estilo demagóxico que me caracteriza (segundo algúns que agora parecen advertilo, e non antes) un alegato contra o “secuestro” (é un dicir, xa saben) do idioma polos filólogos. Se eles se queixan da perda de calidade do idioma falado, recomendaríalles que revisasen a trabe que posiblemente estea obstaculizando a súa visión á hora de comunicar.

Non era, pois, unha reivindicación dunha opción lingüística concreta, por moito que a teña, senón un chamamento a que hai que pensar en sumar, e non en etiquetar. Pensei que o delicado da situación do galego (como ven, son dos apocalípticos, aínda que me encanta escoitar os argumentos dos integrados, dos que din non vai tan mal a cousa) amortecería o resorte que dispara nestes casos a Lei de Berto. Saíume como o nabo, obviamente. Paseino moi ben lendo a maioría dos comentarios (e, se me permiten o chiste, citarei ao meu admirado Bierce, que definía a discusión como o método de confirmar aos demais nos seus erros). Houbo quen se confesou decepcionado, e sentíndoo de verdade, teño que dicir que a culpa é máis súa que miña, porque en realidade eu xa antes non estaba á altura na que me tiña. E houbo quen me acusou –en realidade varios, coincidindo en cualificativos e en argumentacións- de basearme en “preconceitos”. Seríam, en todo caso, “posconceitos”, porque a miña relación co idioma, afectos persoais aparte, é profesional, cunha ferramenta moi querida durante décadas, que en ocasións tiven que relear para poder utilizar, e que necesito ter sempre afiada desde hai tempo. Ben para obter a confianza dalgunha xente en circunstancias non propicias, ben para contarlle a moito máis persoal o que considero que lle teño que contar e como llo teño que contar. A miña relación co idioma, e a miña opción persoal non é, pois, o resultado dun enriquecedor debate no seo do correspondente departamento de filoloxía, nin tampouco un símbolo de orgullo patriótico que enarborar entre compañeiros de militancia na lingua.

Díxeno e reitéroo, a risco de meterme en sarillos, porque non dependo da aceptación do público (non penso emprender unha carreira política, ou literaria, nin liderar nada), e xa son maior para aprender as virtudes de calar o que realmente penso, e penso que debo dicir. Pero esta é a miña última intervención sobre o tema, porque, sinceramente, o mellor de debate foron os off topics, e porque, como dicía Churchill, unha boa conversación debe esgotar o tema, non aos interlocutores.

Escrito por sihomesi

31 de Agosto, 2010 ás 10:29 p.m.

Gardado en Non sei eu...

Deixen en paz ao galego

114 comentarios

(Aínda que o resultado vai ser o contrario, temo)

Escrito por sihomesi

24 de Agosto, 2010 ás 10:44 a.m.

Gardado en El País

O lume queima algo máis que o monte

7 comentarios

Os desastres retratan sempre dous aspectos, tanto da cidadanía como das administracións: os sistemas de prevención ou de resposta, e a actitude. No caso do Prestige, a cidadanía pasou o exame con nota máis que alta, e as administracións suspenderon clamorosamente. No que respecta á capacidade de prever o desastre ou de remedialo, os gobernos galego e central foron unha calamidade, como lle pasou aos anteriores que se viron neses fregados. Pero no que acadaron as máis altas cotas da miseria foi na actitude: primeiro na de pretender agachar a traxedia, e logo na de embestir contra os que a denunciaban. No dos incendios forestais, a cidadanía non saca tan boa nota, e a administración –a Xunta, a quen lle corresponde o problema- non só suspende en eficacia, como é tradicional, senón que volve ás andadas na actitude: a de pretender ocultar a realidade.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

21 de Agosto, 2010 ás 6:43 p.m.

Michelle Obama e a caspa

sen comentarios

Por moitas jeremiadas que proclamen determinados predicadores, ou Rajoy cando se pon estupendo, o drama real de España, e non outro, é que a pouco que rasques, sae a caspa. A cousa vén de vello e reactualízase permanentemente, e se non, pensen no circo Michelle Obama. Durante a segunda metade do século XX, mentres no mundo civilizado, particularmente en Europa, se formaba a primeira sociedade na que as vantaxes da modernidade, incluída a cultura, se poñían ao alcance da maioría, España era un cuartel no que, como moito, unha parte da poboación tiña pase pernocta. Por aí fóra xurdían os Beatles, o pop, o rock, o Mini e o chamado amor libre (as relacións sexuais entre adultos sen máis requilorios que o mutuo acordo). Aquí había que agardar meses por un 600, Mi jaca e Soy minero campaban en todas as radios durante anos e o único reto de apareamento permitido eran os paseos pola na rúa, na que as mulleres ían por un lado e os homes por outro. Os turistas que, aos poucos, foron vindo, máis que unha viaxe física acometían unha viaxe no tempo.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

15 de Agosto, 2010 ás 6:20 p.m.

Prexuizos culturais

sen comentarios

Desta vez penso que non me meto con ninguén

Escrito por sihomesi

13 de Agosto, 2010 ás 7:18 p.m.

Gardado en El País

Tags:

1, 2, 3… reforme outra vez

un comentario

Non son precisamente un experto no mercado laboral, fóra da miña experiencia persoal e de varias alleas, e dalgunhas lecturas pilladas de aquí e de acolá. Pero xa o imaxinan e se soamente lles escribise do que son máis ou menos experto, seguramente os aburriría. Así que permítanme que comparta con vostedes as miñas dúbidas sobre a reforma laboral na que estamos inmersos, e tamén unha intuición: a tal reforma parécese moito ao mítico concurso de Televisión Española e da televisión española, que reinou nas pantallas de 1972 a 2004: Un, dos, tres… responda otra vez.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

7 de Agosto, 2010 ás 9:11 a.m.

Feijoo entra al trapo

8 comentarios

Eu quería cambiar de obxectivo, pero non hai maneira. Agora cos touros. O colmo do ridículo.

Escrito por sihomesi

5 de Agosto, 2010 ás 10:54 a.m.

Gardado en El País

Parecidos razoables: Josemi-Linda Hunt

sen comentarios

Escrito por sihomesi

4 de Agosto, 2010 ás 11:41 p.m.

Gardado en Xeral

Switch to our mobile site